"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Colombia (22.905 Km2; 779.231 h [1997]). A capital é Valledupar (296.624 h [1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que se espallou fundamentalmente durante a época renacentista co gallo de recuperar a memoria de Caio Xulio César, conquistador de Brigantium (61-60 a C). Plinio o Vello relaciona este cognome coa lenda que dicía que César fora cortado do ventre da nai. Segundo outra hipótese, este nome viría dun alcume físico de familia, de xeito que caesarie faría referencia ao cabelo; tamén hai quen opinan que, en realidade, se trata dun nome de orixe etrusca, como a maioría da antroponimia romana. Trala extinción da casa Xulia, o Emperador Claudio converteuno nun título distintivo da casa reinante e de aí pasou á lingua común como sinónimo de ‘emperador’; de feito, é a orixe do Kaiser alemán e do tsar ruso. Na iconografía viste, normalmente, roupas militares romanas aínda que ás veces leva unha vestidura civil coa túnica dos patricios. A súa festividade celébrase o 3 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio cinematográfico que concede anualmente a Academia das Artes e Técnicas do Cine de Francia desde 1976 e que premia o mellor traballo dentro de cada unha das categorías nas que se dividen os galardóns, como poden ser o premio á mellor dirección, ao mellor actor principal, á mellor actriz principal, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Estudiou na academia de arte da súa localidade natal e en 1943 conseguiu unha bolsa da École des Beaux-Arts de París. Empezou a traballar co metal e, a partir de 1954, utilizou materiais de refugallo e instrumental industrial para a construción mesturada de masas integradas no espacio, como insectos e homes alados de formas agresivas, cheas de vitalidade e cunha gran forza plástica: L’ homme de Saint-Denis (O home de Saint-Denis, 1958) e Relleu (1961). Despois continuou coa liña do novo realismo que cultivara na súa primeira época. En 1975 deseñou a estatua dos César, premios da cinematografía francesa. En 1976 foi nomeado cabaleiro de honor da Lexión Francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e dirixente deportivo. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Encabezou a candidatura do Partido Popular á corporación municipal da Coruña nas eleccións de 1987, 1991 e 1995, polo que foi concelleiro dende 1987 ata 1999. Foi vicepresidente e responsable da área de Cultura e Deportes da Deputación da Coruña (1987-1989), senador (1989-1993), deputado no Congreso (1993-1996) e presidente da Deputación da Coruña (1995-1999). A súa andaina como dirixente deportivo comezou aos quince anos ao fundar o C. F. Ural. Presidiu a Federación Coruñesa de Balonmán e dirixiu o Colexio Liceo-La Paz. Foi tamén presidente do H. C. Liceo, club que acadaría todos os títulos de hóckey a patíns dende 1982 ata os anos noventa: 3 Copas de Europa, 2 Recopas, 2 Copas da CERS e 4 Supercopas de Europa, ademais de 6 Ligas españolas e 8 Copas do Rei. En 1988 accedeu á presidencia do Real Club Deportivo de La Coruña. En 1990 foi designado Secretario Xeral de Deportes da Xunta de Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, escritor e militar. Desterrado por Sila en Asia o 81 a C, estudiou en Rodas e volveu a Roma no ano 73 a C, cando foi nomeado pontífice. Loitou con Pompeio polos dereitos dos tribunos da plebe e, desde o cargo de cuestor (70 a C), comezou as manobras para adquirir o poder. Á morte da súa primeira esposa Cornelia (68 a C) casou con Pompeia, neta de Sila. Nomeado pretor da Hispania Ulterior (62 a C) emprendeu unha expedición contra os lusitanos no 61-60 a C á procura de vitorias e chegou a Galicia, onde conquistou Brigantium e acadou un importante botín. Interveu na conxuración de Catilina e, cando regresou da Hispania (60 a C), formou con Pompeio e Craso o Primeiro Triunvirato. Desde o consulado (59 a C) aprobou leis favorables á plebe e ás provincias, e conseguiu o proconsulado das Galias e da Iliria por un período de cinco anos. A conquista das Galias comezou no 58 a C, e a súa fama en Roma aumentou polas riquezas das súas conquistas e coa publicación dos informes das súas campañas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. Ten planta de cruz latina cunha soa nave, reconstruída en estilo barroco no ano 1725 polo mestre de obras Antonio López. Conserva a ábsida semicircular precedida dun tramo recto con trazas e ornamentación románicas que se corresponden co templo anterior. O arco triunfal é de medio punto e descansa sobre columnas entregadas con capiteis, un deles con decoración vexetal, o outro presenta a dous cuadrúpedes afrontados e agarrados polas extremidades dianteiras. Reforzando a bóveda do interior atópase un arco faixón de igual directiz que o triunfal, con capiteis vexetais moi deteriorados. No testeiro da ábsida destaca unha tripla arquería con arcos de medio punto apoiados sobre xambas que enmarcan estreitas fiestras abucinadas. No exterior o hemiciclo divídese en cinco panos pola adición de contrafortes que coinciden co faixón do interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Caesaraugusta (actual Zaragoza) ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Caesaraugusta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extracción do feto por unha abertura cirúrxica practicada no útero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Asia menor que se corresponde coa actual Kayseri. Núcleo da cultura capadocia, desenvolvida no II milenio a C, converteuse en capital da Capadocia romana. O Emperador Tiberio concedeulle o nome de Cesarea en honor de Augusto. Saqueada polo Emperador sasánida Sānpūr I no s III d C, durante a centuria seguinte foi un dos principais centros cristiáns. Os turcos selxúcidas conquistárona no 1070.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Palestina que corresponde coa actual vila de Bāniyās, situada preto da fronteira entre o Líbano e Israel. Fundada por Herodes o Grande co nome de Paneas, Filipo o Tetrarca, fillo de Herodes, mellorou e enriqueceu as construcións a comezos do s I e cambioulle o nome en honor de César Augusto. Durante as cruzadas, os ismaelís, aproveitando a súa estratéxica situación, construíron un castelo que dominaba o paso entre o deserto de Siria e as fértiles chairas do río Xordán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Xudea, situada na costa, a 30 km ao S de Haifa. Construída por Herodes o Grande, serviu de lugar de residencia dos procuradores romanos e chegou a ser o porto máis importante do reino. Coa destrución de Xerusalén no 70 d C na guerra xudía, adquiriu maior importancia ao converterse en sede metropolitana de Palestina, no s II d C. Formou parte do mundo bizantino ata que foi conquistada polos árabes no ano 633 a C, para decaer baixo o seu poder. No 1265 foi conquistada e destruída polo sultán mameluco Baybars.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor croata. Membro do Partido Comunista, loitou na Guerra Civil española. Fundou a revista Zaštita Čovjeka (1928). Da súa extensa obra literaria, política e social, cómpre destacar Stihovi (Poemas, 1919) e a novela Slatan Mladič (O mozo de ouro, 1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do latín Caesareus ‘relativo ao César’. Do composto Caesaraugusta procede o actual nome de Zaragoza. San Cesáreo de Arles (470-542) celébrase o 7 de agosto ou o 25 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao César ou aos césares romanos.

    2. Pertencente ao Imperio ou á maxestade imperial.

    3. Aplícase ao tratamento dado a Carlos I de España desde que foi elixido emperador no 1519 (Carlos V), habitualmente baixo a forma de cesárea maxestade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Arles (502-542). Monxe do mosteiro bieito de Lérins, foi en 503 abade dunha comunidade no illote do Ródano, preto de Arles. O Papa Símaco concedeulle a primacía na Galia e en Hispania co título de vicario apostólico. Convocou diversos sínodos, entre eles o de Arles (524) e o Concilio II de Orange (529). Posteriormente, foi arcebispo de Arles e distinguiuse polos seus sermóns contra o paganismo, polas súas medidas a prol da corrección do clero, pola súa loita na defensa dos cativos, polo seu esforzo en guiar os fieis na disciplina eclesiástica e por introducir na Igrexa a práctica do canto de himnos, salmos e antífonas polos segrares. Fundou varios mosterios de homes e un de monxas. Na iconografía leva un báculo pastoral (símbolo de bispo) e, como atributos, unha espada cravada nun libro que sostén na súa man dereita; ás veces, aparece sobre o libro un guante inflado de aire (referencia ao episodio no que o santo tentara encerrar un vento marítimo nun guante e despois ceibalo no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como il Cavalière d’Arpino, é o representante do manierismo romano tardío. Foi discípulo de Roncalli. En 1581 chegou a Roma onde deseñou, entre 1603 e 1612, os mosaicos da cúpula de San Pedro do Vaticano e realizou os frescos de San Xoán de Letrán, do palacio dos Conservadores e da Villa Aldobrandini.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Xulio César.

      2. Que ou quen é partidario deste emperador.

    1. Relativo ou pertencente ao césar.

    VER O DETALLE DO TERMO