"Sem" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

  • Estado de Malaisia situado sobre o estreito de Malacca (6.644 km2; 859.924 h [2000]). A súa capital é Seremban. Produce arroz e caucho, e ten fundicións de estaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ofensiva da Segunda Guerra Mundial (1939-1945), iniciada polos aliados o 6 de xuño de 1944, que lles permitiu ocupar unha parte da costa normanda e preparar o avance que desfixo a fronte occidental alemá. Dirixida polo xeneral estadounidense Dwight D. Eisenhower, no asalto participaron 156.000 homes, entre estadounidenses, ingleses e canadenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos, do filo dos microsporidios, que son parasitos de diversos insectos. O protozoo que ataca ao verme da seda (N. bombycis) produce a pebrina dos vermes da seda, e o das abellas (N. apis) parasita as abellas adultas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade parasitaria das abellas, especialmente das adultas, provocada polo protozoo unicelular Nosema apis, que inicia o seu desenvolvemento no estómago pola acción dos zumes gástricos e continúa no interior das células epiteliais do intestino mediano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución relixiosa situada en Ourense. Desde a súa fundación en 1804 polo bispo Pedro Quevedo Quintana e baixo a advocación de San Fernando, a súa sede estableceuse no antigo colexio da Mercé, entre o colexio da Compañía de Xesús e a igrexa de Santa Eufemia do Centro. Ao concibirse cunha finalidade pedagóxica, implantáronse nel as cátedras de Filosofía, Lugares Teolóxicos, Teoloxía Escolástica, Concilios, Sagrada Escritura e Teoloxía Moral, que conseguiron a súa incorporación á Universidade de Santiago de Compostela baixo o bispado de Dámaso Iglesias Lago (1818-1840). Durante os bispados de Blanco Nájera (1946-1952) e Temiño Sáiz (1952-1987) construíronse nas aforas da cidade dous novos edificios aos que se trasladou definitivamente a institución: o Seminario Maior Divino Maestro e o Seminario Menor A Inmaculada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor bielorruso. Das súas obras destacan o volume de poemas Navarce (De garda, 1940), de carácter patriótico, e as novelas Sustrenemsja na barykadakh (Atopáronnos nas barricadas, 1954) e Seradzibor (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. A súa obra, satírica, centrouse na observación das clases acomodadas da súa época. Escribiu sobre todo novelas, como Tys’ača duš (Mil almas, 1858), en que amosa de forma sombría os costumes rusos nunha época previa á abolición da servidume; e Meščane (Os pequenoburgueses, 1877), aínda que tamén destacou no xénero dramático coa súa obra Gorkaja sud’ba (Un destino amargo, 1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dun signo lingüístico de ter máis dun significado, por exemplo, ollo, coroa, banco, cabeza. Por unha banda, oponse a monosemia; pola outra, a homonimia. A distinción xorde no transcurso histórico das palabras: unha palabra polisémica foi adquirindo varios significados máis ou menos analoxicamente; dúas palabras homónimas proveñen de etimoloxías distintas, pero chegaron a coincidir formalmente por evolución fonética (ameixa ‘molusco’/ ameixa ‘froita’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á polisemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Realizou investigacións en topoloxía, teoría de grupos conmutativos e descubriu unha lei xeral de dualidade. Publicou numerosas obras sobre topoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concentración de potasio no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de 1978. Subtitulada “Información de Hostelería y espectáculos de La Coruña”, estivo dirixida por J. A. Gaciño Barral. Foi unha guía comercial e publicitaria da Coruña con crónicas de política local. Suspendida durante case un ano, reapareceu en xullo de 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político africano fundado en 1946 por Félix Houphouët-Boingy, Daniel Quezzin Coulibaly e Sekou Touré. O seu obxectivo era conseguir a independencia dos territorios baixo a administración francesa do norte do golfo de Guinea. Ao acceder os estados africanos á independencia dividiuse en diversos partidos independentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político fundado en 1947 por Charles de Gaulle. Triunfou nas eleccións municipais de outubro daquel mesmo ano e nas lexislativas de 1951 obtivo 121 deputados. Ao ano seguinte, a actitude de De Gaulle provocou a primeira escisión de 32 deputados que formaron a Action Républicaine et Sociale. En 1953 De Gaulle deu liberdade aos restantes que se agruparon na Union des Républicains d’Action Sociale (URAS) e os Républicains Sociaux (RS), que en 1958, co acceso de De Gaulle ao poder, crearon a Union pour la Nouvelle République (UNR). En 1976 cambiaron o nome por Rassemblement pour la République (RPR).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político francés xurdido en 1976 do Rassemblement du People Français (RPF). De ideoloxia neogaullista, foi fundado por Jacques Chirac. Nas eleccións xerais de 1986, grazas á alianza preelectoral coa Union pour la Démocratie Francaise, conseguiu a maioría relativa na Assemblée Nationale, e J. Chirac foi designado primeiro ministro. En 1988, en cambio, situouse por baixo dos resultados da outra formación de dereita, a UDF. As presidenciais de 1995 comportaron a elección de J. Chirac como presidente da república, reelixido en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Martiño Pinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ucraíno. Considerado o fundador do renacemento literario da Galitsia ucraína, ao empregar por primeira vez a súa lingua popular. Traduciu ao ucraíno o Novo Testamento e bastantes salmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe bíblica. Primoxénito de Noé, epónimo dun dos tres grupos étnicos, o semítico, en que se divide a estirpe humana segundo a Biblia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Santos de Carrión, a súa obra influíu no xudaísmo hispánico e na literatura de proverbios e de sentenzas morais medievais castelá. Escribiu Consejos y Documentos, dedicados ao Rei Pedro I de Castela, dos que se conservan as versións hebrea e hebraica-castelá, coñecidas tamén como Proverbios morales; poesías relixiosas en hebreo; e Milamot ha-’et wę-hamisparayim (Disputa do cálamo e das tesoiras, 1345).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos trazos significativos mínimos que integran o significado dun lexema. Son trazos distintivos porque permiten diferenciar o significado de dous lexemas. Adoitan dividirse en específicos (permiten diferenciar dous lexemas veciños dentro do mesmo campo) e xenéricos (adscriben o lexema a unha clase máis xeral).

    VER O DETALLE DO TERMO