"Sil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 565.

  • GALICIA

    Pintor. Comezou a súa formación artística en Ourense e Valladolid, onde traballou para o director da Academia de Bellas Artes. Asistiu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e ampliou estudios en París e Roma, grazas a unha bolsa da Deputación de Ourense. Colaborou co movemento agrarista Acción Gallega. Das súas obras destacan Un mozo de cuerda (1875), Torquemada ante los Reyes Católicos (1881), Cristianos a las fieras (1887, premiada na Exposición Nacional de 1887), O xantar, Un fraile rezando, A debulla e os retratos de Pradilla e Mariano Benlliure.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou en Cuba (1895-1898) e en Marrocos, onde en 1920, ascendido a xeneral e a axudante de campo do Rei Afonso XIII, intentou unha penetración cara ao interior, coñecida como a Desfeita de Annual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo escolástico italiano. Comentarista de Aristóteles, foi coñecido por ser o restaurador da tradición tomista coa súa obra Comentario á Summa contra xentiles de Tomé de Aquino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de ferro e silicio, cun 22 a 95% de Si, que se emprega na desoxidación e na fabricación de aceiros especiais para usos eléctricos, para a construción e na fabricación de resortes. Obtense en forno eléctrico por redución de ferralla en presenza de cuarzo e coque ou carbón vexetal. Para porcentaxes de silicio inferiores ao 15%, pódese obter en alto forno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación galega editada por Feministas Independentes Galegas (FIGA) dende 1983 para cumprir diversos obxectivos: dar visibilidade ás mulleres galegas, ao seu traballo e contribución social, ás facetas artísticas e creadoras, silenciadas nos medios de comunicación e na maioría das publicacións culturais do país; facer unha revista de cultura desde a perspectiva das galegas, pensada, dirixida e elaborada exclusivamente por mulleres; e difundir o pensamento feminista aplicado a múltiples aspectos do coñecemento e da cultura, así como á crítica feminista. Promoveu o movemento poético feminino que se consolidou nos anos 90, fomentou a conciencia da importancia das palabras das mulleres e das achegas inéditas e vangardistas coas que enriquecen o panorama literario, e contribuíu á modificación do canon poético no conxunto da literatura galega. Ademais de beneficiar a creación, tamén alentou a crítica, tanto no referente á análise de obras literararias, plásticas ou cinematográficas, canto ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e filósofo italiano. Fundou e dirixiu en Florencia (1462) unha academia dedicada á restauración do pensamento platónico, ao que considerou compatible coas doutrinas cristiás. Desenvolveu unha teoría do amor platónico na que o amor é unha atracción que, desde un plano físico, ascende cara a un plano espiritual, que no seu fin leva o amante ata Deus. Traduciu do latín, entre outros, todos os Diálogos de Platón e as Eneades de Plotino. Das súas obras destacan o Symposium (1469) e a Theologia platonica (1473).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato caracterizado polo feito de ter unha estrutura laminar. Na forma máis sinxela forma unha rede plana hexagonal de SiO4-4. Estas capas poden establecer entre elas, ou con outros grupos como as micas, enlaces por medio de catións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao elemento que ten un núcleo atómico que experimenta a fisión ao recibir o impacto dun neutrón. Son exemplos de elementos físiles o 235U, o 233Th e o 239Pu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que só se coñece en disolución, onde se comporta como un electrólito forte. Cos metais forma fluorosilicatos. Emprégase como axente estabilizador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao organismo completo ou incompleto que existiu noutros tempos e que conservou a súa forma primitiva convertido en pedra nos elementos da codia terrestre. Tamén se consideran fósiles as pegadas dos organismos ou impresións climatolóxicas. Para que un organismo poida fosilizar as mellores condicións son que posúa partes duras, como cunchas ou esqueletos, e que quede enterrado. A petrificación é a forma máis normal de fosilización. A petrificación consiste na substitución total ou parcial do organismo por unha materia mineral, como calcita, sílice ou pirita. A fosilización tamén a poden producir as augas subterráneas cando destrúen as partes duras do organismo e deixan sedimentos nun molde oco que reproduce a forma externa do organismo. As correntes subterráneas poden encher ese molde de minerais, o que fai que a súa configuración externa non sexa a mesma ca a orixinal. A carbonización é a forma máis simple de fosilización dos vexetais. Non é tan común a fosilización pola incrustación...

    2. Que ou quen é anticuado.

    3. Elemento arqueolóxico que serve de pauta ou guía para identificar e datar unha etapa histórica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao terreo que contén fósiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de fosilizar ou fosilizarse.

    2. Incorporación dunha palabra nunha locución coa perda correspondente da súa significación primitiva.

    3. Recubrimento dun relevo polos sedimentos. A fosilización realízase en diferentes etapas: á formación do relevo séguelle outra de recheo do relevo primitivo, logo unha etapa de epiroxénese ou levantamento e, por último, iníciase o proceso de desenterramento da cuberta sedimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter en fósil unha materia orgánica.

    2. Quedar algo sen cambiar ou evolucionar.

    3. Converterse unha materia orgánica en fósil.

    4. Quedarse algo ou alguén no mesmo estado, sen cambiar nin evolucionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arma longa de fogo, portátil, que consiste nun canón metálico montado sobre unha culata e provisto de mecanismos de fogo e de puntería. Característica orixinalmente dos soldados de infantería, xeneralizouse en todos os corpos armados. Diferénciase da escopeta porque dispara unha bala en cada disparo en lugar dun chorro de perdigóns. Xurdiu cara a finais do s XVI, pero non se popularizou ata finais do s XVII. En 1807 o escocés Forsyth desenvolveu a chave de percusión, na que o martelo do mecanismo golpea un gran de fulminato de mercurio colocado na cazoleta e inflama a carga. En 1815 o inglés Egg perfeccionou o sistema colocando un fulminante ou pistón sobre unha cheminea e en 1826 o francés Delvigne conseguiu un sistema óptimo para estriar a ánima do canón en forma espiral. Os traballos do suízo Pauly (1808) e do prusiano Dreuse (1841) levaron ao fusil de retrocarga; outros modelos foron tamén fabricados polos estadounidenses Remington e Sharps. O cartucho co fulminante interno inventouno...

    2. Fusil empregado para a pesca deportiva subacuática, que consta dun canón longo e un dispositivo para disparar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de fusilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Matar a alguén cun fusil ou cunha arma semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao fusil.

      1. Soldado de infantería armado con fusil.

      2. fusileiro de montaña

        Soldado de tropa lixeira armado con fusil. Apareceu en Francia en 1689 e Filipe V formou un rexemento con estas tropas en España en 1735.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo de fusileiros.

    2. Conxunto de tiros que se disparan dunha soa vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fusilineados.

    2. Protozoo fósil da familia dos fusilineados.

    3. Familia de protozoos fósiles da orde dos foraminíferos que acadan uns poucos milímetros (algúns exemplares chegan aos 4 cm) e teñen unha cuncha calcaria e multilocular con forma de fuso ou de disco e moi complexa no seu interior. Comprende uns 80 xéneros e unhas 1.000 especies, que viviron durante o Carbonífero e o Pérnico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi un dos fundadores da revista Arte e estivo vinculado ao movemento simbolista. Publicou Chave verbal (1916), Da poesia na educação dos gregos (1917), O santo (1927) e Sulamite (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO