fosilización

fosilización

(< fosilizar)

  1. s f

    Acción de fosilizar ou fosilizarse.

  2. s f [LING]

    Incorporación dunha palabra nunha locución coa perda correspondente da súa significación primitiva.

    Sinónimos: fixación.
  3. fosilización do relevo [XEOG]

    Recubrimento dun relevo polos sedimentos. A fosilización realízase en diferentes etapas: á formación do relevo séguelle outra de recheo do relevo primitivo, logo unha etapa de epiroxénese ou levantamento e, por último, iníciase o proceso de desenterramento da cuberta sedimentaria.

Palabras veciñas

Foshan | fósil | fosilífero -ra | fosilización | fosilizar | foso | fosquete