fosilización
fosilización
(< fosilizar)
-
s
f
Acción de fosilizar ou fosilizarse.
-
s
f
[LING]
Incorporación dunha palabra nunha locución coa perda correspondente da súa significación primitiva.
Sinónimos: fixación. -
fosilización do relevo
[XEOG]
Recubrimento dun relevo polos sedimentos. A fosilización realízase en diferentes etapas: á formación do relevo séguelle outra de recheo do relevo primitivo, logo unha etapa de epiroxénese ou levantamento e, por último, iníciase o proceso de desenterramento da cuberta sedimentaria.