foso

foso

(< ital fosso)

    1. s m

      Escavación feita na terra máis ou menos longa.

      Ex: Cavaron un foso para meter os canos da auga.

      Sinónimos: foxa, fosa.
    2. s m [BÉL]

      Escavación longa e larga construída ao redor dunha fortaleza ou dun castelo. Presente nas fortificacións dende a Idade Media, coa aparición da artillería e a redución na altura das murallas para resistir mellor os seus ataques incrementouse o seu tamaño. Contaba cunha sección rectangular ou trapezoidal e con frecuencia enchíase de auga para dificultar o paso. Dende o s XVII as defensas incrementáronse e comezaron a construírse contrafosos e outros elementos defensivos. A partir da Primeira Guerra Mundial a súa utilidade limitouse a dificultar o paso dos carros de combate, mentres que os aramados o substituíron como elementos de fortificación.

      Sinónimos: foxo.
    3. s m

      Cavidade que hai nos garaxes e sobre o que se colocan os automóbiles para realizar unha reparación.

      Ex: O mecánico puxo o coche no foso para lle cambiar o aceite.

    4. foso de ascensor

      Escavación que permite instalar a parte baixa da cabina do ascensor.

  1. s m [ESPECT]

    Espacio situado debaixo do escenario ou, nalgúns casos, espacio habilitado entre o escenario e o patio de butacas no que se coloca a orquestra, especialmente nas óperas.

  2. s m

    Lugar con area no que caen os atletas ao facer o salto de lonxitude.

    Ex: Na area do foso quedou o sinal da marca do atleta.