"Van" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 703.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que xa se dixo antes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de vestir feminina do traxe tradicional. Adoita ser de forma rectangular (o de faena) ou cadrada (o de gala) con dúas fitas nos extremos superiores que se atan ao van. O devantal de faena está feito, xeralmente, de liño e pode estar tinguido de diversas cores. A súa lonxitude adoita ser maior ca o de gala e utilízase no vestiario cotián. O de gala ten unha forma máis cadrada e confecciónase, normalmente, con veludo, teas de cores e adobíos de pasamanería.
-
-
Especie de sofá baixo, sen respaldo, que ten coxíns soltos e que pode facer de leito.
-
Sala de recepción das casas turcas ou persas, provista ao seu redor de coxíns para sentarse.
-
-
Sala onde se reunía o consello de estado no Imperio Otomano.
-
Nome dado ao consello que foi, ata o s XVII, o organismo central do goberno do Imperio Otomano. A súa función era consultiva e as decisións finais eran da incumbencia do gran visir.
-
-
Na literatura islámica, colección de obras poéticas dun autor. Na época moderna, autores como Goethe ou F. García Lorca usaron este termo para designar coleccións de poemas de tema exótico.
-
-
PERSOEIRO
Político e escritor iugoslavo. Foi un dos principais organizadores das Brigadas Internacionais que loitaron en España durante a Guerra Civil e da resistencia antinazi en Montenegro. Membro do Partido Comunista desde 1932, desempeñou diversas carteiras ministeriais ata 1954, ano no que foi expulsado do partido pola súa posición crítica. Estivo encarcerado entre 1954 e 1961, e de 1962 a 1966. Da súa autoría é A nova clase, obra crítica co réxime iugoslavo, escrita na cadea e publicada en Nova York (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político húngaro. Foi membro do Partido Socialdemócrata e do Partido dos Pequenos Propietarios, do que chegou a ser vicepresidente (1945) e presidente (1947-1949). Durante a Segunda Guerra Mundial loitou na resistencia húngara. Foi ministro sen carteira (1945-1946), ministro de Agricultura (1946-1948) e presidente do consello de ministros (1949-1952). Membro do comité central do Partido Socialista dos Traballadores Húngaros, dirixiu o praesidium da República Popular de Hungría (1952-1967). Recibiu o Premio Lenin (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Christian-Emil-Maries Küpper.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera en dous actos de Wolfgang Amadeus Mozart, con libreto de Lorenzo da Ponte, baseada en diferentes versións (Molière, Goldoni, Giovanni Bertati) do mito de don Xoán. Foi estreada en Praga no ano 1787.
-
PERSOEIRO
Astrónomo italiano. Descubriu seis cometas, entre eles o 1858 VI. Foi un dos primeiros en investigar os espectros estelares para determinar a composición dos astros. A partir do 1864 aplicou o mesmo método ao estudo dos cometas, e concluíu, de xeito erróneo, que a materia da que se constituían estaba en estado gasoso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés. Estableceuse en París en 1897 e nacionalizouse francés en 1929. Foi membro do grupo fauvista (1906) e en 1908 expuxo cos expresionistas alemáns do grupo Die Brücke. Nas súas viaxes por Europa estivo en España, onde realizou, entre outros, o retrato Juana la Macarrona (1910) e participou na Exposición Internacional de Pintura y Escultura de Bilbao (1919). Creou unha obra chea de cor e gran forza expresiva, con escenas do music hall, retratos femininos e personaxes da alta sociedade parisiense e paisaxes. Entre outras destacan O vello Clown (1906) e Dona das xoias (1908). Colaborou, entre outras publicacións, en Rotterdamsche Nieuwsblad e Revue Blanche.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Donovan Leitch.
-
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto. Formouse con Raffaello de Montelupo en Roma, onde realizou monumentos fúnebres en San Pietro in Montorio e en San Lorenzo in Damaso. En Florencia construíu, entre outras, a capela Gaddi en Santa Maria Novella e o Palazzo Larderel, e en Nápoles, a igrexa de San Filippo Neri. Publicou o libro de debuxos Urbis Romae aedificiorum illustrium quae supersunt reliquiae.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta serbio. Foi representante do simbolismo serbio e defensor da arte pura. Escribiu libros de viaxes e ensaios filosóficos, morais e estéticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político irlandés. Estudiou leis en Dublín e, xunto con John Blake Dillon e Thomas Davis, fundou o semanario patriótico The Nation (1842). Posteriormente, formou o partido Young Ireland que defendía a independencia de Irlanda. En 1852 foi elixido membro do Parlamento e tentou formar unha oposición forte. Emigrou a Australia (1855), onde foi membro da asemblea lexislativa (1856-1864, 1867-1874 e 1876-1880). Nomeado primeiro ministro do estado de Victoria (1871-1872), actuou como voceiro do Parlamento (1877-1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor italiano. Estudiou na Accademia di Siena. Entre as obras de temática relixiosa destacan Abele morente (A morte de Abel, 1839?), Cain (1840), Sappho (1857), Addolorata (1860) e Pietá (1863). Realizou tamén o monumento a Cavour en Turín. Escribiu Pensieri sull’arte e ricordi autobiografici (Pensamentos sobre a arte e recordos autobiográficos), obra publicada postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Anveres 1599 - Londres 1641) Pintor flamengo. Comezou a súa formación con H. van Balen, e en 1618 o gremio de pintores outorgoulle o rango de mestre. Despois pasou dous anos no obradoiro de Rubens. Realizou obras, entre as que destaca O prendemento (1618?), coa mesma técnica de pintura ca o seu mestre, pero nas que contrapuña un canon máis estilizado e unha gama cromática menos violenta. En 1620 viaxou a Londres, onde traballou ao servizo de Xacobe I, logo trasladouse a Italia (1621-1627) onde, influído pola escola veneciana e boloñesa, se dedicou ao retrato de medio corpo. Durante a súa estadía en Anveres (1627-1632) realizou retratos burgueses e pinturas de temática relixiosa, como Cristo morto e Descanso na fuxida a Exipto. En 1632 regresou a Inglaterra, onde se converteu en pintor da corte de Carlos I, quen o nomeou cabaleiro. Nos seus retratos da aristocracia inglesa reflectiu a condición de retratado. As súas obras volvéronse máis suaves...
-
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Rembrandt, as súas obras mostran a influencia do mestre. Cultivou a pintura relixiosa, as escenas de xénero e o retrato. Da súa produción destacan A derradeira cea (1664), A lección de música (1655) e Catro oficiais do gremio de toneleiros e trasegadores do viño de Amsterdam (1657).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Urbanista e arquitecto neerlandés. Estudiou arquitectura na Academie van Beeldende Kunsten de Rotterdam (1915-1917) e ampliou estudios na Academie van Bouwkunst de Amsterdam (1919-1922). Polo deseño do edificio da academia neerlandesa de ciencias, que non construíu, recibiu o Prix de Rome en 1922. Colaborador de Theo van Doesburg, foi un dos delegados encargados de preparar o IV Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (CIAM, 1932) e do plenario do Grupo de Artistas y Técnicos Españoles para el Progreso de la Arquitectura Contemporánea (GATEPAC) en Barcelona. Fixo a planificación urbanística de Amsterdam e presidiu o CIAM.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ivan Antonovič Jefremov.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao electrogalvanismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio dos fenómenos eléctricos producidos polas pilas.