"bot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 225.

    1. Cada unha das pezas de madeira ou de ferro, curvadas, que van firmes no xogo principal e que forman o casco da embarcación pola parte de popa.

    2. Cada rama das pezas que, á maneira das de popa, forman a carcasa e reforzan a proa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico británico. En 1883 patentou un método de fabricación do aceiro ao manganeso. Tamén inventou diversos procedementos para a obtención de aliaxes férricas e aceiros especiais. Publicou, acerca destes temas, máis de trescentos artigos científicos ou técnicos. A súa obra A metalurxia e a súa influencia sobre o progreso moderno (1925) alcanzou reputación mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten por oficio limpar o calzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sección cirúrxica dun lobo.

    2. Técnica en desuso que consistía en seccionar as fibras nerviosas que unen a cortiza cerebral prefrontal coas formacións nerviosas da base do cerebro, co fin de corrixir certos trastornos mentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glándulas mucosas que están situadas ao redor do orificio do colo uterino. Cando se obstrúe o conduto secretor fórmanse os quistes de Naboth.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático escocés. Dedicou unha boa parte do seu tempo ás investigacións matemáticas, campo onde iniciou a teoría dos logaritmos e confeccionou táboas que facilitaron en gran medida o labor dos astrónomos coetáneos. Tamén fixo estudos de teoloxía e extensos comentarios da Apocalipse de San Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (98.911 km2; 256.238 h [estim 2000]). A súa capital é Luleå.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ugandés. Líder do Uganda People’s Congress, foi presidente de Uganda (1966), despois de protagonizar un golpe de estado que aboliu a monarquía e estableceu un réxime unitario e non parlamentario. Foi deposto (1971) por Idi Amin Dada e exiliouse en Tanzania ata 1980, cando volveu a Uganda. Reelixido presidente do estado (1980), outro golpe de estado depúxoo en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da botánica que estuda as plantas fósiles e que emprega os métodos de estudo da paleontoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación de vela semellante ao bergantín pero de formas menos finas. Apareceu no segundo terzo do s XVIII, como correo e para o transporte de pasaxeiros entre Calais e Dover, e foi moi empregado como correo ata a imposición dos vapores.

    2. Barco correo e de pasaxeiros, de propulsión mecánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cerdeira (As Neves). O seu cumio acada os 681 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos, da orde dos dípteros, que teñen as ás alongadas e o corpo formando ángulo coa cabeza. Portan a Rickettsia, que provoca a bartonelose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. Arredor de 1540 realizou o cadeirado alto e baixo do coro da igrexa do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en seccionar a pube pola sínfise, para anchear momentaneamente, no momento do parto, unha pelve estreita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xardín creado en 1755 por Fernando VI á beira do río Manzanares. A partir de 1774 Carlos III ordenou o traslado ao Paseo del Prado, onde se inaugurou en 1781, obra de Francesco Sabatini e de Juan de Villanueva. Destaca por ter unha importante colección de plantas e polas diversas publicacións que se coordinan desde o centro. Desde a súa creación, promoveuse o ensino de botánica, realizáronse expedicións a América e ao Pacífico, encargáronse os debuxos de grandes coleccións de láminas de plantas e copiáronse herbarios que serviron de base para describir novas especies. Desde 1939 depende do CSIC, e realiza numerosas investigacións en flora, sistemática e evolución ou palinoloxía. Foi declarado BIC (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar de maneira repetida un corpo de material elástico.

    2. Cambiar de traxectoria ou retroceder un corpo despois de bater contra algo.

    3. Bater unha cousa noutra que vén de bater con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rebotar.

    2. Cada un dos sucesivos botes dunha pelota despois de ser golpeada.

    3. Pelota que rebota no taboleiro ou na canastra de baloncesto e que non entra polo aro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Conselleiro de estado (1875) e deputado republicano (1878-1885 e 1887-1809), foi xefe do Parti Républicain Modéré. Ministro de Asuntos Exteriores (1890-1893), ocupou outros ministerios e foi xefe de goberno varias veces (1892-1893, 1895, 1914 e 1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo francés. Considerado o iniciador da psicoloxía positivista e experimental francesa, centrouse no estudo da psicoloxía patolóxica. Das súas obras destacan Les maladies de la mémoire (1881), Les maladies de la volonté (1883), Les maladies de la personnalité (1885) e Essais sur la passion (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1054? - Cardiff 1134) Duque de Normandie (1087-1106), fillo e sucesor do duque Guillerme II (Guillerme I de Inglaterra). Rebelouse contra o seu pai en 1077-1078 e en 1082-1083. Viviu exiliado en Italia ata a morte deste. Ao tempo que o sucedía no ducado, o seu irmán Guillerme II de Inglaterra invadiu o territorio (1091), polo que se viu obrigado a cederlle os condados de Eu e Aumale.

    VER O DETALLE DO TERMO