"endo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 257.

    1. Antropónimo masculino que ten a súa orixe no nome persoal Hermenegildus, forma latinizada medieval do nome xermánico Hermenegild. Mediante un proceso de aférese pasou a Menegildus, e despois a Menendus, por influencia dos nomes rematados en -sindus como Gumersindo ou Rosendo. Presenta a variante apocopada Men.

    2. Liñaxe que leva, en campo de goles, sete besantes de ouro colocados en tres faixas de tres, un e tres; bordo de ouro, cheo. Outra variante trae, en campo de ouro, dúas faixas de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Betanzos a partir de maio de 1890. Subtitulouse “Diario de Betanzos” e estivo dirixido polo que tamén foi o seu propietario, Adolfo Vázquez. Editado nos obradoiros de Manuel de Villuendas, incluíu escasa información.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de Nosa Señora da Concepción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Mendoza, Arxentina (119.681 h [1999]). É un nó de comunicación entre a Pampa e os vales andinos e é tamén a primeira cidade vinícola do país. Fundada en 1561 por Pedro del Castillo, pertenceu ao territorio de Chile ata a creación do vicerreinado do Río de La Plata (1776).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Arxentina, situada na rexión Andina, facendo fronteira con Chile (148.827 km2; 1.573.671 h [2001]). A súa capital é Mendoza. Nesta provincia localízanse as cimas (Aconcagua, 7.032 m de altitude) e os pasos (Paso de la Cumbre, 4.064 m de altitude) máis elevados dos Andes. A agricultura baséase no cultivo de vide, que representa a produción máis elevada do total de América Latina. É importante a gandaría de porcos, cabalos e vacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe da nobreza castelá que se consolidou económica e politicamente no s XIV, coa subida dos Trastámara ao poder. Durante os ss XV e XVI, acumularon importantes dominios en Castela e prestáronlle servizos á monarquía. O tronco da liñaxe foron os Mendoza, señores de Llodio (Araba), que a mediados do s XI pasaron ao servizo da casa real de Castela e se extinguiron no s XIII. A primoxenitura da liñaxe tivo unha liña colateral que se identificou coa dos duques do Infantado e que prosperou desde que Pedro González de Mendoza colaborou coa entronización dos Trastámara. Desta liña troncal xurdiron diversas liñas colaterais. Os que pertencen á póla galega traen escudo acuartelado en aspa: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de sinople, cunha banda de ouro cargada dunha cotiza de goles; segundo e terceiro cuarteis, en campo de ouro, coas letras de azul Ave Maria no cuartel segundo e Gratia plena no terceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa de Éboli, segunda princesa de Melito e segunda duquesa de Francavilla, filla de Diego Hurtado de Mendoza. Casou con Rui Gomes de Silva, primeiro duque de Pastrana e príncipe de Éboli. Dama de compañía de Isabel de Francia, encabezou, xunto con Antonio Pérez, o partido ebolista, que propugnaba unha saída negociada da rebelión flamenga e defendía unha solución federalista que respectase os privilexios de cada reino. Parece ser que tiveron negociacións secretas cos rebeldes flamengos, descubertas por Juan de Escobedo, ao que fixeron asasinar (1578). Filipe II afastouna da corte en 1579.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi prior de Santa María de Castrelo de Miño e fundou e presidiu a Academia Compostelana. Publicou Theatro Moral y Político de la Noble Academia Compostelana (1731) e Epítome de la portentosa vida y milagros de la gran virgen y proto-martyr Sta. Tecla y descripción de las magníficas sumptuosas fiestas a la colocación de esta imagen en su nueva maravillosa capilla, inclusa de la Santa Metropolitana Iglesia de Burgos (1737).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. A súa obra caracterízase por unha hábil construción do relato, ao que lle imprime certas doses de humor, e onde a cidade figura como lugar natural escollido polo autor para profundizar nas formas de vida doutras épocas e doutras sociedades. A urbe, como personaxe literaria, é o marco do seu propio desenvolvemento, marcado polos conflitos sociais. En catalán é autor das pezas teatrais Restauració (1990) e Els llims o la visitació de la felicitat (1997). Da súa produción destacan as novelas La verdad sobre el caso Savolta (1975, Premio de la Crítica), El misterio de la cripta embrujada (1978), El laberinto de las aceitunas (1982), La ciudad de los prodigios (1986, Premio Ciutat de Barcelona), La isla inaudita (1989), Sin noticias de Gurb (1990), El año del diluvio (1992), Una comedia ligera (1996), La aventura del tocador de señoras (2001) e El último trayecto de Horacio Dos (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marqués de Montesclaros, grande de España e comendador da orde de San Xaime. Vicerrei de Nueva España (1603-1607) e de Perú (1607-1615), fomentou as obras públicas e conseguiu aumentar a produción das minas de ouro. Membro do Consello de Estado do conde-duque de Olivares, cando este reorganizou o Consello de Aragón nomeouno presidente do Consello de Facenda (1628).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Especialista en rehabilitación de lesións medulares, foi xefe do departamento de rehabilitación do Hospital Nacional de Parapléjicos e colaborou como experto médico no Laboratorio de Inteligencia Artificial da facultade superior de Informática da Universidad Politécnica de Madrid. Recibiu o primeiro Premio do Inserso de Ayudas para discapacitados (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Administrador. Primeiro vicerrei de Nueva España (1535-1550) e vicerrei de Perú a partir de 1551, contribuíu a organizar o funcionamento da colonia mediante reformas administrativas e fomentando a economía. En 1536 instalou a primeira imprenta do continente americano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mañufe (Gondomar). Datada no s XVIII, a súa planta ten forma de U, e a á S apenas foi desenvolvida. A fachada presenta unha escalinata con dobre rampla, que remata nun patín, e na parte posterior ten solaina corrida en forma de L. Destaca a cheminea rematada con catro pináculos e conta cun brasón coas armas dos Mendoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Ocupou diversos postos na Corte de Carlos V e interveu nas campañas de Italia, Alemaña e Austria. Nomeado adiantado do Río de La Plata (1534), fundou o forte Nuestra Señora del Buen Aire, futura Bos Aires, e outras cidades pero, enfermo, decidiu volver á Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Deán da catedral de Santiago de Compostela, foi vigairo capitular en dúas ocasións, en substitución de Bertomeu de Rajoy Losada e de Francisco Alejandro Bocanegra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aluminio sódico, de fórmula NaAl(SO4)2·12H2O. Trátase dun mineral moi raro que se presenta en forma de agregados fibrosos, dunha cor branca e cunha brillantez sedosa. Ten unha dureza 2-3.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. merendada.

    2. Merenda pequena para varias persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave de tamaño similar ao tordo, que ten as ás e a cola longas. O macho é dunha característica cor amarela intensa coas ás e a cola negras, esta última cos vértices amarelos, e a femia e os xuvenís son de cor verde por riba, grisáceo e branco por abaixo e con ás e cola máis escuras. A alimentación é tanto vexetal como animal, e está composta por figos, cereixas e outras froitas, insectos, arácnidos, caracois ou vermes. Reprodúcese entre maio e xuño, fai o niño en forma de bolsa, pendurado dunha galla alta e pon entre 3 a 5 ovos. É unha especie politípica de ampla distribución paleártica e con tendencias termófilas e relativamente mediterráneas que aparece ligado ás carballeiras, hortas con froiteiras, ribeiras fluviais ou en parques de cidades. En Galicia é unha especie estival que aparece a finais de abril e maio e queda ata finais de agosto ou primeiros de setembro, repartíndose por todo o territorio agás a alta montaña e na banda cantábrica, onde pode aparecer unicamente preto dos ríos....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade da que, nunha subtracción, se resta outra cantidade chamada subtraendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Groningen (Países Baixos) a partir de 1978, que cesou probablemente en 1979. Subtitulouse “Boletín do Comité pra Galicia” e naceu co obxectivo de informar sobre as actividades realizadas por este comité, que se organizara en 1977. Na súa elaboración colaboraron Jikkie Jonkman, Elly Quist, Domingo Prieto, J. L. Alonso, Tonny Lipman, Pauline Roffel, Marjan Smeitink e Marianneke Shoonbeek. Centrouse sobre todo en novas de Galicia, relacionadas coa situación política, social e económica, e pretendeu converterse nunha tribuna aberta á colaboración dos lectores. Ademais, prestoulle unha especial atención ao apartado de lingua e cultura.

    VER O DETALLE DO TERMO