"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

    1. Que pertence á familia das apocináceas.

    2. Planta da familia das apocináceas.

    3. Familia de arbustos ou herbáceas integrada por uns 180 xéneros que comprenden unhas 1.500 especies, a maioría delas son de distribución intertropical. Son empregadas como ornamentais e como produtoras de látex, que é velenoso no caso da cangroia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Apolo.

    2. Dise dun home belo, garrido.

    3. Na filosofía de Nietzsche, dise do pulo intelectual que representa o ideal de orde, medida e harmonía. É o elemento oposto ao dionisíaco ou vontade de vivir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo belga. O seu pensamento oriéntase a desenvolver a epistemoloxía dinámica (Logique, langage et théorie de l´information, 1957) baixo influencia da epistemoloxía xenética de Piaget, de quen foi colaborador durante moitos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Glorificación, exaltación dunha persoa, principio, ideal, etc.

    2. Tipo de representación artística de raíz clásica, frecuentemente representada na decoración pictórica barroca e de épocas posteriores, para glorificar un personaxe.

    3. Escena final, montada con profusión de medios, nunha representación dun grande espectáculo.

    4. Deificación dun mortal, acto de elevalo á categoría dos deuses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio dunha apoteose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Punto da órbita da Lúa, dun satélite artificial ou, segundo a hipótese aparente, doutro astro, que se atopa máis distante da Terra.

    2. O punto máis álxido, en canto á importancia ou desenvolvemento que acada algo.

    3. Propulsor foguete adaptado a un satélite artificial ou artefacto espacial que se pon en funcionamento cando o vehículo se atopa no apoxeo, proporcionándolle o incremento de velocidade necesaria para transferilo a unha órbita máis afastada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Acaia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Acaia.

    3. Pobos que desenvolveron a civilización micénica. Semella corresponder a unha das etnias preponderantes entre as inmigracións indoeuropeas á península helénica posteriores ao 2000 a C. Semella que están relacionados cos pobos do mar citados nos xeroglíficos exipcios do s XII a C, así como as inscricións hititas, se ben cun significado pouco claro. Probablemente colonizaron a Eolia, na costa NO de Anatolia. Con posterioridade, só se consideran aqueas Tesalia e Acaia, no Peloponeso.

    4. Lingua dórica de Acaia, no Peloponeso, e das colonias da Magna Grecia que substituíu ao aqueo antigo despois das invasións dóricas.

    5. Grupo de dialectos gregos dóricos da época micénica, chamado tamén grupo arcádico-chipriota, do que se coñecen, por inscricións, o arcádico, o panfílico e o chipriota. O máis antigo de todos os dialectos coñecidos do grego común, presenta os trazos máis arcaicos da lingua grega.

    6. Nos poemas homéricos, un dos termos máis usuais que designaba os gregos da chamada Idade Heroica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás aquifoliáceas.

    2. Árbore ou arbusto da familia das aquifoliáceas.

    3. Familia de árbores ou arbustos da orde das cornais, constituída por unhas 400 especies dioicas, de flores pequenas tetrámeras ou pentámeras, en inflorescencias cimosas, e de follas xeralmente coriáceas e estipuladas. É propia das zonas cálidas ou temperadas. O único xénero representado en Galicia é Ilex.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome derivado, ao igual que Aquiles, do grego Akilleus (Ảχιλλεύς). Aquileo é o nome dun antigo militar romano quen, como consecuencia de se converter ao Cristianismo, foi martirizado en tempos de Diocleciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar eunuco romano que, logo de se converter ao Cristianismo, desertou xunto co seu compañeiro san Nereo e a súa ama Domitila; por esta razón, foi condenado en tempos de Diocleciano e sufriu martirio na illa de Poncia. Sobre o seu sepulcro, na Ardeatina (Roma), construíuse unha basílica. A súa festividade celébrase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das aráceas.

    2. Planta da familia das aráceas.

    3. Familia da clase monocotiledóneas integrada por uns 110 xéneros que comprenden unhas 2.000 especies de plantas herbáceas, arbustos, árbores e lianas. A maioría son intertropicais e outras mediterráneas e centroeuropeas. Algu-nhas inflorescencias desprenden un fedor putrefacto que atrae moscóns e facilitan a polinización. Son moi preciadas como especies ornametais e algunhas tropicais son empregadas como complemento alimenticio. En Galicia está representada polos aros e a herba dos candís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás araliáceas.

    2. Planta pertencente á familia das araliáceas.

    3. Familia pertencente á orde das araliais e integrada por unhas 660 especies de plantas case sempre leñosas, ás veces gabeadoras con raíces adventicias, propias das zonas cálidas. Os extractos dalgunhas araliáceas úsanse como tónicos e algunhas especies son apreciadas como plantas de interior. Pertencen a esta familia as aralias e as hedras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos arameos ou á súa lingua.

    2. Individuo dun pobo semita do antigo Oriente establecido no s XI a C no O de Asiria. Un texto cuneiforme da III Dinastía de Ur (2006 a C) menciona a cidade de Aramiki; os nomes Aramu e Ahlamu aparecen en Mari (ss XIX e XVIII a C). Na época de Abraham, segundo a Biblia, a rexión de Aram Naharayim estaba ao N de Mesopotamia, tendo o seu centro en Haran. Preto da actual Baalbek, tribos arameas nómadas chegadas de Mesopotamia no s XI a C fundaron pequenos estados: Samal, Arpad, Alepo, Hama e Damasco, o máis poderoso de todos eles, atacado repetidamente polos asirios, caendo nas mans do Rei asirio Teglatpelésar III (733). Despois da Batalla de Qarqar (720), derrotados por Sargon II de Asiria, desapareceron os estados arameos.

    3. Lingua ou conxunto de dialectos semíticos do grupo occidental. Falada polo pobo arameo, despois da súa desaparición como entidade política, converteuse na lingua franca do Próximo Oriente. O seu nacemento está moi relacionado co hebreo, o siríaco e o fenicio do que deriva o seu alfabeto. Caracterízase polo triliteralismo, pola perda da vogal de caso na declinación e polo feito de formar os plurais mediante a anexión de sufixos. Aínda que foi pouco importante literariamente, sen embargo, exerceu como transmisora da cultura grecorromana en Oriente e do Oriente a Europa. O arameo antigo remóntase probablemente ao II milenio a C, aínda que os primeiros testemuños da súa aparición dátanse a finais do s XI a C. Durante o Imperio Babilónico converteuse na lingua oficial, e a partir do s VII a C, suplantou ao accadi, para acadar a súa máxima vitalidade: convértese na lingua franca dos comerciantes babilonios no Oriente Medio. Substituíu tamén ao hebreo, a partir do desterro dos xudeus en Babilonia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia das araucariáceas.

    2. Árbore da familia das araucariáceas.

    3. Familia de árbores da clase das coníferas á que pertence o xénero Araucaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás árbores.

    2. Que ten forma ou aspecto de árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boimorto baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico cirurxián. É autor de De recta vulnerum curandorum ratione (Anveres, 1574), que foi traducida ao alemán, ao inglés e ao holandés. A súa vixencia chega ata as edicións do s XVIII (1717).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero da infraorde dos Lemuriformes, procedente das chairas litorais de Madagascar e extinguido en época recente, que posuía unha relativa autonomía filética no seo do seu grupo. A súa dentadura era apta para cortar e descascar alimentos vexetais. Debía ser parcialmente terrestre, ademais de arborícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves fósiles da subclase dos arqueornitas, de ata 35 cm de longo, de cabeza pequena e ollos grandes, mandíbulas finamente dentadas e cola ósea longa. As extremidades superiores son longas e delgadas con tres dedos e as patas son semellantes ás das aves corredoras actuais. Como características propias das aves modernas, presentan unha estrutura típica orixinada pola unión das dúas clavículas e unhas longas plumas nas ás e na cola. De vida insectívora e propia de bosques abertos, tiña capacidade para desprazarse entre as árbores mediante o voo. Foi descuberta en 1861 en Alemaña, nos xacementos xurásicos da formación Solnhofen de Baviera. Estes animais, que comparten coas aves actuais antecesores comúns, constituíron un importante apoio para a teoría da evolución, ao ser descubertos poucos anos despois de saír do prelo On the origin of the species (A orixe das especies, 1859) de Darwin e interpretarse como unha “especie elo”, ou de transición, entre os réptiles e as aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano de orixe francesa que iniciou o seu labor artístico no teatro para finalmente asentarse en Hollywood. Dirixiu filmes dramáticos, de intriga policial e westerns interpretados por Hopalong Cassidy e Gene Autry. Posúe unha das filmografías máis longas de todo o cinema americano. Dirixiu, entre outras moitas películas, The iron ring (O anel de ferro, 1917), Diamonds and pearls (Diamantes e perlas, 1918), The trap (A trampa, 1918), The miracle of Manhattan (O milagre de Manhattan, 1921), Men of steel (Homes de aceiro, 1926), Lost squadron (O último escuadrón, 1932), Hotel Haywire (O Hotel Haywire, 1937), The woman of the town (A muller da cidade, 1943), Texas masquerade (Mascarada de Texas, 1944), Dangerous adventure (Aventura perigosa, 1947), The old west (O vello Oeste, 1952) e Last of the pony riders (O último dos xinetes, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO