"ues" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 481.

  • ILLAS

    Arquipélago situado en Europa Central, no Mar Báltico, Dinamarca, formado por numerosas illas; as principais son: Sjaelland, Fyn, Lolland e Falster. Os núcleos de poboación máis importantes son Copenhaguen (491.082 h [estim 1999]) e Odense (183.584 h [estim 1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na escola de Sant Carles de València e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1864). Con unha pensión outorgada pola deputación valenciana (1868), trasladouse a Roma onde pintou La destrució de Sagunto (A destrución de Sagunto). Mestre na escola de Sant Carles, en 1875 trasladouse a París onde residiu ata 1914. Realizou cadros anecdóticos de ambiente histórico, e retratos. Entre outros galardóns, recibiu a primeira medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1871 polo cadro Santa Clara (1870) e foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1917). O seu fillo Roberto Domingo Fallola (París 1833 - Madrid 1956), tamén pintor, especializouse en escenas de touros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do apelido galego Domínguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. En 1388 comezou as obras de construción do convento de Santa Maria da Vitória en Batalha, de estilo gótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Obreiro da metalurxia e membro do Partido Comunista (1921), foi deputado (1924) e, a partir de 1927, secretario xeral das xuventudes do partido. En 1934 declarouse partidario da unión cos socialistas e foi expulsado do seu partido. Foi alcalde de Saint-Denis e mantívose en disidencia ata que fundou un grupo fascista, o Partido Popular Francés (PPF), en xuño de 1936. Colaboracionista a partir de 1940, liderou a Lexión dos Voluntarios Franceses contra o Bolxevismo (LVF) de Vichy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Miniaturista belga. Coñecido como o mestre de Girart de Rousillon, por ilustrar Reoman, traballou para os duques de Borgoña Filipe II o Ousado e Carlos I o Temerario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse na École des Beaux-Arts e en Roma. Entre as obras que reconstruíu destaca a galería de Apolo no Louvre, o Château de Blois e o Château Dampierre. Construíu tumbas monumentais e foi arquitecto do Louvre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista e humanista francés. Latinizou o seu nome en Sylvius. Formouse na facultade de Medicina de París, centro da anatomía galénica. Foi profesor de medicina no Collège Royal (1550-1555) e tivo como discípulo a Vesalio. Descubriu o acueduto que leva o seu nome (acueduto de Silvio). Dominaba o latín, o grego e o hebreo, e admiraba a Hipócrates e Galeno. Escribiu a primeira gramática do francés impresa en Francia, In linguam gallicam Isagoge (1531). Esta divídese en dúas partes: a Etymologica, inventario en que se mostra a correspondencia entre as letras latinas e os sons do francés, e a Grammatica latino-gallica, inventario que recolle cómo se deben trasladar ao latín palabras e construcións do francés. As súas obras de medicina publicáronse reunidas en Jacobi Sylvii Ambiani opera medica, jum demum in sex partes digesta, castigata et indicibus necessaris intuta (1630).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto flamengo. Trala súa viaxe a Italia (1530?), a súa obra reflectiu as características da escultura renacentista italiana. Traballou na colexiata de Santa Waltrudis en Mons (1535-1548) e para o Emperador Carlos V e María de Hungría. Construíu e decorou os castelos de Binche e Mariemont. A maioría das súas obras destruíronse durante a Revolución Francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Afiliado ao Parti Communiste (1921), foi secretario da súa directiva (1931-1964) e membro da comisión executiva da III Internacional en 1935. Foi vicepresidente da cámara de deputados (1936-1940) e, despois de ter dirixido a organización do partido desde a Resistencia (1941-1944), foi nomeado vicepresidente da Asemblea Nacional (1946-1948). En 1959 ingresou no Senado, onde presidiu o grupo comunista. Colaborador de Cahiers du Communisme e Humanité, dirixiu La voix de l’Est e escribiu, entre outras obras, Histoire du Parti Communiste Français (Historia do Partido Comunista Francés, 1964), con Villoux, e Mémoires (Memorias, 1968-1973), en sete volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Gutiérrez de la Concha e Irigoyen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Profesor na Harvad University, definiu na obra Income, Saving and the Theory of Consumer (A renda, o aforro e a teoría do comportamento dos consumidores, 1949) o efecto demostración, segundo o cal o nivel de consumo dos individuos depende, ademais dos seus ingresos, dos hábitos do grupo social ao que pertencen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Dunkerque ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Dunkerque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de C. Franck, recibiu a influencia de R. Wagner. Cómpre destacar o seu poema sinfónico Lénore (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na vila de San Sadurniño que se reconstruíu en numerosas ocasións. Pertenceu aos señores de San Sadurniño, que acadaron o título de marqueses de San Sadurniño (1688) e de duques da Conquista (1735). Trala morte sen descendencia do derradeiro duque, pasou á congregación de Cristo Rei e funcionou como vivenda, e dende 1968 como colexio. A comezos do s XX realizouse unha reforma, pero conservouse o edificio e a torre ameada, que mantén escudos dos Andrade e dos Castro de Lemos nas esquinas da torre. Coa súa transformación en centro de ensino, engadíuselle un novo edificio. Tivo xardín, capela e outras construcións adxectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución cultural sen ánimo de lucro, con sede en Soria, creada en 1989 pola iniciativa e baixo a presidencia de honra da infanta Margarida de Borbón e de Carlos Zurita, duques de Soria. O seu obxectivo principal é a colaboración co mundo hispánico internacional e coa universidade no estudo e na difusión da cultura española, con especial referencia á lingua, mediante a organización de actividades académicas complementarias das programadas polas universidades. Apoia as institucions, como a Real Academia Española, o Instituto Cervantes ou a Asociación Internacional de Hispanistas. Na Comunidade Autónoma de Castela e León colaborou coas principais institucións de Soria, Salamanca e Valladolid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de escultores franceses. Jerôme Duquesnoy (Le Quesnoy 1570 - Bruxelas 1643), coñecido como Duquesnoy le Vieux, realizou a fonte Manneken-pis de Bruxelas, destruída posteriormente. O seu fillo, Françoise Duquesnoy (Bruxelas 1594 - Livorno 1643), coñecido como Francesco Fiammingo, traballou con Bernini no baldaquino de San Pedro do Vaticano. O seu estilo sereno contraponse ao barroquismo atormentado de Bernini. En Roma realizou, entre outras obras, Santa Susana en Santa María de Loreto e Sant’Andrea en San Pedro. Realizou tamén bronces de pequeno formato e destacou no tratamento dos putti. O seu irmán Jerôme Duquesnoy (Bruxelas 1602 - Gante 1654) coñecido como Duquesnoy le Jeune, traballou na corte de Filipe IV. Entre as súas obras destacan a tumba do bispo Trieta na catedral de Saint-Bavon en Gante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1868. De tendencia liberal, estaba dirixido por Esteban Quet. Saía todos os domingos. Trátase dunha publicación de carácter político que inclúe información xeral sobre a cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á equitación.

      1. Relativo ou pertencente aos cabaleiros.

      2. orde ecuestre

        Clase romana situada por baixo da senatorial e integrada orixinalmente polos cabaleiros, a vella clase militar da que se nutría a cabalería romana dende Servio Tulio. No s III a C perderon as súas funcións militares pero conservaron a súa preeminencia social, que se incrementou no s II a C, xunto co seu peso económico. Dende o 129 a C definiuse unha nova categoría de cidadáns libres que acreditaban no censo a posesión dun millón de ases ou 400.000 sestercios e, fronte aos senadores, se dedicaban aos negocios, ao comercio a grande escala, á recadación de impostos e traballaban como contratistas das obras públicas. Integráronse nesta clase os publicani, ricos comerciantes e intermediarios. A súa presencia no poder político era escasa e os seus membros tiñan dereito a levar como distintivo o angusus clavus, dúas franxas de púrpura de dous dedos de ancho na túnica que simbolizaba a súa posición.

      1. Aplícase ás obras de arte que representan unha persoa a cabalo.

      2. estatua ecuestre

        Escultura que representa unha figura humana sobre un cabalo. Este motivo iconográfico remóntase á antigüidade clásica, onde aparece no reverso das moedas, nalgúns relevos -entre os que destacan os frisos do Partenón de Atenas-, e nalgunhas esculturas exentas como o cabaleiro Rampin. Da época romana consérvase o bronce de Marco Aurelio (178-180 d C), que Michelangelo colocou no centro do Capitolio en Roma e que se converteu no paradigma das representacións ecuestres do Renacemento. Entre as representacións escultóricas renacentistas cómpre salientar Il Gatamelata, de Donatello, e Il Colleone, de Verrochio, e, entre as pitóricas, o fresco de John Hawkood de Paolo Ucello e Carlos V na batalla de Mühlberg de Tiziano. Dende o s XVII foi unha representación empregada polos soberanos, entre outras destacan as de Filipe III e Filipe IV en Madrid, e no s XIX foi a postura preferida nos monumentos dedicados a militares. Dos escultores contemporáneos que se interesaron...

    2. Na época feudal, bens polos que se prestaba o servizo de cabaleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Edimburgo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Edimburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO