"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • PERSOEIRO

    Médico e enxeñeiro informático. Catedrático da Universidade da Coruña, especializouse en temas relacionados coas neuronas e a intelixencia artificial. En colaboración con outros investigadores e científicos participou na edición de Inteligencia artificial en medicina (1994), Teleinformática (1996), Aplicaciones avanzadas en internet (1999), Nuevas tecnologías y computación avanzada en la ayuda a discapacitados (1999), Realidad virtual y visualización avanzada (1999) e Avances en informática biomédica (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Informático. Doutor en Informática e catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, foi o primeiro titulado de España en ambas materias. Puxo en marcha o laboratorio de intelixencia artificial da facultade de Informática da Universidad Politécnica de Madrid, o primeiro laboratorio destas características en España. Publicou Inteligencia artificial: programación heurística (1987) e Ingeniería del conocimiento: diseño y construción de sistemas expertos (1988), en colaboración con José Luis Mate Hernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Residiu en Filipinas, onde se posicionou a prol das tendencias separatistas. Así, colaborou co semanario La Solidaridad, voceiro de José Rizal Mercado e dos seus partidarios nas illas. Publicou Geografía general del archipiélago filipino (1872), El trovador del Ulla (1880) e Héroes de Filipinas (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Foi coronel de infantaría e especializouse na elaboración de monografías históricas. Colaborador de Eco de Galicia e Galicia Moderna, publicou Peñafiel (1880), Horas de insomnio (1886), unha serie de contos e lendas, que se editaron como folletín en El Correo Gallego, e El collar de perlas (1908). Tamén escribiu algunhas composicións en galego, entre elas “Unha alma que se vai” (1907). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Cóengo da catedral de Girona e catedrático do seminario da mesma cidade, a súa obra caracterizouse polo conservadurismo. Escribiu El proceso del integrismo (1886), San Narciso mártir (1886) e Encomio a los mártires de la Independencia de 1808 (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cambados. Ten planta rectangular, dous andares e unha torre de tres alturas, con gárgolas en tres arestas e rematada cun antepeito ameado e cornixa. Accédese a través dun portal rematado en arco de medio punto, sobre o que aparece o escudo de armas, inclinado sobre o eixe vertical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o Regato da Fábrica (Lobios). Datada no s XIX, trátase dun pontillón alintelado de lousas graníticas sobre piares con tallamar arredondado. Conta con seis vans. Está situada no camiño de Portela a Fondevila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pazos de Borbén. Ten planta basilical e ábsida con bóveda de canón, liña de imposta e arco triunfal de medio punto. A nave, composta de catro tramos, cóbrese con bóveda de canón e arcos faixóns de medio punto, que descansan sobre ménsulas. A fachada ten unha porta arquitrabada cun frontón triangular e espadana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. En maio de 1812 instalou o seu primeiro obradoiro tipográfico en Santiago de Compostela, onde imprimiu o Sermón de la jura de la Constitución (1812), de Manuel Martínez, e o Manifiesto de los condes de Maceda (1816). A partir de agosto de 1819 instalouse en Ourense, onde publicou o Boletín Oficial da provincia e, entre outros, os Aforismos de Hipócrates, de Herrera, en latín e castelán. Coa instalación doutros obradoiros en Ourense, deixou de publicar o Boletín Oficial e, entre 1840 e 1843, só fixo reimpresións dalgunhas obras e de diversos folletos de Sánchez Boado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia florentina. A súa orixe remóntase, segundo a lenda, a Pazzo di Rinieri , condottiere da Primeira Cruzada. Procedentes de Fiesole e partidarios dos güelfos, no s XIII destacou Iacopo de Pazzi , capitán dos florentinos en Montaperti (1260). Participaron na conxuración dos Pazzi, contra os seus rivais, os Medici, en 1478. Presionados polo Papa Sisto IV, intentaron asasinar a Giulano e a Lorenzo de Medici, sen conseguilo. Os responsables foron detidos e executados e o resto da familia desterrada. O seu nome está vinculado á capela dos Pazzi, construída por Brunelleschi no claustro do convento da Santa Croce de Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade menor que resulta da división doutra maior.

    2. Porción breve de tempo.

    3. Porción ou parte pequena dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Pedraza (Monterroso). De orixe románica, sufriu importantes reformas entre os ss XVIII e XIX. Ten planta de cruz latina con ábsida rectangular e coa sancristía acaroada. Destaca a fachada cunha porta con arco de medio punto. A torre-campanario remata en espadana de dous corpos e un van, con escaleiras de acceso desde o exterior. No muro norte conserva cinco canzorros da construción románica orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia baixo a advocación de santa María, que foi integrada posteriormente como lugar na parroquia de Chaveán, no concello de Chandrexa de Queixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Precipitación en forma de sarabia grosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sisán (Ribadumia). De planta rectangular, ten unha fachada anterior con dous balcóns de pedra e unha fornela coa Virxe da Anunciación entre ambos os dous, debaixo da que se abre a porta principal. Á dereita da fachada principal destaca unha especie de torre ameada e unha gran cheminea situada nun dos ángulos. Ten un patio-xardín cun portalón con arco de medio punto na parte central sobre o que hai un reloxo de sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada por Pedro Barrié de la Maza, conde de Fenosa, en 1966. Con sedes na Coruña, a principal, e Vigo, está presidida por Carmela Arias y Díaz de Rábago, condesa de Fenosa. Leva a cabo un labor nos ámbitos da educación, investigación, cultura e servizos sociais. En 1994 creou o Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza (IEEG PBM) que ten como fins o avance da ciencia económica de Galicia, a mellora do coñecemento da súa realidade socioeconómica e o desenvolvemento do capital humano nesta materia. Para acadar isto, realiza investigacións científicas e prácticas que axudan á formación de economistas cun alto nivel de cualificación nas universidades galegas. Coa Universidade de Santiago de Compostela creou o Instituto da Lingua Galega (ILG) en 1971 e o Instituto Universitario de Ciencias Neurolóxicas Pedro Barrié de la Maza ese mesmo ano; e coa Universidade de Vigo o Instituto de Electrónica Aplicada Pedro Barrié de la Maza (1990). Ademais,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre galego, conde de Traba. Aliouse con Diego Xelmírez para defender os dereitos de Afonso Reimúndez, de quen era titor xunto coa súa muller, como rei de Galicia, fronte ás aspiracións de Afonso I de Aragón. Coa proclamación de Afonso Reimúndez como rei (Afonso VII, 1111), a liñaxe dos Traba converteuse nunha das máis destacadas e influentes na corte ata a primeira metade do s XIII. Foi encarcerado pola Raíña Urraca en 1123.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Lieiro (Cervo). De planta rectangular, foi realizado en cantaría e cachotaría e engadíuselle unha capela. Na fachada principal destaca o portalón de entrada con arco de medio punto, enriba do que se atopan tres escudos coas armas dos Arias-Conde, Luaces, Aguiar-Pardo e Pedrosa. No lintel dunha fiestra está gravada a data de 1570 que se supón é a de fundación do soar por parte dos Pedrosa, descendentes dos O’Connor de Irlanda. Ademais da capela acaroada, conta cun hórreo de boas dimensións nas proximidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador de probable orixe galega. As súas cantigas de escarnio non conteñen datos históricos suficientes para saber onde desenvolveu a súa actividade, agás unha referencia nunha cantiga de amigo ao mosteiro de Nogueira, na provincia de Pontevedra. Algúns estudosos identificárono co xograr que se menciona na documentación sobre unha persoa, Urraca, muller dun xograr coñecido como Pedro Anes e tamén porque interpretan o seu apelido Solaz como un alcume xograresco. Aínda así, para outros o apelido poderá derivar do toponimo galego do mesmo nome e xunto co lugar que ocupan os seus textos no que constitúe un vestixio do Cancioneiro Aristocrático levan a pensar que foi un trobador. Da súa obra, repartida entre os tres principais cancioneiros, consérvanse sete composicións, divididas en catro cantigas de amor, localizadas no Cancioneiro da Ajuda, e reducidas a dúas nos cancioneiros da Biblioteca Vaticana e Biblioteca Nacional de Lisboa, e tres de amigo. Das primeiras...

    VER O DETALLE DO TERMO