"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción e efecto de dimanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso mediante o que dúas moléculas dun mesmo composto químico se combinan e dan unha dobre, á que se chama dímero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de diminuír.

    2. Cantidade en que diminúe unha cousa.

    3. Estreitamento do fuste da columna.

    4. Peza fundamental diminuída na súa largura.

    5. Nun fragmento musical, ornamento que consiste na substitución das notas dadas por outras, en número variable e de duración inferior. Foi unha das técnicas máis empregadas na época renacentista e barroca como xeito introdutorio de variacións na melodía.

    6. Nunha fuga, execución dunha melodía en notas máis breves.

    7. Fenómeno de diferenciación celular observado nos nematodos, que leva a que as células da liña xerminal teñan un número de cromosomas diferente ao das células somáticas. Isto débese a que nestas os cromosomas tenden a romperse, mentres que nas células xerminais se manteñen intactos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de dinamitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de dinamizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo palacio romano situado en Split (Croacia). Mandouno construír o Emperador Diocleciano e alí residiu dende a súa abdicación ata a súa morte. O conxunto, de planta trapezoidal, estaba rodeado por unha muralla, agás a fronte que dá ao mar, que tiña unha galería de columnas. Posuía tres portas de acceso: a porta de ferro, de ouro e de prata. As vías principais, que partían das portas, formaban unha T e dividían o palacio en tres sectores: os dous situados ao N dedicábanse a xardíns, dependencias e cuarteis, e o situado ao S iniciábase cun peristilo que daba acceso ao templo, ao mausoleo (convertido posteriormente en catedral) e á residencia. Xunto co núcleo histórico de Split foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Escribiu Vidas e sentencias dos máis ilustres filósofos, recompilación incompleta de doutrinas e vidas de filósofos en dez libros, imprescindible para coñecer as escolas filosóficas gregas. Compuxo versos en metros variados Pammetro, obra xa perdida, da que só se conservan uns epigramas fúnebres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución establecida en aplicación da Constitución promulgada en Cádiz o 19 de marzo de 1812 para o goberno do Reino de Galicia, constituído en provincia. Integrábana un presidente e un vicepresidente (designados polo goberno), sete vocais en representación de cada unha das antigas provincias (Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago e Tui), ademais dun secretario e dun vicesecretario. Constituíuse o 19 de marzo de 1813 en Santiago de Compostela, cidade que xa fora sede da Xunta Xeral do Reino de Galicia, á que a nova deputación substituía. Asumiu competencias na creación de concellos consonte o novo sistema municipalista de ordenación territorial, cálculo e recadación de tributos, e elaboración do catastro. Converteuse na instancia intermedia entre o poder central e as administracións municipais, xa que as sete provincias tradicionais perderon calquera entidade orgánica que puideran ter con anterioridade á proclamación da Constitución, e no seu período de vixencia unicamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada para o goberno, administración e promoción dos intereses da provincia de Vigo, proclamada polas Cortes españolas o 13 de xullo de 1821. Funcionou provisionalmente dende decembro de 1821 ata o 5 de maio de 1822, data na que se celebraron nos 11 partidos da provincia as eleccións para designar os seus membros. A entrada na cidade de Vigo das tropas do xeneral Morillo, que desertara e se unira coa súa guarnición de Lugo ao exército expedicionario enviado pola Santa Alianza (Os Cen Mil Fillos de San Luís), significou a súa disolución na práctica o 4 de agosto de 1823, que se consumou legalmente coa derrogación da Constitución por decreto do Rei Fernando VII en novembro dese ano. A Revolución de 1840, secundada pola Milicia Nacional e o Concello de Vigo, supuxo unha segunda e breve restauración da provincia de Vigo (21.10.1840-6.11.1840), pero tampouco se chegou a constituír como acontecera en 1836, cando un decreto gobernamental do 26 de maio (que finalmente non se chegaría...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada para o goberno da provincia de Villafranca del Bierzo (que integraba territorios das comarcas do Bierzo, Laciana e Valdeorras), proclamada polas Cortes españolas o 15 de outubro de 1821. Estableceu a súa sede no antigo convento da Compañía de Xesús (expulsada de España en 1767 e 1820), en Villafranca del Bierzo. Incluía representantes dos catro partidos nos que se dividiu a provincia (O Barco de Valdeorras, Ponferrada, Toreno e Villafranca del Bierzo). A entrada no Bierzo do exército expedicionario enviado pola Santa Alianza (Os Cen Mil Fillos de San Luís), significou a súa disolución na práctica en xullo de 1823, que se consumou legalmente coa derrogación da Constitución por decreto do Rei Fernando VII en novembro dese ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de dirixir.

      2. Consellos e ensinanzas coas que se encamiña a alguén na realización dun traballo ou nunha actuación.

      3. Arte e técnica de realización das diferentes partes dunha película. A dirección cinematográfica ten dúas funcións principais: a dirección de produción, que se encarga de todos os aspectos económicos da película, e a dirección artística, que se ocupa doutros temas, como a adaptación do guión, o control da fotografía, a dirección dos actores ou a montaxe da película.

      4. dirección de escena

        Actividade artística que ten como finalidade a creación e a construción dun espectáculo teatral a partir dun proceso de escenificación no que interveñen diversas disciplinas como a dramaturxia, a interpretación, o deseño teatral, e que en moitas ocasións se inicia a partir dun texto dramático. A dirección de escena sempre pestivo resente na historia do teatro, pero a partir dos traballos de Richard Wargner a prol dun teatro total e das experiencias dos teatros libres e dos teatros de arte, promovidos por André Antoine e Konstantin Stanislavski, a dirección de escena comezou a concibirse como unha escritura escénica na que, partindo dunha partitura literaria, o director de escena constrúe outra escénica utilizando diversas linguaxes, axentes e elementos.

      5. dirección empresarial

        Filosofía empresarial moderna que define a función do director e as súas intervencións co persoal, co obxecto de optimizar os resultados de convivencia e eficacia. É un proceso que busca a adaptabilidade da empresa ao momento histórico-social e político, e tamén ao marco legal vixente, controlando os riscos de cambio, co propósito de obter os mellores resultados das opcións que ofrece o mercado.

      6. dirección espiritual

        Guía nos asuntos relacionados co espírito. Froito dunha esixencia relixiosa, é unha práctica común a todas as formas de relixiosidade. No cristianismo, limitada nun principio ao ámbito monacal, estendeuse a toda a vida da Igrexa. Pódese exercer a través do trato persoal ou por escrito, en forma de cartas ou tratados. Entre estes últimos, na Península Ibérica destacan o Libellus de Institutione Virginum (s IV), de Leandro de Sevilla; os Confesionalia medievais, substituídos máis tarde pola Devotio Moderna; o Exercitatori, de García de Cisneros, e os Exercicios Espirituais de santo Ignacio de Loiola. Entre os ss XVI e XVIII publicáronse diversas obras tituladas Camiños Espirituais, Directorios Espirituais e Regras dos Directores. As ordes relixiosas insisten na importancia da dirección espiritual, feito que orixinou o xurdimento de diversas escolas de espiritualidade.

      7. dirección orquestral

        Arte e técnica de dirixir un conxunto instrumental ou vogal na execución dunha obra musical. O crecemento orquestral do s XIX esixiu un director especializado que interviñese cada vez máis na interpretación da obra musical. Neste mesmo século destacan na dirección, entre outros, Hans von Bülow e Hans Richter, e xa no s XX, Arturo Toscanini, Leopold Stokowski, Gustav Mahler, Bruno Walter, Otto Klemperer, Wilhelm Furtwängler, Ernest Ansermet, Herman Scherchen, Herbert von Karajan, Sergui Celibidache, George Böhm, George Solti, Pierre Boulez, Leonard Bernstein, Claudio Abbado, Helmuth Rilling, Maximino Zumalave, Odón Alonso, Enrique García Asensio e Antoni Ros Marbà.

      1. Cargo de director dunha empresa ou nunha administración.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dirección.

    2. Aplícase ás antenas que emiten ou reciben radiacións só nunha dirección ou nun ángulo moi estreito ao redor desta dirección.

    3. Aplícase aos aparatos que posúen unhas características determinadas de intensidade ou rendemento, nunha ou en diversas direccións.

      1. Que está situada ou que actúa nunha única dirección.

      2. micrófono direccional

        Micrófono que ten unha resposta máis ou menos acentuada, dependendo da dirección que siga a onda acústica incidente.

      3. altofalante direccional

        Altofalante que emite o son con máis intensidade dependendo da dirección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de direccional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Función f: O → {0,1} definida por f(x) =1 se x é un número racional, e por f(x)=0 se x é un número irracional. É a función característica de N en O.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de discreto.

    2. Facultade de actuar ou de decidir segundo o propio xuízo.

    3. Aplícase ao servizo de transporte colectivo que non fai viaxes regulares e depende dos seus intereses ou da conveniencia dos usuarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de discreto.

    2. Facultade de actuar ou de decidir segundo o propio xuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non está sometido a regras e depende da vontade, criterio ou discreción dalgunha persoa ou autoridade.

    2. Aplícase ao servizo de transporte colectivo que non fai viaxes regulares e depende dos seus intereses ou da conveniencia dos usuarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de discrecional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de discriminar.

    2. Infravaloración dun grupo humano por parte doutro. Prodúcese, sobre todo, por causas relixiosas, económicas, étnicas, lingüísticas ou sexuais.

      1. Diferenciación, comunmente cualitativa, entre dous ou máis obxectos.

      2. Comportamento polo que un estímulo recibe unha resposta, mentres que outro estímulo provoca outra diferente ou non produce ningunha.

    3. Eliminación dos sinais que entran nun circuíto electrónico, menos os que teñen unha determinada característica.

    4. Posibilidade de vender a prezos diferentes un mesmo produto nun período de tempo, en condicións de competencia imperfecta, como é o caso dos monopolios. O vendedor pode establecer diferencias de prezo segundo as características do comprador, ou segundo o uso ou o lugar xeográfico ao que vaia destinado o produto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de disecar un animal morto para que se conserve e manteña a aparencia de vivo.

    VER O DETALLE DO TERMO