"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
-
Tecido de sostemento modelado, chamado tamén tecido cartilaxinoso. De orixe mesodérmica, é resistente, elástico e deformable. Está constituído por condrocitos (células cartilaxinosas) e por unha substancia intercelular formada por fibras coláxenas e por un cemento amorfo. Carece de vasos sanguíneos, polo que ten unha escasa actividade metabólica. Existen tres variedades: a cartilaxe hialina, que no ser humano forma unha gran parte do esqueleto embrionario, o revestimento das superficies articulares do adulto, as cartilaxes costais e a maior parte dos elementos que forman o esqueleto das vías respiratorias; a fibrocartilaxe, que forma os discos intervertebrais, a sínfise púbica e algunhas partes dos labros articulares e dos meniscos; e a cartilaxe elástica, que forma a orella externa, a trompa de Eustaquio, a epiglote, as pequenas cartilaxes da larinxe e as cartilaxes máis pequenas dos bronquios.
-
Calquera das pezas formadas por tecido cartilaxinoso.
-
-
-
Relativo ou pertencente á cartilaxe.
-
Aplícase a calquera parte dun vexetal que ten unha consistencia semellante á do tecido cartilaxinoso, como o talo de certas algas ou o endosperma de moitas sementes.
-
Peixes que pertencen á clase dos condritios, que reciben este nome co fin de distinguilos dos pertencentes á clase dos osteitios ou peixes óseos.
-
cartilaxe.
-
-
-
-
Libro no que se aprende a ler as primeiras letras do alfabeto.
-
cartilla agrícola
Documento creado dentro do marco de reformas normativas impulsadas cara á metade do s XIX, nun clima de cambios moderados e de constitución do sistema educativo liberal español. Nese momento, os gobernantes sentiron a conveniencia de que os escolares tivesen coñecementos racionais de agricultura para mellorar tecnicamente as producións agrarias e garantir así uns mellores rendementos. Así, no 1848 ditouse un Real Decreto para a elaboración dun Catecismo de Agricultura e duns Elementos de Agricultura española destinados a uso escolar. Aprobouse o texto de Alejandro Oliván, Manual de Agricultura, que se comezou a utilizar nas escolas como tal cartilla agrícola a partir de 1849; os seus contidos comezaron a formar parte dos programas das escolas elementais completas ata que desapareceron en 1901. Con todo, en 1909 unha real orde animaba os mestres a que ensinasen nocións de agricultura aos seus alumnos. Por este motivo, apareceron abondosas cartillas agrícolas ou...
-
-
-
Caderno onde se anotan datos persoais.
-
cartilla de aforros
Caderno no que se anotan as entradas e saídas de diñeiro dunha conta bancaria que unha persoa realiza coa intención de levar o seu control.
-
cartilla de racionamento
Libriño no que se establece a distribución de produtos básicos entre a poboación en períodos de escaseza ou conflito.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente política baseada na Carta Constitucional (abril de 1826) outorgada por Pedro IV de Portugal que propugnaba unha lenta transición do absolutismo cara ao liberalismo, concedía amplos poderes ao monarca e beneficiaba as clases privilexiadas. Estivo en vigor entre 1826 e 1828, de 1834 a 1836 e desde 1842 ata a proclamación da República en 1910.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento reformista inglés promovido polas clases populares entre 1837 e 1848, apoiadas pola Asociación de Traballadores de Londres. O dirixente máis destacado foi Feargus O’Connor. En 1838 presentou no Parlamento a People’s Charter que reclamaba, entre outras cuestións, o sufraxio universal, o voto secreto e a limitación das lexislaturas a un ano, pero o Parlamento nunca as aprobou. En 1842, e posteriormente en 1848, presentaron unha segunda e terceira petición que tampouco prosperaron.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cartismo.
-
-
Relativo ou pertencente ao cartismo.
-
Partidario do cartismo.
-
Partidario do cartismo.
-
-
-
Diñeiro cuñado en metal ou en papel cun valor determinado polos responsables bancarios que se emprega para os intercambios comerciais. OBS: Emprégase normalmente en plural.
-
Moeda feita primeiro de billón e despois de cobre, cuñada en Castela desde o s XV ata o XIX, cun valor de catro marabedís.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘mapa xeográfico ou carta’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Confeccionar e trazar mapas ou cartas xeográficas.
-
ENTRADA LARGA
Arte e ciencia que ten por obxecto a concepción, redacción e realización de mapas, ademais da súa utilización. Comprende o conxunto de estudios e operacións científicas, artísticas e técnicas que, a partir da observación directa ou da explotación dunha documentación, interveñen na confección de mapas, planos e outras formas de expresión cartográfica, como os diagramas, os cartogramas, os cartodiagramas ou as representacións tridimensionais, como os mapas en relevo, etc. O obxectivo final da cartografía debe ser o mapa como unha representación xeométrica plana, simplificada e convencional, de toda ou parte da superficie terrestre, cunha relación de similitude proporcionada, é dicir, a escala.
VER O DETALLE DO TERMO
O proceso cartográfico
O proceso de elaboración do material cartográfico consta basicamente de tres etapas: obtención de datos, debuxo do mapa e reprodución. O desenvolvemento paralelo dos procedementos empregados nas tres etapas de produción cartográfica conduciu á cartografía... -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cartografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica a confeccionar mapas ou cartas xeográficas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mapa de formas esquemáticas e estilizadas no que se dá preferencia á información estatística, presentada a miúdo en forma de diagramas e formas xeométricas simples, coa superficie proporcional ao que se quere representar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cartón delgado, liso e duro que se emprega para a realización de traballos manuais e para a elaboración de tarxetas, diplomas, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica baseada na interpretación do azar por medio das cartas de xogo e que consiste no prognóstico, emitido polo adiviño, dos feitos futuros concernentes a unha persoa. Empréganse as cartas ordinarias ou as simbólicas, chamadas do tarot. No primeiro caso, o adiviño identifica o consultor cunha figura do xogo tendo en conta a súa idade, o sexo e outras características persoais, e extrae, por un procedemento variable, as cartas que dan soporte á predición.
-
-
Relativo ou pertencente á cartomancia.
-
Que ou quen practica a cartomancia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da cartografía que se ocupa da medición das distancias sobre os mapas coa axuda dunha escala.
-
-
Material ríxido, máis groso có papel ordinario, que se obtén da pasta de papel ou do prensado de follas de papel húmidas, sobrepostas unhas sobre outras. Sométese a tratamentos diversos segundo o uso ao que vaia destinado; así, existe o cartón embreado (impermeable), o cartón de amianto (illante térmico e eléctrico), etc.
-
Recipiente feito de cartón que serve para conter distintos produtos.
-
-
Obxecto plano de forma rectangular feito en cartolina ou en plástico onde figuran os datos da persoa á que pertence.
-
cartón de crédito
Tarxeta provista dunha banda magnética que serve para efectuar operacións financeiras sen necesidade de posuír cartos en efectivo, que emite unha entidade financeira a nome dunha persoa.
-
cartón de visita
Cartón pequeno onde figura o nome, o enderezo, o teléfono, a profesión, ou outros datos e que se usa como sinal de visita ou para indicar a residencia.
-
-
-
Anaco de papel ou cartolina que os árbitros ou xuíces de diversas disciplinas deportivas, especialmente en deportes de oposición por equipos, empregan para comunicar determinadas sancións disciplinarias.
-
cartón amarelo
Indicativo da amoestación disciplinaria contra un xogador ou técnico por incorrer nalgún tipo de conduta antirregulamentaria ou antideportiva. Emprégase en determinadas disciplinas deportivas como o fútbol, o balonmán, etc.
-
cartón azul
Tarxeta que indica no fútbol sala unha sanción de dous minutos coa que se sanciona a un xogador que cometeu algunha infracción.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manufactura de obxectos ou obras de cartón.