"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada xunto á igrexa parroquial de Santa María de Lira (Carnota). Erixido entre 1779 e 1814, as súas dimensións son semellantes ás do hórreo de Carnota.
-
-
Relativo ou pertencente ás litráceas.
-
Planta da familia das litráceas.
-
Familia de plantas herbáceas ou leñosas, da orde dos mirtais, que presenta follas simples, opostas ou verticiladas, flores xeralmente actimorfas, hermafroditas e de ovario súpero e froito en cápsula. Inclúe 24 xéneros e cerca de 500 especies.
-
-
FILOSOFOS
Filósofo e pedagogo. Exerceu a súa profesión en Bonn e en Leipzig, onde sucedeu a Spranger. Elaborou unha teoría da personalidade que analizaba a persoa en función do conxunto de accións e reaccións que se establecía entre ela e o mundo histórico-cultural en que vivía. Escribiu Individuum und Gemeinschaft (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Escribiu máis dun centenar de zarzuelas, que oscilaron entre as de pequena extensión e a revista. Da súa produción destacan Los presupuestos de Villapierde, El mozo crúo, Episodios nacionales, Los tres maridos burlados, La corte del Faraón (1910) e La capa encantada, con texto de Jacinto Benavente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Dirixiu Las Provincias (1911-1949) e foi director delegado do Centre de Cultura Valenciana (1940-1949). Escribiu narracións, a biografía Eduardo Escalante (1934) e a crónica de guerra Los valencianos en San Sebastián (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e xornalista. Adquiriu e dirixiu o xornal La Opinión, que se denominou posteriormente Las Provincias. Poeta e autor dramático na súa mocidade, a influencia de Marià Aguiló decantouno cara ao catalán. Da súa produción destacan Versos de la juventud (1920) e Poesies valencianes (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político británico. Deputado por Caernarvon (1890-1945), opúxose á Guerra dos Boers, e formou parte do gabinete de Campbell-Bannerman (1905) onde presidiu o Board of Trade. Chanceler do exchequer, (1908) impulsou as leis sobre as pensións de vellez (1908) e da seguridade social (1911), financiadas cun imposto especial sobre as grandes fortunas e a propiedade da terra, aprobado polo parlamento malia a oposición da Cámara dos Lores. Como primeiro ministro (1916-1919), favoreceu a unificación militar aliada, pero na Conferencia de París (1919) opúxose ás pretensións de Clemenceau sobre Renania e Alta Silesia. O recoñecemento da República de Irlanda (1921) e a súa política antiturca durante a Guerra Greco-turca provocaron unha crise do seu goberno e a súa dimisión. Permaneceu á fronte do Partido Liberal e foi nomeado conde en 1944. Contribuíu activamente á recuperación da cultura galesa e publicou War Memories (1933-1936) e Memoirs of the Peace Conference (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás lobeliáceas.
-
Planta da subfamilia das lobeliáceas.
-
Subfamilia de plantas, da familia das campanuláceas, que comprende unhas 450 especies, a maioría propias de países tropicais.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás loganiáceas.
-
Planta da familia das loganiáceas.
-
Familia de plantas, xeralmente leñosas, que presenta follas simples e opostas, flores tetrámeras ou pentámeras, coa corola infundibuliforme ou unceolada, agrupadas en cimas e de froitos en cápsula, baga ou drupa. Consta dunhas 500 especies, case todas tropicais.
-
-
-
Relativo ou pertecente ao lomento.
-
Que é semellante ao lomento.
-
-
PERSOEIRO
Escritor finlandés. Coñecido como Eino Leino, contribuíu como poeta lírico ao triunfo do neorromanticismo sobre o realismo. Publicou Helkavirsiä (Cantos Helka, 1903-1906), escolma de baladas e lendas populares, e Bellerophon (A arpa do vento, 1919). Como dramaturgo intentou revivir o teatro finlandés con pezas como Lalli (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cerambícido.
-
-
Que presenta un predominio da lonxitude sobre outras dimensións.
-
Aplícase ao biotipo dos individuos caracterizados, segundo a biotipoloxía italiana, por ter os membros longos, en relación co tronco, talla alta, tórax longo e delgado, panículo adiposo pouco desenvolvido e músculos fláccidos e longos. Corresponde ao tipo leptosomático de Kretschmer.
-
-
GALICIA
Naturalista. Realizou numerosos estudios sobre fauna e contribuíu ao establecemento do coñecemento científico na Galicia da súa época. Mantivo contacto con moitos científicos notables da época, como Darwin, cos que colaborou dunha forma activa. Das súas obras destacan Fauna Mastológica de Galicia (1861-1863), Reseña de la historia natural de Galicia (1870), Identidad de Lacerta schreiberi (Bedriaga) y Lacerta viridis, var Gadwii (Boulanger) e investigaciones herpetológicas de Galicia (1884), Bosquejo histórico de la botánica española (1897) e Nouvelle espece de batracien anoure des Iles Philippines (1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. Foi celeireiro na Coruña ata a exclaustración xeral de 1835. Deixou o convento para levar a cabo un destacado labor apostólico e foi capelán da confraría das Ánimas. Escribiu Colección de Sermones, inédita.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras e cantería portugués. Traballou, a partir de 1570, na capela maior da igrexa de Santa María a Maior de Pontevedra e no claustro do mosteiro de Poio. Realizou en Santiago de Compostela o mausoleo do arcebispo Blanco, rematou os engadidos da fachada do Hospital Real e encargouse de deseñar sete capelas da igrexa de San Martiño Pinario (1593) e dous corpos da fachada principal (1597). En 1600 de-señou o muro do convento de San Paio de Antealtares cara á praza da Quintana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás lorantáceas.
-
Planta da familia das lorantáceas.
-
Familia de plantas leñosas, parasitas ou hemiparasitas, da orde das santalais, que presentan follas simples, coriáceas, opostas ou verticiladas, flores co periantio de 4 a 6 divisións e co ovario ínfero, dispostas en acios, espiga ou cima, e froitos drupáceos ou baciformes. Inclúe preto de 1.500 especies, propias sobre todo das rexións tropicais.
-
-
PERSOEIRO
Poeta latino, fillo de Marco Aneo Mela e sobriño de Séneca. Foi educado en Roma e perfeccionou a súa instrución en Atenas, onde compuxo diversos poemas, que se perderon, como Iliacon, sobre a Guerra de Troia, ou Catachthonion, sobre o mundo dos mortos. En Roma, Nerón acolleuno no círculo dos seus amigos e, co gallo das festas que lle foron tributadas (Neronia, 60), compuxo as Laudes Neronis, polas que foi coroado como poeta e recibiu, antes da idade regulamentaria, a questura e o sacerdocio augural. Pouco despois (62), publicou os tres primeiros libros do seu poema Farsalia. Rompeu as súas relacións con Nerón, que o privou de recitar versos e de defender plets. Imbuído das ideas estoicas, anticesarianas e republicanas, foi un dos xefes da conspiración de Pisón (62); ao ser descuberta, foi detido e condenado. Foi admirado na Antigüidade, durante a Idade Media e o primeiro humanismo, e foi considerado un dos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e produtor cinematográfico estadounidense. Dirixiu THX 1138 (1971), American Grafitti (1973) e a saga espacial Star Wars (1977-2005). Tamén coproduciu e creou as películas sobre o personaxe de Indiana Jones (1981-2006), dirixida por Spielberg. En 1971 creou a compañía Lucasfilm Ltd (1971), que evolucionou a Lucas Digital Ltd, onde se inclúe Industrial Light & Magic (ILM) que se dedica aos efectos especiais e que foi galardoada cun Oscar por Forrest Gump (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor arxentino. Máximo expoñente do modernismo do seu país, o cambio na súa ideoloxía do socialismo militante a actitudes fascistas, reflíctese na súa obra. En poesía escribiu Las montañas de oro (1897), Los crepúsculos del jardín (1905), Lunario sentimental (1909), Odas seculares (1910) e a plenitude de Poemas salariegos (1927). En narrativa tratou temas como a violencia, en La guerra gaucha (1905), e literatura fantástica, en Las fuerzas extrañas (1906) e Cuentos fatales (1924).
VER O DETALLE DO TERMO