"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de mollar ou de mollarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao produto que ten a propiedade de estenderse pola superficie dos corpos cos que entra en contacto.
-
-
Impregnar ou cubrir cun líquido un corpo ou unha superficie. Na tradición oral recóllense ditos como: “Quen queira pescar, tense que mollar. O que queira comer percebes que molle o cu por eles. O que non se molla non come solla. Ceo apedrado, agro mollado”.
-
Untar algo nun líquido.
-
Humedecerse un corpo ao estar en contacto cun líquido.
-
Comprometerse nun tema ou asunto.
-
-
ILLAS
Arquipélago de Indonesia que está situado no Océano Pacífico, entre as illas Célebes ao O, Nova Guinea ao L e Timor ao SO (74.505 km2; 1.205.539 h [2000]). Forman unha provincia, con capital en Ambon. Está constituído no N polas pequenas illas volcánicas de Morotai, Bacan, Obi e a illa Halmahera, a máis grande; no centro, polas illas de Buru e Seram; e en dirección SL polo grupo das illas Tanimbar. O clima é cálido, afectado pola influencia do monzón. A vexetación é de bosque e sabana. Durante moito tempo foron as principais produtoras mundiais de noz moscada e de cravo, e tamén tiñan produción de cocos e cultivos de arroz e copra na costa. Islamizadas no s XV, foron disputadas por portugueses e casteláns e repartidas polo Tratado de Tordesillas (1494). En 1529 Carlos V cedeu os seus dereitos sobre as illas a Portugal. En 1641 os neerlandeses anexionaron o arquipélago ás súas colonias indonesias, ata que no s XVIII, a baixada do prezo das especias e a resistencia...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción granítica situada en Mondoñedo. Mandouna construír o bispo Diego de Soto en 1548 e, concibida como un pequeno templo, cubriuse con bóveda de canón para exaltar os señores da cidade, o bispo e o Emperador Carlos V, que a patrocinaron. Ten unha parte interior e outra exterior. A exterior componse dun frontispicio de arco grande onde se amosan os escudos de Diego de Soto e do emperador, e unha escaleira de descenso. A interior componse dunha cámara abovedada con píos para recoller as augas. A fachada complétase cun pequeno corpo superior que enmarca un escudo, sobre o que se alzan unha vieira e tres pináculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
monllo.
-
ILLAS
Illa pertencente ao arquipélago das Illas Cíes, cunha dirección N-S. É a máis setentrional e extensa, e a súa máxima altitude acádase no alto das Cíes (188 m), no sector N. Está unida á illa de Faro por unha formación sedimentaria areosa, Barra de Rodas, onde se atopa o lago dos Nenos, pechado no seu lado L pola praia de Rodas e ao O por un dique artificial. Na punta SO atópanse as praias máis destacadas, Figueiras e Cantareira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento que tivo lugar entre o Rei Silo (774-783) e un grupo de nobres galegos, en Montecubeiro, no actual concello de Castroverde. A vitoria de Silo tivo como consecuencia o sometemento ao seu dominio da parte oriental da actual provincia de Lugo, aínda que sen que se establecesen vínculos sólidos coa monarquía astur.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao pé da serra homónima e delimitado ao S polo río Guadalete (6.679 h [2001]). É unha zona rica, con bosques e pastos que favorecen a gandaría equina, lanar e porcina; ademais conta con pequenas industrias derivadas do sector primario, como a elaboración de aceite.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate que tivo lugar arredor de Montiel en 1369 e que rematou coa vitoria do futuro Enrique II de Castela, axudado por Bertrand Du Guesclin, sobre o seu irmán Pedro I. Pouco despois, no curso das negociacións de paz, Pedro I foi asasinado.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en La Campiña, ao pé da serra de Cabra (22.925 h [2001]). O termo pertence a unha rexión de viños de gran calidade, e é un centro comercial e industrial con fábricas de alcol e de augardente, fariñeiras e curtidoiras. Conserva o pazo dos duques de Medinaceli e a casa de Garcilaso de la Vega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista. Ingresou no PSOE e na UGT en 1978, foi elixido alcalde de Cornellà de Llobregat (1985-2004) e membro da comisión executiva federal do PSOE desde 2000. Presidente da Diputación de Barcelona (2003-2004), foi nomeado ministro de Industria, Comercio e Turismo en 2004.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Feito de armas ocorrido na montaña de Montjuïc, fronte a Barcelona, o 26 de xaneiro de 1641, durante a Guerra dos Segadores. As forzas catalano-francesas derrotaron o exército de Filipe IV, que atacara desordenadamente o castelo de Montjuïc. Desmoralizado, o exército castelán retirouse a Tarragona.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Murcia, situado ao NO do sistema montañoso do Campo de Caravaca (8.593 h [2001]). A agricultura é a principal actividade económica, cun predominio do regadío con cultivos de froiteiras, hortalizas e forraxe. Tamén ten importancia a gandaría. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo situado no núcleo antigo, reconstrución dunha antiga fortaleza árabe; e atopáronse restos iberos en Los Castillos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da orde dos pecizais, que presenta o carpóforo oco con pregaduras lonxitudinais e anastomosadas de cor parda e un pé longo e branco. Entre as especies deste xénero está a M. esculenta, de 6 a 15 cm de altura, sombreiro alveolado, ovoide e de cor parda ou parda amarelada, e que nace na primavera en terreos ricos en humus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embutido feito coa tripa grosa do porco, que se enche cunha mestura de sangue do animal, azucre, fariña e outros ingredientes. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “Ao comer as morcillas rin a nai e as fillas; e ao pagar, todas son a chorar”.
-
GALICIA
Escritor. As súas obras, tanto en prosa como en verso, reflicten coa súa sinxeleza un fondo lirismo. Realizou diversas traducións utilizando o coñecemento das linguas e literaturas europeas que influíron na súa obra. Entre 1948 e 1952 elaborou a revista literaria Mensajes de Poesía. Da súa produción en castelán destacan La muerte de la Luna (1936), El bosque encantado (1947), Éxtasis (1948), Los amantes (1949) e Los oficios (1952). Autor da escolma poética de Manuel Antonio (1979), en galego escribiu os libros de poemas A realidade esencial (1955), Paisaxe en rocha viva (1958) e Os nobres carreiros (1970); e as obras en prosa Follas devagar (1972), Primaveira no lor (1974), Fogo solto (1976) e O libro dos mortos (1979). Foi membro da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana (2.715 h [2001]). A agricultura é basicamente de secaño, e predominan os cereais e as patacas. A industria está pouco desenvolvida, e tradicionalmente contou con obradoiros téxtiles e talleres de reparación de automóbiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Conviviu nos seus tempos de estudante con membros da Xeración do 27, e a súa formación liberal levouno a un estilo cheo de imaxinación sen caer no sentimentalismo. Publicou os libros Garba (1913), Evoluciones (1918), Carambas (1931) e La noche del verbo (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Campo Lameiro baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO