Mondoñedo, fonte vella de

Mondoñedo, fonte vella de

Construción granítica situada en Mondoñedo. Mandouna construír o bispo Diego de Soto en 1548 e, concibida como un pequeno templo, cubriuse con bóveda de canón para exaltar os señores da cidade, o bispo e o Emperador Carlos V, que a patrocinaron. Ten unha parte interior e outra exterior. A exterior componse dun frontispicio de arco grande onde se amosan os escudos de Diego de Soto e do emperador, e unha escaleira de descenso. A interior componse dunha cámara abovedada con píos para recoller as augas. A fachada complétase cun pequeno corpo superior que enmarca un escudo, sobre o que se alzan unha vieira e tres pináculos.