Mondoñedo, mestre de

Mondoñedo, mestre de

Nome co que se coñece ao pintor vinculado co estilo gótico hispanoflamengo que centrou os seus traballos en Mondoñedo. O seu estilo caracterizouse por cubrir grandes extensións de parede e distribuílas por medio de franxas en compartimentos, que decoraba cunha arte moi lineal e xeneralizadora nos rostros; ademais incluía epígrafes explicativas sobre a temática desenvolvida. Decorou con pinturas as paredes da nave central da catedral de Mondoñedo e pintou a segunda capa de pinturas da igrexa de San Martiño de Mondoñedo en Foz. Tamén traballou na capela de Santa Filomena do Cuadramón (Valadouro) e no santuario de Nosa Señora da Ponte de Ribadeo.