"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Construción situada en Salceda de Caselas. Ten forma de U con dous andares, que se comunican por unha escaleira cunha solaina con balaustrada. Destaca a porta de entrada ao predio, flanqueada por dous cubos, con cruces sobre remates semiesféricos, e o escudo de armas dos Correa. Nos arredores conta cun hórreo e unha capela de planta rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Aguís (Os Blancos). O seu cumio acada os 1.183 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no Obre (Noia). Data de principios de 1900 e aproveitou materiais e elementos doutras épocas. Na fachada ten dúas torres de planta cadrada entre as que se dispón a fachada. Nun patio consérvase o claustro románico do antigo mosteiro de San Xusto de Toxos Outos (Lousame), que foi trasladado en 1920. O seu estilo imita a arquitectura barroca compostelá. Aínda que existen referencias documentais do s XVI, o seu estado actual débese aos vizcondes de San Alberte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiso. Trátase dunha gran vivenda de planta rectangular que destaca pola súa gran cheminea. Nun lado conta cun patio cuberto e nos arredores están os hórreos e un pombal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sancovade (Vilalba). Está formada por varios corpos engadidos en distintas épocas. Na planta baixa ten portas de entrada ao pazo e á capela. Na fachada destacan os lenzos que enmarcan os vans. Sobresae o balcón con ménsulas de pedra nun dos laterais. Os muros son de cachotaría de lousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Couso de Limia (Sandiás). Está formado por dous edificios anexos construídos en diferentes épocas, un a mediados do s XVI e outro cara a 1758. Presentan planta baixa e primeiro piso, e o máis antigo ten un patio interior. Ten unha capela separada da edificación, datada en 1670.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Silvarredonda (Cabana de Bergantiños). Das súas ruínas só se conserva unha torre de planta cadrada e remate ameado. O acceso realízase a través dun arco de entrada de medio punto. Na parte frontal leva unha pedra de armas que alude aos Bermúdez, Castro e Rioboo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Rutis (Culleredo). Ten planta rectangular formada por dous corpos laterais de dous pisos e faiado, e un corpo central de dúas alturas. De composición simétrica, destaca o soportal e a galería do sueste. Na fachada principal conserva un escudo de Linares Rivas. A propiedade está amurallada e ten un gran portal á entrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Moreiras (Toén). Foi edificado sobre un forte desnivel do terreo que se salvou cun muro de contención. De planta rectangular, ten dous andares. O acceso ao piso superior realízase por unha escaleira en forma de L que se localiza no patio. No patio ergueuse unha capela, un hórreo e a casa dos caseiros. Non ten pedra de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa María de Salceda (Salceda de Caselas).Ten planta en forma de U e dúas alturas; á principal accédese por unha dobre escalinata con solaina, sostida por columnas e cunha balaustrada. O recinto completouse cun hórreo e unha capela exenta de grandes proporcións e planta rectangular, e está rodeado dunha muralla cun gran portal de acceso que leva o escudo de armas dos Correa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Portas. Fundado cara a 1600 por Luís Mosquera, conta cun edificio principal, un patio e distintos edificios secundarios anexos ao muro de peche. Destacan os tres escudos do portón coas armas dos Caamaño, Somoza, Pereira, Figueroa e Mosquera, entre outros. Nas súas proximidades sitúase a capela e unha torre que delimita o patio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Castelo (Taboada). Ten planta en forma de L cun patio aberto con arcadas en dúas frontes de arcos e con corredor no primeiro andar ao que se accede por unha escaleira exterior. Ten balaústres e antepeito sobre o que descansan columnas cortas e cadradas. Desde a planta nobre accédese á tribuna da capela. Na parte posterior, entre os cubertos e a vivenda dos caseiros, atópase a torre de planta cadrada que puido pertencer, xunto a vivenda dos caseiros, a unha edificación anterior. Conta cunha fonte de granito que ten a data de 1788.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Calvor (Sarria). Conta con tres corpos, dous laterais e un central, e unha torre de maior altura ca os demais corpos con tres pisos. Realizouse en cachotaría de lousa agás nas partes nobres, onde se construíu en cantaría de granito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á vista que percibe ben.

    2. Que demostra agudeza e sagacidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Modisto. Establecido en Barcelona, abriu a súa propia casa de modas en 1942 e posteriormente en Madrid (1946) e noutros lugares de España. Especializouse na alta costura desde a década de 1960. As súas creacións caracterízanse por unha gran fantasía e orixinalidade. Foi nomeado Comendador de la Real Orden de Isabel la Católica (1969) e recibiu a Medalla de Oro de la Universidad Complutense de Madrid (1993), Medalla del Fomento de Artes Decorativas (1994) e Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes (1999). En 2004 celebrouse unha exposición antolóxica da súa obra no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se manifesta obstinado nunha opinión, nunha crenza ou nun propósito.

    2. Que persiste no tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Paco Pestana, na súa produción interpreta, desde a provocación, o humor e a ironía, un mundo poboado de obxectos usados, mesturados con novas estruturas. Aproximouse ao surrealismo, ao organicismo e ao dadaísmo, e traballou a pedra, o ferro e a madeira en estado natural, combinados con pezas de metal e elementos cotiáns. Na súa temática identificouse co rural e buscou reflectir as culturas ancestrais e a esencia do home. Realizou Trabe de xuntura (1982), Relicario de amor e outros desazos (1983) e Réquiem por unha raposa (1992). Cultivou tamén a poesía e publicou El Parapeto (1995). Ten obra, entre outras, nas coleccións Caixa Galicia e Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Corzáns (Salvaterra de Miño). Construída en cantaría, ten planta en forma de L e leva anexada unha torre de planta cadrada. Provista de vans rectangulares, destaca o portal da entrada e o muro, con remate en pináculos e un escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Licenciado en Belas Artes, na especialidade de gravado, caracterizase polo seu costumismo onírico e infantil, inscrito nunha escenografía festiva que aglutinou seres humanos, artefactos voadores, animais domésticos ou especies vexetais. Inspirouse en estilos tan variados como o graffiti, o cómic, o deseño gráfico e a figuración libre da década de 1980. Destaca La fortaleza (1996), Bodegón e iglesia (1997) e La catedral de Santiago (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Piadela (Betanzos). De estilo neoclásico, foi construída en 1728 e ten planta en forma de escuadra con dúas alturas. Na fachada principal destaca o escudo de armas de X. Sánchez Vaamonde, arcediago da catedral de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO