Peregrina, pazo da
Peregrina, pazo da
Construción situada en Rutis (Culleredo). Ten planta rectangular formada por dous corpos laterais de dous pisos e faiado, e un corpo central de dúas alturas. De composición simétrica, destaca o soportal e a galería do sueste. Na fachada principal conserva un escudo de Linares Rivas. A propiedade está amurallada e ten un gran portal á entrada.