peregrinación

peregrinación

(

  1. s f [RELIX]

    Acción de peregrinar.

  2. s f [HIST/RELIX]

    Práctica devocional que consiste en visitar colectivamente ou individualmente un santuario para acometer alí actos especiais de relixión: devoción, penitencia ou voto, entre outros. É un fenómeno coñecido en case todas as relixións que presupón a idea de que en determinados lugares se manifesta o poder divino. Herodoto describe a afluencia de grandes masas en Bubastis. As solemnidades da Pascua ou as dos tabernáculos atraían os israelitas a Xerusalén. Coñécense as peregrinacións a diversos santuarios ou ríos sagrados do hinduísmo ou a visita devocional dos xaponeses aos santuarios da deusa Kuanon. No cristianismo destacan as peregrinacións a Terra Santa, ás tumbas dos apóstolos en Roma e á tumba do Apóstolo Santiago en Compostela. Algúns peregrinos deixaron un testemuño escrito como o de Exeria (381-384?).