peregrino -na

peregrino -na

(< lat peregrīnu)

  1. adx

    Que anda viaxando polo mundo.

  2. adx e s

    Que ou quen fai unha romaxe a algún santuario.

  3. adx

    Aplícase a certas aves migradoras.

  4. adx

    Que é raro.

    Ex: Ten ideas moi peregrinas.

Refráns

  • A san Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.
  • Bordón e cabaza é vida folgada.
  • No Camiño de Santiago tanto anda o coxo coma o sano.
  • No Camiño Francés venden gato por res.
  • ¡Malla o pelengrín que di mal do seu bordón!