Peregrinos, hospital de
Peregrinos, hospital de
Construción situada en Monterrei. Localízase dentro do recinto do castelo de Monterrei, detrás da porta principal. Fundouse para albergar os peregrinos que acudían a Santiago de Compostela. Consérvase a fachada gótica e algúns restos románicos. A portada ten arco oxival con catro arquivoltas. No tímpano sitúase Xesús Cristo entre as figuras do tetramorfo. O arco está flanqueado polas figuras da Anunciación baixo doseis oxivais.