"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Catedrático de Lingua española na Universidad Complutense de Madrid e membro da Real Academia Española. É autor de libros e artigos sobre numerosos aspectos da gramática española e compilador dalgúns volumes de diversos autores sobre esas mesmas cuestións. Foi director do Curso Superior de Filoloxía Española da Universidad Internacional Menéndez Pelayo e da colección Gramática del español da editorial Taurus. Impartiu diversos cursos en numerosas universidades españolas e estranxeiras e foi profesor visitante nas universidades de Louvain, Utrecht, Minnesota, Ohio e Sophia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bosque de pequena extensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resumir algo cunha delimitación aproximada dos seus trazos.

    2. Delinear calquera obra ou proxecto, empregando só os elementos fundamentais do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto ou efecto de bosquexar.

    2. Debuxo feito só cos trazos esenciais. En xeral, trazos que pinta calquera artista antes de comezar a súa obra. Adoitan ser uns debuxos ou uns toques de pintura feitos á présa, con poucas liñas, diante de algo e que serve para recordar diversas características como a figura, a disposición, a cor, etc.

    3. Primeiro esbozo dunha idea publicitaria. En ocasións, as axencias de publicidade envían o boceto aos medios de comunicación, indicando o tipo de letra que se vai utilizar e o lugar que ocupa o texto e a imaxe, como paso previo á entrega do orixinal rematado. Antes de que as axencias de publicidade incorporaran a informática, a maior parte dos bocetos realizaríanse a man alzada, de xeito que o director de arte debía recorrer ao deseño. Hoxe, coa axuda dos ordenadores, pódense realizar bosquexos moito máis completos e acabados, axilizando moito máis o proceso.

    4. Debuxo orixinal que serve para realizar o definitivo selo de correos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence ao pobo bosquimán.

    2. Individuo do pobo bosquimán.

    3. Pobo africano, que forma xunto co hotentote, a raza chamada khoisan. Os bosquimáns son de baixa estatura (1,52 m de media) e presentan, especialmente as mulleres, un arqueamento moi acentuado da columna vertebral na rexión esteatopixia e sacrolumbar. No s XVIII as migracións cara ao sur dos pobos bantúes obrigáronos a refuxiarse no deserto de Kalahari. Practican a caza e a súa unidade sociopolítica é a horda de cazadores.

    4. Lingua africana da familia joisana e do grupo sudafricano central tamén denominado hotentote. Fálase en Sudáfrica, concretamente no deserto de Kalahari. Contabilizáronse uns 50.000 falantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de música baseada, sobre todo, na samba e noutros bailes do Brasil, e influída polo jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador e debuxante francés. Foi profesor na Académie Royale (1648-1661). Influído por Jacques Callot, a súa obra analiza a descrición e a crítica de detalles, costumes, a arquitectura, etc, da sociedade francesa coetánea. Publicou Suite de gravures de mode à la manière de Callot (Serie de gravados de moda ao xeito de Callot, 1629) e Traité des manières de graver en taille douce (Tratado das maneiras de gravar en talla suave, 1645).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou Pedagoxía e Historia da Arte. Dedicouse á fotografía de viaxes, recompilando material das súas visitas a Sumatra, Siam, a India e o Extremo Oriente. Estivo no Tíbet entre 1927 e 1929. Volveu á India e a China como correspondente do xornal Münchner Illustrierte Presse para realizar entrevistas con Chang-Kaishek e Mao Zedong. Estivo tamén presente no voo do Zeppelin ao Ártico no 1932. En 1939 traballou como correspondente do Neue Zürcher Zeitung, viaxando pola Península Balcánica e Oriente Próximo. Asistiu á conferencia fundacional da ONU en 1945 e despois dun accidente en Corea en 1953 abandonou a súa profesión como reporteiro gráfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte italiano. Artista neoclásico, foi o precursor da Pinacoteca Brera de Milán (1802). É autor de Discorso sulla utilitá política delle arti del disegno (Discurso sobre a utilidade política da arte do debuxo, 1805), Del cenàcolo di Leonardo da Vinci (Sobre o cenáculo de Leonardo da Vinci, 1810) e Saggio di ricerche intorno all’armonia cromatica naturale e artificiale (Ensaio sobre a busca da harmonía cromática natural e artificial, 1821), onde se ocupou do uso moderadamente naturalista da cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema, empregado nos EE UU, que consiste na influencia predominante do boss, termo equivalente a amo, xefe ou cacique, nas organizacións políticas locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, escritor e orador. Bispo de Condom, da Gascoña (1669-1671) e de Meaux (1681-1704), encargouse da educación do delfín, fillo de Luís XIV (1670-1678) para quen escribiu Discours sur l’histoire universelle (Discurso sobre a historia universal, 1681), obra na que mantiña que é a providencia a que impulsa a historia. Interveu na querela fronte ao quietismo de Fénelon. Entre as súas obras destaca Histoire des variations des Églises protestantes (Historia das variacións das Igrexas protestantes, 1688), na que combateu a Reforma. Foi o teórico da monarquía absoluta sobre o dereito divino. A súa obra política máis importante é Politique tirée des propres paroles de l’Écriture Sainte (Política baseada nas propias palabras da Escritura Santa, 1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés, adaptador e guionista de cine. Colaborou con Jean Aurenche; ambos os dous constituíron unha sólida base para o cine francés de 1940 a 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excremento do gando vacún.

    2. Gran cantidade de excremento que fai o gando dunha vez. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “As bostas fan as espigas, e as espigas fan o pan”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir con bosta a aira para que no proceso de malla non se mesture o gran coa terra.

    2. Protexer con bosta as fendas do forno para que conserve ben a calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto coleóptero da familia dos escarabeidos ou dos xeotrúpidos que se alimenta tanto de adultos como na fase larvaria de excrementos, especialmente de bostas.

    2. bosta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cotra, vermella e pouco elástica, que se forma na pel dos animais logo dunha ferida. A ruptura do tecido superficial desencadea unha serie de reaccións onde interveñen leucocitos e trombocitos que, xunto coa fibrina, provocan a formación do coágulo. A bostela impide a perda de sangue e dificulta a penetración de axentes patóxenos.

    2. Ferida pequena con carapola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia e concello de Muras. Ten 757 m de altitude máxima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da vertente oriental da serra do Farelo, na parroquia de Cutián, concello de Antas de Ulla. O seu cumio está a 588 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO