"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Entidade cultural xurdida en Ourense en 1972 baixo o patrocinio da Deputación Provincial de Ourense. Os seus fins fundacionais foron o fomento e a promoción dos estudios locais e provinciais. O seu primeiro director foi Emilio Duro Peña e o seu secretario. Logo de publicar diversos libros, desapareceu a comezos da década de 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade cultural dependente da Fundación Provigo y su Área. Edita o Boletín do Instituto de Estudios Vigueses e monografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instituto con sede en Vigo e dependente do CSIC creado en 1951. Desde a súa fundación ata 1978 actuou como laboratorio pertencente ao Instituto de Investigacións Pesqueiras de Barcelona. Neste ano independizouse e adoptou o nome de Instituto de Investigacións Pesqueiras de Vigo; a denominación actual recíbea en 1986. Os seus traballos de investigación céntranse fundamentalmente no campo da oceanografía das rías e das plataformas galegas, bioloxía e semicultivo de bivalvos (mexillón, berberecho, etc), bioloxía e pesca dos peixes peláxicos (sardiña, xurelo, etc), conservación de produtos mariños ou o impacto ambiental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade que se encarga de establecer estándares nas novas tecnoloxías relacionadas coas telecomunicacións para que se poidan empregar sen problemas en todos os países europeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Economía e Facenda, creado en 1988 como instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade cultural creada o 6 de abril de 1964 na Coruña co obxectivo de potenciar os estudios sobre a cidade herculina. Xurdiu baixo iniciativa do concello e do seu alcalde Eduardo Sanjurjo de Carricarte, que foi o primeiro presidente do padroado. Promove estudios de carácter científico, artístico, literario, económico, social ou industrial que afecten á cidade. Publica monografías e unha revista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público, creado en 1975, dependente do Ministerio de Educación e Ciencia e que ten a súa orixe no antigo Patronato de Protección Escolar (1944). A súa principal finalidade é a promoción e asistencia do estudante a través da concesión de bolsas e axudas para que poida continuar os seus estudios nos distintos niveis do sistema educativo ou outros estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público español autónomo, adscrito ao Ministerio de Economía. Creado en 1945, leva a cabo os servicios estatísticos necesarios para o Estado e a coordinación doutras estatísticas confeccionadas por outros organismos oficiais. Publica numerosos datos estatísticos, entre os que destacan o índice mensual do custo da vida, os censos de poboación, o IPC e a EPA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro estatal español, con carácter científico e técnico, creado en 1942 e dedicado a tarefas de estudio, desenvolvemento, inspección e normalización en temas aerospaciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é ou está fóra do tempo.

    2. Que resulta molesto porque é inoportuno ou inconveniente ou non se desenvolve no tempo adecuado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está comprendido entre dous ou máis astros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reagrupación molecular, ao azar ou dirixida, dos diferentes ácidos graxos que, esterificados co glicerol, constitúen os triglicéridos; aplícase tamén á esterificación dos ácidos graxos con glicerol. As reaccións prodúcense por quentamento e en presenza de catalizadores. A posibilidade de producir triglicéridos dunhas características desexadas fai que esta técnica permita obter aceites e graxas alimenticios de calidade funcional superior a partir de produtos de inferior calidade. Co fin de evitar a fraude polo que respecta á calidade e á orixe, a interesterificación para a obtención de aceites e graxas comestibles está totalmente prohibida no Estado español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intercalamento de niveis de natureza diferente nunha serie sedimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao material que se depositou entre dous ou máis estratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame cinematográfico internacional fundado en Berlín en 1951. É un dos referentes mundiais da exhibición de cine. Anualmente entrega os seus galardóns nas diferentes categorías do festival, entre as que destaca o Goldener Bär, o seu premio máis destacado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que non fixo testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pena do dereito romano que consiste en non poder testificar nin recorrer ao testemuño doutro que se lle impuña a aqueles que, despois de prestar testemuño, negaban posteriormente os feitos declarados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao intestino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocorre no interior, especialmente nun corpo social, civil ou doméstico.

      1. Conduto que forma parte do tubo dixestivo e que vai desde a rexión gástrica ata o ano. Nalgúns animais, como os insectos, o intestino está formado por todo o tubo dixestivo, e divídese en anterior, medio e posterior. Nos vertebrados está dividido en intestino delgado, que ten unha función secretora e de absorción, e é onde van parar os zumes pancreático, biliar e do mesmo intestino, e intestino groso, que ten unha función defecadora e de reabsorción de auga. Estas rexións están ben diferenciadas morfoloxicamente en réptiles, paxaros e mamíferos. No home, o intestino delgado vai do píloro ata a válvula ileocecal. É un tubo cilíndrico con múltiples curvaturas en forma de U, chamadas asas intestinais. Comprende, en sentido descendente, o duodeno, o xexuno e o íleo.

      2. intestino cular

        recto.

      3. intestino primeiro

        duodeno.

    2. Urocordado da clase dos ascidiáceos, de corpo cilíndrico, verdoso, esbrancuxado e arrubiado, que acada ata 20 cm. É bentónico e solitario, cosmopolita e moi común no Mediterráneo.

    3. Enfermidade do miserere ou oclusión intestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO