"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Provincia de Sicilia (4.992 km2; 1.198.644 h [1991]). A súa capital é Palermo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portorriqueño. Xunto a José Isaac de Diego tentou fundar un movemento poético baseado no son e coñecido como diepalismo. Da súa obra, moi influída polo espazo en que viviu de neno, destacan Azaleas (1915), Pueblo negro (1926), Tuntún de pasa y grifería (1937) e Poesía (1957), que constitúe unha recompilación de poemas escritos entre 1915 e 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensibilidade para percibir vibracións que se explora mediante diapasóns de vibración lenta, colocados sobre zonas cutáneas que recobren superficies óseas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Designación tradicional do antigo país de Canaán ou de Israel, sobre todo a partir da revolta xudía de 132-135, en que a anterior Xudea formou parte da provincia romana de Siria. Tamén se chama Terra Santa e o seu nome relaciónase cos antigos filisteos. Está repartida entre os estados de Israel e Xordania.

    Xeografía
    Para o dereito internacional, Palestina é unha área de 27.000 km2situada ao O do río Xordán. Ao N queda delimitada polos últimos contrafortes do Hermón e as montañas do Hauran (1.830 m), e ao S polo deserto de Negueb. De N a S, o val do Xordán divídea en dúas partes: Cisxordania ao poñente, ata o Mediterráneo, e Transxordania ao Levante, ata o deserto de Siria. Transxordania presenta unha serie de vales en dirección L-O, ata a depresión do Xordán, mentres que Cisxordania se caracteriza pola cadea montañosa que a atravesa en dirección N-S polo centro do país. Ao NO, o macizo montañoso de Galilea (1.208 m) ten unha importante derivación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de operacións militares que durante a Primeira Guerra Mundial deron o control de Palestina e Siria a Reino Unido. O intento turco de apoderarse do canal de Suez (febreiro de 1915), fracasado por unha contraofensiva dos británicos, levou a estes á campaña. O xeneral Allenby ocupou Gaza e Xerusalén (1917). Conquistada tamén Damasco (setembro de 1918), en outubro os franceses tomaron Beirut, e tres días despois Turquía solicitou o armisticio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Palestina ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Palestina.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lugar destinado a efectuar a loita ou a practicar deportes, na Antigüidade clásica. Estaba constituído por unha edificación con perístilo, rodeada de vestiarios e baños. En Grecia, este edificio estaba anexado ao ximnasio e en Roma, ás termas.

      2. Exercicio da loita na Antigüidade.

    1. Lugar público en que se celebran certames literarios ou se discute sobre calquera asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Roma, Lacio, Italia (15.555 h [1991]). A Praeneste romana constituía o único paso a Roma polo val do río Sacco, percorrido pola vía latina. Sometida por Roma tras a Guerra Latina (338 a C), durante a Idade Media pertenceu á familia Colonna, que lla disputaron aos papas. Convertida en principado (1449), adquirírona os Barberini. Do seu patrimonio cultural destaca o palacio Colonna-Barberini (s VII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Discípulo de Mallapert e Lebel, foi recoñecido en toda Europa como un dos mellores compositores do seu tempo, xa que levou á perfección os procedementos tradicionais da composición. É autor dun cento de misas de catro a oito voces, dun milleiro de motetes de catro a doce voces, oito ladaíñas, 66 ofertorios, 15 lamentacións, 56 madrigais espirituais e un centenar de profanos, ademais de salmos, cánticos ou himnos. Das súas misas é especialmente célebre a Missa Papae Marcelli (1567), a seis voces.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Utensilio ou ferramenta, de madeira ou metal, relativamente pequeno, xeralmente de forma plana e ampla, e provisto dun mango curto, que se emprega para coller ou remover algunha cousa.

      2. Ferramenta que consiste nun anaco de chapa ou prancha de aceiro de forma triangular, fixada a un mango, que empregan os albaneis para amasar ou aplicar morteiro á obra.

      1. Lámina fina de madeira, de forma xeralmente oval e provista dun burato por onde pasa o dedo polgar para sostela, en que o pintor dispón as cores para pintar.

      2. Gama de cores que o pintor adoita empregar na súa obra.

      1. Peza ou parte de peza máis ampla e menos grosa dun aparato, un obxecto ou un instrumento, que xeralmente move algo ou se move pola forza dun axente.

      2. Aleta dunha hélice ou dun rotor.

    1. Parte inferior do esterno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de gran, carbón, morteiro ou outra materia que se pode coller dunha soa vez cunha pa ou cunha paleta.

    2. Golpe dado cunha paleta.

    3. Traballo que realiza o albanel cada vez que aplica o material coa paleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba das paredes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abrigo longo de pano groso e cinguido na cintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi aprendiz de Federico de Madrazo e estudou en Italia, onde coñeceu a pintura clásica. Especializouse en pintura de tema histórico e nos retratos. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en 1872, director da Real Academia de Bellas Artes de Roma en 1882 e director do Museo Nacional del Prado. Acadou medallas nas Exposiciones Nacionales de 1862, 1866 e en 1871 co lenzo El 3 de mayo de 1808.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e teólogo. Ordenado sacerdote en 1946, foi profesor en Madrid, Roma e Nova York, e desde 1972 foi profesor de filosofía comparada de relixión e de historia das relixións en Santa Barbara (California). Das súas obras destacan Kultmysterium in Hinduismus und Christentum (1964), Religión y religiones (1965), The Trinity and the Religious Experience of Man (1973), Paz y desarme mundial (1991, primeiro premio de ensaio Antonio Machado) e El silencio de Buddha: introdución al ateismo religioso (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político italiano. Simpatizante do Partito Nazionale Fascista, defendeu o intervencionismo económico. Das súas obras destacan Erotemi di economia (1925 e, Principi di economia pura (1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Panteón situado na igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Acolle as tumbas dalgúns dos máis destacados personaxes galegos do campo político, literario e artístico. A iniciativa xurdiu dos emigrados en Cuba, que contactaron con Xoaquín Díaz de Rábago, presidente da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, para que os restos de Rosalía de Castro fosen os primeiros en trasladarse ata o lugar, feito que ocurreu o 25 de maio de 1891. Posteriormente, trasladáronse as cinsas de Alfredo Brañas e alí foron enterrados Francisco Asorey, Ramón Cabanillas e Domingo Fontán. O 28 de xuño de 1984 os restos de Afonso R. Castelao foron trasladados ata a antiga capela do Santo Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota. Loitou contra os franceses cando a illa pasou aos seus dominios co Tratado de Versailles (1768), pero foi derrotado en Pontenuovo (1769) e fuxiu a Gran Bretaña. En 1790, a Francia revolucionaria fíxoo gobernador de Bastia e tentou (1793) recuperar a independencia corsa, pero fracasou e volveu exiliarse en Gran Bretaña (1795).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político. Participou nas Guerras Balcánicas e durante a Segunda Guerra Mundial fomentou a resistencia contra o Eixe. Prendido e deportado a Alemaña, ao ser liberado, o goberno grego outorgoulle o rango de mariscal (1947). En 1949, con poderes especiais, rematou a guerra civil. Tres anos despois presidiu o goberno e impuxo en Grecia unha política filooccidental.

    VER O DETALLE DO TERMO