"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Está situada na parroquia de Castrelo (Forcarei). Realizada en lousa, é de estilo románico. De tres pisos, o terceiro alberga as campás; no exterior conta cunha escaleira de caracol e cunha punta de frecha como remate da cornixa. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal ruso. Destacou sobre todo nas guerras napoleónicas. Despois de exercer o cargo de ministro de Guerra (1810), foille dado o mando do principal exército que se enfrontou á invasión napoleónica de Rusia (1812). Posteriormente foi dirixente do exército expedicionario dese país que invadiu Francia no 1814. O Tsar Alexandre I outorgoulle os títulos de conde (1814) e de príncipe (1815).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico, crítico e guionista. Iniciouse profesionalmente en 1951 con Luís García Berlanga codirixindo algunha película e como guionista de Bienvenido Mr. Marshall (1952). No ano 1955 realizou Muerte de un ciclista, un filme crítico sobre a ditadura franquista instaurada en España. Fundou tamén a revista Objetivo que foi clausurada pola censura, coa que tivo que loitar ao longo de moitos anos para sacar adiante os seus filmes. Foi presidente da produtora Uninci. Outras películas súas son Calle Mayor (1955), Sonatas, baseadas na obra de Valle Inclán (1959), Nunca pasa nada (1963), El último día de la guerra (1969), Variétés (1970), La corrupción de Chriss Miller (1972), El poder del deseo (1975), El puente (1976), Siete días de enero (1978), La...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán postkantiano. Foi profesor en Sttugart desde 1790 ata a súa morte. O seu fundamento psicolóxico da metafísica derivou cara a unha especulación lóxico-ontolóxica ao xeito de Hegel. Entre as súas obras salientan Allgemeine praktische Philosophie (Filosofía práctica xeral, 1795) e Grundriss der ersten Logik (Esbozo da lóxica primeira, 1800).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da illa de Borneo, Indonesia. Nace na cadea montañosa central da illa, e desemboca no mar de Xava, preto de Bandjarmasin, logo dun percorrido duns 900 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato de calcio e bario, de fórmula BaCa(CO3)2. Cristaliza no sistema monoclínico; os cristais son pequenos, prismáticos, a miúdo reunidos en drusas ou en agregados bacilares. É translúcida, de cor branca ou amarela, de boa exfoliación e brillo vítreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En grego, aplícase a unha palabra que leva o acento grave sobre a vogal final, ou que ten a última sílaba átona.

      1. Cantante de voz masculina, máis grave ca a do tenor e menos ca a do baixo, dunha extensión aproximada entre o sol 1 e o sol 3.

      2. Nunha familia de instrumentos de vento, instrumento que pola súa afinación ou extensión ocupa o lugar correspondente ou semellante ao do barítono entre as voces humanas.

      3. Nos países xermánicos, refírese ao bombardino, chamado tamén euphonium.

      4. En certos países de área cultural anglosaxona, instrumento tenor da familia do bugle. Equivale ao tenorhorn xermánico.

      5. Instrumento cordófono, da familia dos laúdes, con cordal (corda fregada), variante grave da viola de amor, creada en Alemaña no s XVII e que caeu en desuso a mediados do s XIX. En Italia recibiu o nome de viola di bordone. Cunhas dimensións semellantes ás do violonchelo, ten seis ou sete cordas melódicas de tripa e un número variable de cordas metálicas que resoan por simpatía (ou son tocadas en pizzicato).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pneumoconiose provocada pola inhalación de po de sulfato de bario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que se produce ao aplicar un campo magnético de intensidade progresiva e lentamente variable a unha substancia ferromagnética; a imantación resultante prodúcese dun xeito discontinuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abolicionista, tamén coñecido co nome de Frederick Douglass. Foi un escravo fuxitivo que dedicou a súa vida á loita pola emancipación dos escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Islas Canarias, situado ao N da illa de La Palma (2.488 h [1996]). Esténdese polos límites do antigo reino guanche de Fagaragre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lado da embarcación de onde sopra o vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Islas Canarias, situado ao N da illa de La Palma (2.488 h [1996]). Esténdese polos límites do antigo reino guanche de Fagaragre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Deputado nos Estados Xerais (1788), chegou a ser presidente deles (1791). Logo da fuxida frustrada de Luís XVI (xuño de 1791), aconsellou o establecemento dunha monarquía constitucional moderada e fixo votar a súa inviolabilidade. A Convención condenouno a morte e foi guillotinado. É autor, entre outras obras, dunha Introdution à la Révolution française (Introdución á Revolución Francesa) publicada postumamente no 1843.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno mediante o que un corpo ferromagnético desimantado adquire un momento magnético cando se fai xirar rapidamente. O efecto oposto é o efecto de Einstein-de Haas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Na poesía iniciouse con La gaia gioventù (A alegre xuventude, 1938), onde se manifestaba xa a súa ansia relixiosa; Il meraviglioso giardino (A marabillosa horta, 1941) e Il veliero sommerso (O veleiro somerxido, 1949) son obras que, xunto con outras, forman a antoloxía L’angelo attento (O anxo atento, 1968). Pola contra, as Elegie di Croton (Elexía de Croton, 1959) constitúen unha análise irónica pero afectuosa dos costumes. Como narrador destaca con Giornate di Stefano (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio da serra da Edreira, na parroquia de Castro de Laza (concello de Laza). Ten 1.406 m de altitude máxima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos órganos sensibles á distensión das paredes nas que están situados. Regulan a presión sanguínea e a frecuencia cardíaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo regulador da cantidade de combustible que, nas turbinas de gas para usos aeronáuticos, compensa a presión de acordo coas variacións de presión atmosférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Lara, Venezuela, á beira do río Turbio (692.599 h [1992]). É o centro dunha rexión agrícola, núcleo industrial e centro comercial. Posúe minas de cobre. A cidade foi fundada no 1552 por Juan de Villegas co nome de Nueva Segovia de Barquisimeto.

    VER O DETALLE DO TERMO