"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ácido fórmico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro termo da serie dos alcohois alifáticos saturados, que ferve a 64,7°C e funde a -94°C. Prepárase por síntese a partir dunha mestura de CO e H2 (gas de auga), segundo a reacción CO + 2H2 "MS Gothic"; "MS Gothic" >⇋ CH3OH ou por oxidación do metano. Emprégase como disolvente, como combustible e na fabricación de anticonxelantes para automóbiles. OBS: Tamén recibe os nomes de carbinol e alcohol metílico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcoholato derivado do metanol, formado por un grupo metoxi máis un metal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido sulfónico derivado do metano por substitución dun hidróxeno por un grupo -SO3H. Emprégase como catalizador en síntese orgánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
metanóxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos microorganismos estritamente anaeróbicos que crecen en presenza de dióxido de carbono e producen gas metano. Atópanse en solos anóxicos, lodos de augas residuais e vertedoiros, e tamén na microbiota dos ruminantes e das termites.
-
-
Relativo ou pertencente ao metatarso.
-
Aplícase a cada un dos cinco ósos do metatarso.
-
-
PERSOEIRO
Xeneral e político grego. Tras a abdicación de Constantino ; I marchou ao exilio do que regresou en 1926. Propugnou a restauración monárquica. Foi presidente do Consello (1936), instaurou un réxime totalitario e foi nomeado presidente do goberno vitalicio. Exerceu o poder ditatorialmente e levou a cabo brutais represións no interior do país. Morreu cando as tropas gregas entraban vitoriosas en Albania.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fumigante que se utiliza, mesturado co dicloropropeno, para a desinfección dos terreos de cultivo en horticultura intensiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico que pertence ao grupo dos bencimidazois e que actúa como funxicida de aplicación foliar de amplo espectro. Ten carácter preventivo e curativo e acción secundaria sobre os ovos dos ácaros.
-
PERSOEIRO
Poeta, científico e folclorista ucraíno. Doutor en Filoloxía Eslava polas universidades de Khàrkiv e Kiev, escribiu poesía de xénero histórico-romántico e sobre temas diversos. Destacan as obras Sirótnika (O orfo) e Dobruj den (Bos días).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(ss III - IV) Escritor grego e pai da Igrexa. Posible bispo de Filipos, escribiu Symposion, que influíu nos ascetas posteriores, e morreu martirizado. A súa festividade celébrase o 18 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Tesalónica 815 - Moravia 885?) Eclesiástico, apóstolo dos eslavos. Foi enviado, xunto co seu irmán san Cirilo, a evanxelizar a rexión do Mar Negro. Á volta, foron enviados a Moravia, onde evanxelizaron os eslavos, inventaron a escritura glagolítica, que despois se chamou cirílica, traduciron o Evanxeo ao eslavo e organizaron o clero. Iconograficamente adoita aparecer representado co seu irmán Cirilo, e visten indumentaria episcopal, xeralmente ao estilo oriental. Levan como atributo un cadro en que se representa o Xuízo Final e adoitan soster na man unha maqueta dunha igrexa ou unha cruz (propia dos evanxelizadores). A súa festividade celébrase o 14 de febreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en Nova York en 1880. A diferenza dos grandes museos europeos, os seus fondos foron reunidos por iniciativa privada. Ten coleccións de arte exipcia, grega, romana, oriental e europea, especialmente pintura do s XV. Conta con seccións de arte contemporánea, armas, indumentaria e instrumentos musicais. En 1938 inaugurouse a sección de arte medieval, The Cloisters, situada nun edificio independente, no que se colocaron monumentos trasladados desde Europa, dos que destacan o claustro de Sant-Guilhem-del-Desert e o templo Dender, regalado a EE UU polo goberno exipcio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro de ópera de Nova York, en Broadway, inaugurado en 1883. Estreouse con Fausto e nel representouse, sobre todo, ópera italiana. Tiña capacidade para máis de 3.600 espectadores e nel actuaron as máis importantes figuras de Europa. Derrubouse en 1996 e déuselle o mesmo nome ao novo teatro que se construíu no Lincoln Center de Nova York, cunha capacidade para 3.800 espectadores.
-
REXIÓNS
Rexión de Chile (15.349 km2; 6.189.964 h [estim 2001]). A súa capital é Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a unha metrópole.
-
-
Relativo ou pertencente a un arcebispo.
-
arcebispo metropolitano
Arcebispo que está ao cargo dun arcebispado metropolitano.
-
-
2 metro.
-
-
PERSOEIRO
Filólogo alemán. Estudou filoloxía románica e árabe nas universidades de Colonia e París e doutorouse cun traballo sobre o teatro relixioso de Tirso de Molina. Desde 1962 dirixiu o seminario de filoloxía románica da Universidade de Münster. Especialista en literatura medieval, é autor de diversos estudos de crítica literaria e de edicións de textos casteláns (Historia de la Donzella Teodor, La Celestina), cataláns e franceses (Roman de Tristan, Villon). Ademais fixo diversas edicións e ensaios de obras medievais da literatura galega como a das Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio (1959-1972), das que elaborou diferentes edicións en Galicia e Portugal. Foi coeditor da revista Ibero-Amerikanisches Archiv e dirixiu a colección La Littérature dans la Péninsule Ibérique aux XIVe et XVe siècles (1983-1985). É membro da Rheinisch-Westfälische Akademie der Wissenschaften e membro correspondente da Academia de Ciências de Lisboa (2002) e da Akademie der Wissenschaften en...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Contribuíu á difusión do tema do antropocentrismo, entendido a través do manifesto Cristliche Anthropozentrik (Antropocentrismo cristián, 1962). En Glaube in Geschichte und Gesellschaft (Fe na historia e sociedade, 1977), sinalou a dobre estrutura mística e política da teoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Cultivou o neoimpresionismo e o fauvismo, e desde 1908 adscribiuse ao cubismo, para volver logo ao realismo. Pintou Femme face et profil (1917) e escribiu, xunto con A. Gleizes, Du cubisme (1912).
VER O DETALLE DO TERMO