"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plancto formado por organismos de pequenas dimensións, como por exemplo as diatomeas e os dinoflaxelados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esporanxio dos pteridófitos heterosporios, que produce micrósporas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canal de Occitania, de 241 km de lonxitude, que une, a través do Garonne, o Océano Atlántico (Bordeos) co Mar Mediterráneo (Sète).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria británica fundada en 1836. Seguiu un continuo proceso de concentración que a converteu no primeiro banco privado de Reino Unido, no período anterior á Primeira Guerra Mundial. Tomou o nome en 1923.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zimbabwe (49.166 km2; 1.307.769 h [1992]). A capital é Gweru (124.735 h [1992]).
-
REXIÓNS
Rexión de Reino Unido, no centro de Inglaterra, situada ao S dos contrafortes meridionais da cadea Penina, entre Gales e a costa oriental. É unha ampla planicie ondulada, regada polo río Trent e o alto Severn e que constitúe unha zona de transición entre o macizo antigo da cadea Penina e a conca de sedimentación do Támesis. Ten unha grande importancia económica, cunha tradicional riqueza agrícola e explotación de minas de carbón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Dominicano e doutor en Teoloxía, secularizouse en 1802 e foi un independentista mexicano. Foi autor de Cartas de un americano al español (1811-1812) e Historia de la revolución de Nueva España (1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto alemán. Formouse no estudo de Peter Behrens, foi membro do Novembergruppe e do Zehner Ring e un dos fundadores da revista G (Gestaltung, ‘forma’). Tivo tamén contactos con compoñentes do Stijl e con construtivistas rusos, e foi director da Bauhaus (1930-1933). En 1921 realizou os proxectos de rañaceos e en 1922 o palacio de oficinas de formigón, onde subliñou o valor intrínseco da estrutura metálica, a apertura do espazo interior e a súa relación co exterior, aspecto que potenciou na obra que realizou en Europa: a casa de ladrillos (1923), o monumento a Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg (Berlín, 1926), o pavillón alemán da Exposición Internacioanl de Barcelona (1929) ou a casa Tugendhat (Brno, 1930). En 1937 emigrou a EE UU, onde dirixiu o departamento de arquitectura do que sería o Illinois Institute of Technology. En 1944 naturalizouse estadounidense. Nesta etapa deu preferencia aos volumes, aínda que depurou os materiais construtivos. Destacan o campus da...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen migra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Michelangelo Buonarroti.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galardón literario anual instituído en 1974 coa intención de premiar unha obra literaria completa que contribuíra ao patrimonio cultural hispánico. A Real Academia Española de la Lengua, as academias doutros países de fala hispana e os premiados en anos anteriores encárganse da presentación dos candidatos. O xurado, presidido polo ministro de Cultura e Educación, outorga o premio nun acto solemne que se celebra o día 23 de abril e que ten unha dotación económica de 90.000 euros. Dos galardoados cómpre destacar a Jorge Guillén (1976), Dámaso Alonso (1978), Jorge Luis Borges e Gerardo Diego (1979), Rafael Alberti (1983), Gonzalo Torrente Ballester (1985), Camilo José Cela (1995), Francisco Umbral (2000) e Gonzalo Rojas (2003).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Vic 1591 - Valladolid 1625) Relixioso. De nome Miquel Argemir i Mitjà, en 1603 ingresou no convento dos trinitarios descalzos de Barcelona e en 1608 no de Oteiza (Iruña). Posteriormente foi nomeado prelado do convento de Valladolid (1622-1623). Foi canonizado en 1862. A súa festividade celébrase o 14 de maio.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val de Cigüela, ao N da cidade de Alcázar de San Juan (4.935 h [2001]). A economía baséase na agricultura, na gandaría e nas industrias alimentarias de fariñas e augardente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Romanía (1927-1930 e 1940-1947) e príncipe de Hohenzollern-Sigmaringen, fillo de Carlos II e de Helena de Grecia. Sucedeu a seu avó Fernando I, que desherdou o seu pai. Pero, en 1930, o seu pai derrocouno e proclamouse rei (Carlos II). Converteuse en príncipe herdeiro ata que foi proclamado rei en 1940 e tivo que aceptar a imposición dun goberno pro-nazi. Ocupado o país polos rusos, estes impuxéronlle un goberno comunista e tivo que abdicar en 1947 e exiliarse. Reside en Suíza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca xacobita de Antioquía. Escribiu unha Crónica, que chegou ata os anos 1194-1195.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (811-813), xenro de Nicéforo I. En 811 sucedeu a Estauracio coa axuda dos iconólatras. Este feito desagradou de tal maneira ao exército, iconoclasta na súa maior parte, que se rebelou e proclamou emperador ao estratego León V o Armenio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (820-829). De familia humilde, conseguiu o mando da garda palatina. Encarcerado e condenado a causa dun complot, á morte de León V foi liberado e proclamado emperador, e con el quedou instituída a dinastía amoriana ou frixia. Durante o seu reinado, os árabes procedentes da Península Ibérica ocuparon Creta (824), e outros, procedentes de África, iniciaron a conquista de Sicilia (827).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (842-867), fillo e sucesor de Teófilo. Home famoso pola súa torpeza e luxuria, abandonou o poder nas mans do seu tío Bardas. Baixo o goberno deste, a Igrexa eludiu a autoridade de Roma e consumou o cisma (858). Unha vez establecida a guerra contra os árabes, quixo asumir o mando do exército e foi derrotado en Samosata (859).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (1034-4101). Subiu ao trono pola vontade de Zoé, a emperatriz viúva de Romano III, coa que casou o mesmo día que morreu violentamente o emperador. Home incapaz para o exercicio da política, deixou todos os asuntos de goberno nas mans do seu irmán Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (1295-1320), fillo primoxénito de Andrónico II. Asociárono ao trono en 1295. Combateu sen éxito á fronte do exército bizantino contra os otománs, que se estableceran xa definitivamente en Asia Menor.
VER O DETALLE DO TERMO