"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Matemático grego. É autor dunha Colección matemática en oito volumes. Enunciou, ademais, algúns teoremas xeométricos propios.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Recta que non ten ningún punto común con outra que existe no mesmo plano.
-
axioma da paralela
Quinto postulado de Euclides.
-
-
Trincheira con parapeto que se abría paralelamente ás defensas dunha praza.
-
Aparato ximnástico que se emprega en competicións masculinas, e que consiste en dúas barras paralelas que descansan sobre catro postes de ferro verticais e fixos, de altura regulable. Serven para practicar exercicios de forza, sostemento e oscilación. As denominadas paralelas asimétricas só se utilizan en competicións femininas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a forma dun paralelepípedo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prisma que ten seis caras, todas elas paralelogramos. Cando o prisma é recto e todas as caras son rectángulos, denomínase ortoedro. O hexaedro é o único paralelepípedo que é poliedro regular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
paralelinervio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á folla cos nervios dispostos paralelamente.
-
-
Calidade de paralelo.
-
Correspondencia ou concordancia por semellanza entre dúas persoas ou cousas.
-
Recurso literario que consiste na repetición dunha estrutura semántica ou sintáctica con pequenas variacións. Cómpre distinguir catro tipos de paralelismos: o sintáctico, en que se repiten construcións complexas formadas por un verbo e os seus complementos; o léxico, en que aparecen repetidos elementos léxicos conectados entre si semanticamente; morfolóxico, en que se repiten os morfemas; e fonolóxico, onde se repiten os fonemas. No apartado literario, en poesía é mester distinguir entre paralelismo sinónimo, cando entre versos paralelos se repite a mesma idea; paralelismo antitético, en que se expresan ideas contrapostas en versos paralelos; e paralelismo sintético, en que, en versos paralelos, o segundo completa o sentido do primeiro.
-
Capacidade de executar simultaneamente operacións similares ou comparables.
-
Doutrina que nega toda relación causal entre materia e espírito e afirma a independencia e coincidencia dos fenómenos propios da realidade física e dos que pertencen ao ámbito psíquico. Modalidades diferentes desta doutrina son o ocasionalismo de Malebranche, a teoría de Spinoza de que a extensión e o pensamento non son senón dous modos finitos da única substancia existente, a infinita, e a harmonía preestablecida de Leibniz. OBS: Tamén se denomina paralelismo psicofísico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta paralelismo.
-
-
-
Aplícase aos planos que, ou ben coinciden totalmente, ou ben non teñen ningún punto en común.
-
Aplícase á unha recta ou a un plano que, ou ben a recta está contida no plano, ou ben non teñen ningún punto en común.
-
Aplícase ás rectas que teñen a mesma dirección. No plano, se dúas rectas non se cortan, son paralelas.
-
-
-
Que vai en igual dirección, que mantén a mesma distancia ou que tenden ao mesmo resultado.
-
Que algo ocorre ao mesmo tempo ca outra cousa.
-
-
-
Comparación que se fai entre dúas persoas ou cousas.
-
Comparación en que se resaltan as semellanzas ou diferenzas entre dous personaxes. Foi un exercicio retórico familiar na Antigüidade.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que aparece nalgúns casos de hemiplexía. O doente non pode mover espontaneamente o membro afectado, pero reproduce con el os movementos pasivos executados polo membro san.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se usa en osteometría para proxectar verticalmente calquera dos puntos osteométricos.
-
-
Relativo ou pertencente ao paralelogramo.
-
Que consiste nun paralelogramo.
-
-
-
Cuadrilátero que ten os lados opostos paralelos e, por tanto, iguais. As diagonais dun paralelogramo córtanse no seu punto medio, denominado centro do paralelogramo. Se un paralelogramo ten os catro lados iguais, denomínase rombo. Se os catro lados son perpendiculares, denomínase rectángulo. Os paralelogramos que son rombos e rectángulos denomínanse cadrados. A área dun paralelogramo resulta de multiplicar a lonxitude dun lado, que se denomina base, pola distancia que o separa do seu paralelo, denominada altura.
-
Regra práctica para sumar graficamente vectores, segundo a que a suma a + b de dous vectores a e b, non paralelos e con orixe común, é o vector que ten a mesma orixe común e que se determina pola diagonal correspondente do paralelogramo que os vectores a e b determinan.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obxecto matemático que xeneraliza a noción de paralelepípedo nun espazo de dimensión n.
-
-
Relativo ou pertencente aos paralepídidos.
-
Peixe da familia dos paralepídidos.
-
Familia de peixes, da clase dos osteíctios, que presentan corpo alongado e maxilares grandes. Son peixes depredadores que se alimentan doutros peixes e crustáceos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno da lectura que se caracteriza pola substitución das palabras do texto por palabras sen sentido.
-
GALICIA
Urólogo. Ocupou diversos cargos en distintos organismos, como no Instituto Nacional de la Seguridad Social e no Instituto Social de la Marina, e foi xefe do equipo de uroloxía do Hospital Universitario San Carlos. Da súa produción destacan Pronóstico y tratamiento de las enfermedades urológicas, Patología quística renal e Hiliosinuquistosis renal, una nueva entidad nosológica? Ingresou na Orden Civil de Alfonso X el Sabio (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo, escritor e realizador cinematográfico. Traballou para a Farm Security Administration (1942-1943). En Life (1949-1970) realizou reportaxes sobre a situación da poboación negra e traballou en publicidade para Vogue, cun estilo directo e realista que o converteu nun recoñecido fotoxornalista. Cofundador do Essence Magazine, explorou diversos campos artísticos, como a música ou o cine, e realizou filmes como The Learning Tree (1969), baseado no libro autobiográfico homónimo, e Shaft (1971). Publicou os libros Flash Photography (1947) e Voices in the Mirror (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Documento de finais do s VI que se refire ás circunscricións administrativas levadas a cabo en territorio galego baixo os reinados suevos de Teodomiro e Miro, entre 572 e 582. Ao abandonarse as formas de organización territorial romanas, foi necesaria a elaboración dunha nova división do territorio, en 13 sedes ou dioceses, e estas en parroquias, que constituían o centro dun distrito territorial. A expansión do estado dos suevos completouse coas colonizacións agrarias realizadas por mosteiros como o de Dumio.
-
PERSOEIRO
Poeta. Licenciado en Historia da Arte, publicou numerosos estudos sobre pintores e artistas modernos e contemporáneos. A súa poesía evolucionou dun primitivo hermetismo a un posterior intimismo. Destacan as súas obras I giorni sensibili (1941), Per strade di bosco e di città (1954), L’apparenza non inganna (1966), Replay (1980), L’incertezza amorosa (1992), Ut pitura (1997) e Poesie (2000). Recibiu o premio de poesía Dino Campano 2001.
VER O DETALLE DO TERMO