"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • PERSOEIRO

    Poeta e narrador. Cursou estudios de dereito na Universitat Autònoma de Barcelona. A súa obra poética comprende os libros: Rexistro de menores espantos (1973), Os preludios (1980) e   Libro de Caldelas (1982). Algúns dos seus poemas foron musicados por Miro Casabella, como “O meu país”, ou por Bernardo Xosé, como “O afiador”. Realizou en colaboración co seu pai, Manuel Casado Nieto, unha escolma de poetas europeos titulada Mostra antolóxica de poetas contemporáneos (1981). Como narrador é autor das novelas O inverno do lobo (Premio Blanco Amor 1985) e Os brasileiros (1986). Xunto con X. M. Salgado publicou   X. L. Méndez Ferrín   (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Publicou os poemarios Hamlet y otros poemas (1985), Tú no tienes el cabello de Van Gogh (1988), El espíritu de Rembrandt (1988) e Un libro de horas (1992). Foi galardoado co Premio Hernán Esquío (1983), co Premio Rodrigo de Cota (1987) e co Premio Esquío (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante de ópera. Discípula de Luis Rodríguez de Cepeda, actuou ao lado do tenor Julián Gayarre no Teatro Real de Madrid e noutros importantes teatros líricos de Europa. Destacou na interpretación das óperas Aida, L’africaine e Les Huguenots.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Pasou a súa infancia en Xinzo de Limia por causa do traballo do seu pai, que era mestre. En 1952 trasladouse a Ourense para estudiar o bacharelato no Seminario Conciliar. Alí, por vez primeira, viviu represións, como a prohibición de falar galego, e descubriu a literatura galega e a propia vocación literaria. En 1959, dous anos despois de abandonar o seminario, gañou o primeiro premio do Concurso Provincial de Cuentos de Navidad, feito que lle deu a posibilidade de coñecer a Vicente Risco, quen o orientará cara ao galeguismo. En 1961 comezou os estudios de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1967. Foi daquela cando empezou a relacionarse con núcleos estudiantís galeguistas e iniciou a súa amizade con Ramón Piñeiro. No ano 1967 detívoo a policía xunto co profesor José Luís Aranguren. Nos anos sesenta asistiu a algunhas xuntanzas do Consello da Mocidade e en 1964 integrouse na Asociación Democrática de Estudiantes....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante. Discípulo de Joan Vicens, en 1882 estudiou no obradoiro de Carolus Duran en París, onde pintou un autorretrato vestido de andaluz que foi admitido no Salón de 1883. En 1890, con Rusiñol e Miquel Utrillo, instalouse no Moulin de la Galette en Montmartre, etapa destacada con cadros como Plein air (1891) e Ball al Moulin de la Galette (1893) e caracterizada, no que respecta ao debuxo, pola influencia de Toulousse-Lautrec, Steinlein e Forain. De regreso a Barcelona, realizou unha serie de obras que amosaban a conflitividade social da época como Garrote vil (1894), La càrrega (1902) e a vida popular como Ball de tarda (1895) e Processó de Santa Maria del Mar (1896). Na plenitude do modernismo, representou a conxunción do realismo do s XVII e as suavidades impresionistas co sintetismo da pincelada e a sutileza dos tons vivos dentro dunha atmosfera agrisada. En 1897, con Rusiñol, Utrillo e Pere Romeu, abriu a cervexería...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Romper algo en anacos.

    2. Dar golpes a alguén.

    3. Dicir algo a alguén coa intención de molestar.

    4. Excitar a alguén sexualmente mediante o estímulo dos órganos sexuais coa man ou outro medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia norteamericana que acada os 15 m de altura. As follas, rematadas en punta, de ata 16 cm de lonxitude, son alternas e ovadas con marxe dentada e base redondeada. As flores teñen cinco pétalos verdosos que se dispoñen en inflorescencias en umbela e dan lugar a froitos negros de 6 mm de diámetro. A cortiza seca contén emodina e úsase como laxante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘ovos’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído ou gargallada que se asemella ao cacarexo das galiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cortiza de árbores da especie Croton eluteria pertencente á familia das euforbiáceas e orixinaria das Antillas e das Bahamas, rica en cascarilina e en ácido cascarílico. Emprégase como estimulante estomacal e astrinxente intestinal. Da súa codia obtense, por destilación, un aceite esencial que se usa como saborizante.

    2. Cuberta seca, triturada e torrada das sementes do cacao que se toma en infusión e ten propiedades dixestivas, diuréticas e estimulantes.

    3. Establecemento onde se vendía cascarilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lle gusta moito a cascarilla.

    2. Persoa que vende cascarilla.

    3. Que ou quen habita na Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coleóptero de forma arredondada e de élitros vermellos como algunhas especies das familias dos coccinélidos e dos crisomélidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transformar en caseína.

    2. Separar ou precipitar a caseína do leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de venda por xunto destinado a un público restrinxido (comerciantes que venden polo miúdo, hostaleiros, sociedades, asociacións, etc). O pago realízase ao contado e non existe entrega a domicilio. Adoitan comprarse os produtos en grandes envases e o seu prezo é significativamente inferior ao de calquera supermercado.

    2. Establecemento de venda por xunto onde se practica este sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Deuse a coñecer como autor de contos en 1942. A súa participación na Resistencia durante a Segunda Guerra Mundial inspiroulle diversas novelas nos anos cincuenta entre as que destaca La ragazza di Bube (A rapaza de Bube, 1960).

    VER O DETALLE DO TERMO