"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Manuel Rodríguez Moldes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Boborás. Construída en estilo románico (finais s XII-comenzos s XIII), consta dunha soa nave cuberta con bóveda de canón e ábsida rectangular cun van decorado. A fachada principal ten portada con arco de medio punto, dobre arquivolta e tímpano historiado, que leva na parte baixa unha cruz, tres baquetas circulares lisas, unha singular decoración de bólas e unha imaxe do Apóstolo Santiago vestido de peregrino. Destaca unha cruz dos templarios sobre a espadana e a inscrición referida á fundación do templo. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Melide. Construída en estilo románico (finais s XII-comenzos s XIII), presenta unha nave única rectangular e capela cadrada na cabeceira, á que se accede a través dun arco de medio punto. A portada principal leva tripla arquivolta e tímpano historiado, con labra moi tosca en dous planos, técnica que se repite na portada do lateral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Impresor. Estivo á fronte dos obradoiros tipográficos que o cabido compostelán tivo para o seu servizo particular, situados nas Praterías e desde os que saíu El labrador instruído (1817). Por cesión ou compra, chegou a ser o seu propietario e as impresións saíron co seu nome. A última da que houbo noticias foi Septenario de María Santísima (1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta galego. Pertencente á época das Irmandades da Fala, dedicoulle unha serie de poemas a Manuel Antonio e mantivo contacto literario con Amado Carballo e Losada Diéguez. A súa lírica achégase ao costumismo. Escribiu Orfo do mar (1921) e Dolmen (Versos Gallegos) (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor. Licenciado en Ciencias da Información, foi o fundador e presidente de M. Moleiro Editor SA, empresa especializada na reprodución de obras de arte bibliográficas en soporte de pergameo, vitela, papel e papiro de entre os ss VIII e XVI. Elaborados a partir das obras de arte orixinais conservadas en bibliotecas, museos e arquivos de todo o mundo, reproduciron obras da bibliografía universal procedentes da British Library, do Metropolitan Museum of Art de Nova York ou da Biblioteca Casanatense de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador neerlandés. Discípulo de F. Hals, o seu estilo caracterizouse nun primeiro momento polo preciosismo e chegou a ser solto pola influencia de Rembrandt, durante a súa estadía en Amsterdam (1636-1648). Das súas obras destacan A dama do clavecín e Os sentidos, serie de cinco pinturas de 1637.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sint-Jans--Molenbeek.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Suárez-Pumariega Molezún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e enxeñeiro. Presidiu a Cámara Oficial de la Propiedad da Coruña (1936-1943) e foi nomeado alcalde da cidade entre 1947 e 1958, onde realizou importantes investimentos como a pavimentación das rúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Director do Instituto Cervantes (2004), licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e diplomouse en Lingua e Literatura Italiana pola Universidade de Peruggia. Director do Círculo de Bellas Artes (1996-2004) e da revista de poesía La alegría de los naufragios, foi responsable da área de cultura e do suplemento Culturas do xornal Diario 16, e colaborador de Cuadernos para el diálogo, El País, La Vanguardia ou La Voz de Galicia. Da súa extensa obra como poeta destacan Épica: cuadernos de poesía, incompleta (1974), Las ruínas del mundo (1991), Para no ir a parte alguna (1994), Poemas (1995) e Olas en la noche (2001). Como ensaísta publicou Sobre el liberalismo y otros escritos de literatura portuguesa (1990), Sobre la inutilidad de la poesía (1995) e Nostalgia de la nada perdida: ensayo sobre narrativa contemporánea (1996). Tamén realizou traducións ao castelán, como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Protagonizou películas en que destacou por unha gran sensibilidade e profundidade dramática, como en Las largas vacaciones del 36 (1976), Cet obscur object du désir (1977), Demonios en el jardín (1982), La mitad del cielo (1986, Premio á mellor interpretación feminina en San Sebastián), Las cosas del querer (1989), Mal de amores (1993), Carne trémula (1997), El mar (2000) e Al sur de Granada (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actor. Coñecido como Antonio Molina, foi un dos artistas máis representativos do flamenco e da copla española e un dos máis admirados pola súa voz. Destacan os seus discos 30 coplas de leyenda (1957) e Quejío, su flamenco (1971), e os seus filmes El pescador de coplas (1954), El Cristo de los Faroles (1958) e Canciones de nuestra vida (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Molina Valdez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista. Coñecido como Juanet, en 1924 exiliouse a Francia, onde foi secretario da Federación de Grupos Anarquistas de Lengua Española (1926). Volveu a Barcelona coa Segunda República e foi secretario do comité peninsular da FAI. De novo no exilio francés, despois de 1939 foi secretario xeral do Movimiento Libertario Español, reconstruído en 1943, e posteriormente militou na denominada CNT “política”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Principal representante da escola dos retóricos de Borgoña, foi historiógrafo de Carlos I e bibliotecario de María de Borgoña. Destacan a súa continuación da Crónica de Chastellain (1474-1504) e a versión do Roman de la Rose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Molise, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Molise.

    3.  

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao produto que ten a propiedade de estenderse pola superficie dos corpos cos que entra en contacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar alemán, sobriño de H. K. Bernhard von Moltke. Participou na campaña contra Francia (1870-1871) e desde 1906 ocupou a xefatura do Estado Maior Xeral, cargo do que foi destituído en 1914 e substituído por E. von Falkenhayn, tras a derrota fronte ás tropas aliadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo alemán. Pertenceu á Igrexa Evanxélica reformada, e destacou pola súa obra Theolofie der Hoffnung (Teoloxía da esperanza, 1968). Tamén escribiu, entre outras obras, Der Mensch (O home, 1971), Der gekreuzigte Gott (O Deus crucificado, 1971) e Kirche in der Kraft des Geistes (A Igrexa na forza do Espírito, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO