"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Futbolista. Xogou no Real Madrid C. F. (1919-1929), co que conseguiu oito torneos rexionais madrileños. Foi convocado pola selección nacional en catro ocasións e participou nos Xogos Olímpicos de París (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Coreógrafa, bailarina e compositora peruana. Naturalizada estadounidense, formouse con M. Cunningham e M. Graham, e creou o seu primeiro grupo, The House (1968), para explorar as técnicas vocais. Da súa produción destacan os espectáculos Education of the Girlchild (1972), Turtle Dreams (1982), a composición Songs from the Hill (1979) e a ópera Atlas (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor occitano. Fundou e dirixiu a revista Lo Felibridge (1887-1902). Publicou dramas en verso e unha escolma de sonetos escritos en heptasílabos titulada Mentina (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e financeiro francés. Participou nas conferencias preparatorias do Tratado de Versailles e posteriormente foi secretario adxunto da Sociedade de Nacións (1919-1923). Exiliado en Londres durante a Segunda Guerra Mundial, unha vez rematado o conflito bélico participou de maneira destacada na reconstrución económica de Francia. Presidiu a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (1952-1955) e impulsou a firma do Tratado de Roma. Está considerado un dos pais fundadores da UE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que posúe un só mando para poñer en funcionamento diferentes aparatos ou dispositivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Loucura exclusiva por unha idea ou por unha única orde de ideas.

    2. Concentración do interese nunha única cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á monomanía.

    2. Que ou quen padece monomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión que dispón dunha única superficie sustentadora, constituída por unha ou dúas ás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Monrovia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Monrovia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi prior da orde dominicana en Nueva España e arcebispo de Santiago de Compostela desde 1685. Apoiou de forma constante a Carlos II e logo a Filipe V durante a Guerra de Sucesión Española (1702-1714). Converteuse nun destacado mecenas do Barroco compostelán, realizando importantes doazóns á catedral e a San Domingos de Bonaval. Das construcións feitas baixo o seu mecenado destacan a capela do Pilar da catedral, as obras do pórtico da Quintana, iniciadas en 1695, e a restauración de San Domingos de Bonaval. Fóra de Santiago de Compostela, sufragou a reconstrución das colexiatas de Iria Flavia e da Coruña, así como o palacio arcebispal de Pontevedra. En 1710 publicou Pastoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa química estadounidense creada en 1901 en Saint-Louis (Missouri) para a produción de sacarina. Arredor de 1930 comezou un proceso de diversificación produtiva e converteuse nun gran holding de empresas químicas, con numerosas filiais en todo o mundo. A filial Monsanto España SA comercializa produtos químicos e herbicidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Simón da Costa (Vilalba). O seu cumio acada os 929 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Destacou pola súa facilidade melódica e a intuición teatral, e foi un dos creadores da ópera cómica francesa. É o autor de Le cadi dupé (1761), Le roi et le fermier (1762) e Le déserteur (1769).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio do macizo de Mont Blanc, que con 4.810 m de altitude é a máxima altura dos Alpes. En 1786 J. Balmat e M. G. Piccard foron os primeiros en escalalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo da zona axial dos Alpes Occidentais, situado entre Francia, Italia e Suíza. O seu cumio érguese ata os 4.810 m en territorio francés. Constituído basicamente por rochas moi duras e metamórficas, está ben delimitado por unha serie de vales profundos. No sector francés, particularmente, os glaciares ocupan aínda unha extensión considerable, Mer de Glace é o máis grande. A rexión ten unha grande afluencia turística, con estacións termais e deportes de inverno. Chamonix-Mont Blanc, en Francia, e Courmayeur, en Italia son os dous centros urbanos máis importantes. En 1965 inaugurouse un túnel de 11,6 km que une Italia e Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro militar. Traballou como enxeñeiro xefe en varias obras da Coruña, das que destaca o proxecto do acueduto, materializado polos arquitectos Fernando de Casas Novoa e Francisco de Velasco, e a proxección de varias fortificacións para a praza da Coruña, entre 1723 e 1729. En 1732 presentou unha memoria e os planos para a construción dun arsenal en Ferrol, que non se conservan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Teruel, Aragón, situado á beira do río Martín (1.538 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de secaño con cultivos de cereais e viña e na explotación das minas de lignito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en La Campiña (4.617 h [2001]). A economía baséase no cultivo de cereais, algodón e oliveiras e nos materiais para a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ecuatoriano. Loitou contra o goberno de García Moreno e a ditadura de Veintemilla, e de aí que a situación política do seu país constitúa o tema principal da súa obra. Escribiu Las Catilinarias (1880), Capítulos que se le olvidaron a Cervantes (1882), El mercurial eclesiástico (1883) e Geometría moral (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Samos baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO