"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado en San Salvador de Poio (Poio). O conxunto fórmano unha serie de combinacións circulares de variada tipoloxía realizadas sobre unha rocha de granito. Destacan as integradas por semicírculos unidos en forma de ril, englobando cazoletas e outros trazos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Montederramo. En 1124 Tareixa de Portugal, filla de Afonso VI, concedeu ao abade Arnaldo e aos monxes beneditinos o lugar de Rovoira Sacrata para fundar un mosteiro, aínda que podían trasladalo a outro emprazamento. O primitivo mosteiro, baixo a advocación de san Xoán, estivo situado en Seoane Vello, tivo priorados nas terras próximas e en 1153 pasou a pertencer á orde do Císter e modificou a súa advocación pola de santa María. En 1528 uniuse á Congregación de Castela e coa desamortización foi abandonado. Tivo unha escola de artes no s XVI. A igrexa medieval foi reedificada por Juan de Tolosa (1598-1607) e está pegada ao claustro polo interior. Ten planta de cruz latina con tres naves de cinco tramos e cinco capelas rectangulares, a central de maior tamaño. As naves están cubertas con bóvedas de cruzaría e sobre o cruceiro érguese unha cúpula sobre pendentes, rematada cunha cupuliña. Destacan a escalinata de baixada á igrexa e a sancristía. A fachada da igrexa é plana...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Cervás (Ares). Construído en 1393 nun estilo románico de transición ao gótico, destaca especialmente un dos seus dous claustros, de estilo renacentista. A igrexa sufriu modificacións no s XVIII, pasando de ter planta en forma de cruz a unha nave de cuberta única con bóveda de canón. Destaca o retablo barroco de madeira. O mosteiro viuse afectado en 1837 pola desamortización de Mendizábal, e os relixiosos franciscanos tiveron que abandonalo en favor do exército, en mans de quen estivo ata o ano 2000.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Quiroga. De grandes proporcións, presenta unha planta de cruz latina sobre a que se ergue, no centro do cruceiro, unha cúpula de media laranxa con nervios radiais de granito. A nave principal está formada por tres tramos separados por pilastras, con arcos de medio punto e bóvedas de canón. Destaca o retablo do testeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao pé da serra homónima e delimitado ao S polo río Guadalete (6.679 h [2001]). É unha zona rica, con bosques e pastos que favorecen a gandaría equina, lanar e porcina; ademais conta con pequenas industrias derivadas do sector primario, como a elaboración de aceite.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Lobeira. Construída en 1732, da súa planta sobresae especialmente o tamaño do presbiterio, maior ca o da propia nave. A fachada presenta portada alintelada, e remata cunha cornixa sobre a que se ergueu unha espadana dun só corpo con remate afrontonado. Destaca o escudo de armas situado nun dos muros e no interior, a Piedade barroca do s XVII.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director teatral. Foi un dos membros fundadores de Artello, onde desenvolveu a súa traxectoria profesional no campo da interpretación, a produción e a dirección de escena, realizando os espectáculos Gulliver FM, Gran Venta 10º Aniversario, Batea e A matanza dos Seixas. Tamén dirixiu Almas perdidas, coprodución do Centro Dramático Galego e Artello; After Shave, de A. R. Reixa; e Mangantes, da compañía de teatro infantil TBO. Desde 1994 traballou como actor e director na compañia Teatro Alla Scala 1:15, centrada no teatro de monicreques e obxectos, con espectáculos como A de libro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado no territorio medieval de Montenegro, na provincia de Lugo.
-
GALICIA
Historiador. Centrou os seus estudos na Antigüidade e interesouse especialmente pola Historia da Filosofía Antiga, a Historia das Relixións e o mundo oriental clásico. Publicou Sobre la ciencia española (1931), Alejandro Magno (1944) e Diego Gelmírez: Historia de una fama (1965). Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e recibiu a medalla de ouro da Universidad Complutense de Madrid (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Herdeiro dos obradoiros tipográficos que Antonio Fraiz Piñeiro estableceu en Santiago de Compostela a partir de 1673, tanto el como os seus sucesores tituláronse “impresores del Santo Oficio”. Montero herdou o oficio de Pedro Fraiz e del fíxose cargo entre 1769, ano de La vida de D. Juan de S. Clemente, e 1796, cando se imprimiu o Sermón de la agonía, obra de Reguera. Foron estes os obradoiros responsables da maior parte dos libros impresos en Santiago de Compostela durante o segundo terzo do s XVIII, e aínda se mantivo en mans de membros da mesma familia ata o primeiro terzo do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Traballou nos obradoiros tipográficos da familia Fraiz en Santiago de Compostela entre 1809 e 1830, que herdou da súa tía. A primeira das obras coñecidas da súa casa titulouse Contestación a la carta de un patriota español (1809), do bispo Sanlúcar, sendo a última, La nueva Josefina (1830).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Especialista en cirurxía xeral, traumatoloxía e ortopedia, foi xefe do Servizo de Cirurxía do Hospital Provincial de Ourense desde 1965 e presidente do Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense. Foi senador polo PP (1989-1990) e conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia (1990-1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político, fillo de Uxío Montero Ríos. Foi deputado (1901-1916), senador (1916-1920), fiscal do Tribunal Supremo (1916) e avogado asesor de Banco de España. Iniciou unha reforma dos tribunais para menores. Escribiu Tribunales para niños (1913) Antecedentes y comentarios a la ley de tribunales para niños (1919) e La Ley de Tribunales para niños en España (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e xornalista. Emigrou a Guatemala en 1906, e alí compaxinou o traballo farmacéutico cun importante labor na prensa escrita. Publicou dous estudos, denominados La traída de aguas (1915) e Patulul es sano (1924) e, xa de volta en Galicia, o libro Labor hispano-americana (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso e escritor. Licenciado en Teoloxía, Filosofía e Filoloxía, e titulado en alemán, árabe, inglés e italiano, ordenouse en 1970 e foi mestre da Pontificia Università de Roma (1972-1974), no Centro de Estudos Eclesiásticos de Santiago de Compostela e na Escola Diocesana de Teoloxía. Foi membro fundador da revista Encrucillada, de AGAL e da súa revista, Agália, e membro do consello de redacción de Estudios Mindonienses. Participou na tradución ao galego do Novo Testamento e publicou os libros de investigación Directrices para a reintegración lingüística galego-portuguesa (1979), Método prático de língua galego-portuguesa (1983) e Carvalho Calero e a súa obra (1993, Premio Carvalho Calero de Investigación Lingüístico-Literaria 1991); ademais é autor de Oxalá voltassem tempos idos! (1994, Premio Carballo Calero de Narrativa Curta 1992), en que introduce o personaxe de Felipe de Amancia, creado por Álvaro Cunqueiro para o seu Merlín. Recibiu o Premio Fernández Latorre (1977) polo seu...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Pertenceu á Milicia Nacional e acadou o grao de sarxento. Militou no Partido Liberal, foi alcalde da Coruña (1854-1855) e deputado a Cortes (1868-1871 e 1873). Foi nomeado senador (1872-1873) e senador vitalicio (1884-1885). Publicou Rosa e Pascual na antoloxía de Literatura gallega de U. Carré Aldao.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga construción situada en Monterrei. Ergueuse en 1555, posiblemente con traza renacentista e durante a segunda metade do s XVI chegou a ser un forte rival da Universidade de Santiago de Compostela.
-
GALICIA
Pintor. De formación autodidacta, cultivou o debuxo e a pintura de paisaxes, bodegóns, nus e retratos nun estilo impresionista. Entre 1978 e 1985 a súa obra calificouse de construtivista e desde entón achegouse ao expresionismo abstracto para orientarse despois cara á abstracción pura. O seu trazo é amplo e enérxico e o cromatismo sobrio. Destaca o seu libro de debuxos Calles y rincones de Vigo (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e director de orquestra. Foi un dos máis importantes representantes do que se coñece como “Nacionalismo musical galego”. Comezou a carreira sacerdotal no seminario da súa cidade natal, no que formou un coro e compuxo obras de carácter sacro. Posteriormente deixou a vida relixiosa, aínda que permaneceu unido aos medios eclesiásticos; así, chegou a mestre de capela e organista da catedral de Lugo. Nesta cidade, foi o divulgador da música culta, dando a coñecer aos lucenses obras sinfónicas, de cámara e corais, que el mesmo interpretaba ao piano e ao órgano, cunha pequena orquestra, grupos de cámara ou coa banda municipal. Fundou en 1879 o Orfeón Lucense, logo rebautizado como Orfeón Galego, co que acadou triunfos en moitos certames. Tamén cómpre sinalar o seu labor de folclorista, ao colaborar na recollida de cantos populares con Casto Sampedro e Felipe Pedrell, para os seus respectivos cancioneiros (Cancionero Musical de Galicia e Cancionero Popular Español)....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. Foi patrón de pesca e estivo integrado no sindicato de pescadores herculino El Despertar Marítimo, do que ocupou a súa secretaría en diversas ocasións entre 1920 e 1931. Foi un dos fundadores da Federación Regional Marítima unida á CNT, exercendo de secretario ata a chegada da Segunda República. En outubro de 1931 encabezou a Federación Nacional de Industria Pesquera da CNT, radicada na Coruña. Durante o seu mandato, tentou unificar as bases de traballo das frotas pesqueiras de altura operantes en todo o litoral do Estado español, enfrontando unha forte conflitividade diante do rexeitamento patronal. A partir de 1934, axudou a artellar aos propietarios das camionetas o servizo de transporte de peixe a Madrid en réxime de cooperativa. Agachado na Coruña ao comezo da Guerra Civil Española, integrou un comité clandestino do sindicato mariñeiro, encargado de organizar a fuga por mar de numerosos cadros cenetistas e militantes de esquerda ameazados pola represión franquista. Descuberto,...
VER O DETALLE DO TERMO