"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escultor, neto de Xácome de Moure. A súa obra, esencialmente manierista, marcou o tránsito entre o Renacemento e o Barroco. Instalado en Ourense, en 1594 ingresou como aprendiz no taller do escultor Alonso Martínez por un período de cinco anos, mais xa comezou a contratar obras en 1598. Do seu mestre adoptou o tratamento brando das teas, co emprego de pregaduras suaves que deixan apreciar a anatomía. Puido coñecer a través de Juan de Angés o Mozo o naturalismo da obra de Juan de Juni. A primeira obra documentada é a imaxe de San Roque (1598) da catedral de Ourense na que mostrou os trazos característicos da súa obra: o tratamento realista dos rostros e o canon estilizado. Dos moitos retablos que realizou consérvanse algunhas imaxes como as de San Pedro e San Paulo procedentes do retablo de San Xurxo de Acevedo (1601). Consérvase tamén o retablo de Santo Estevo de Vilar de Sandiás (1603) que responde a tipoloxía arquitectónica do s XVI: pedestal, dous...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño. Percorreu a costa americana e descubriu o arquipélago de Vava’u e varias illas de Oceanía. Foi secretario do vicerrei de México (1790-1793) e loitou contra os franceses e ingleses. Escribiu un Diario sobre a súa primeira viaxe pola costa americana onde recolleu datos sobre os pobos indíxenas e a flora da rexión. Tamén foi autor de Noticia de la navegación de la fragata “Princesa” al mando del alférez D. F. Mourelle desde Manila a San Blas por el Océano Pacífico en 1780 y 1781.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid (1964). En 1983 fundou e presidiu o Grupo Cultural Galicia en Madrid (GRUGALMA) e creou e dirixiu a revista Galicia en Madrid. Dirixiu o Centro de Estudios Humanísticos José Filgueira Valverde. Das súas obras destacan La teoría lingüística en la España del siglo XIX (1968), Historia y principios fundamentales de la lingüística (1977), Sintagmática de la comunicación verbal (1984), Introdución al estudo del lenguaje. Con aplicación a los medios de comunicación (1991) e El lenguaje publicitario. Aproximación a su estudo (1994). Ademais é editor e colaborador dos libros Ramón Piñeiro y su circunstancia (1993), La lengua gallega en sus tratados (1994), El periodismo gallego en los siglos XIX y XX (1997), El 98 hispánico. Con atención especial a Galicia (1999) e El Camino madrileño-castellano de Santiago (2000). É membro da Real Academia de Cultura Valenciana...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Deva en Mourentán (Arbo). Data do s XVIII e está realizada en cachotaría. Ten un só van con arco oxival e rasante alombada. Sitúase no antigo Camiño Real de Ribadavia a Salvaterra de Miño e Tui.
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Foi xefe de orquestra da Academie Royale de Musique (1914) e colaborou durante 20 anos co Nouveau Théâtre Italien du Palais-Royal. Compuxo óperas cómicas, motetes, sinfonías, o ballet Les fêtes de Thalie (1714) e as óperas Les amours des dieux (1727) e Le triomphe des sens (1732).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. De estilo románico, é un templo de dimensións reducidas. Construída entre finais do s XII e principios do s XIII, a sancristía e o retablo maior foron engadidos no s XVII. Ten planta rectangular e unha soa nave. Á ábsida accédese desde a nave a través dun arco triunfal de medio punto con arquivoltas decoradas. No interior destaca o retablo neoclásico do altar maior, cunha imaxe do s XVI. A fachada presenta unha porta con arquivoltas e columnas decoradas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario e presidente do Real Club Celta de Vigo. Empresario de recoñecido prestixio en México, é presidente do grupo Corporativo GES, unha das empresas líderes no sur do pais. E accionista maioritario de varias empresas de construción galegas. Preside o Celta de Vigo dende o ano 2006, cando substituíu a Horacio Gómez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e decorador ucraíno. Coñecido como Cassandre, foi un dos creadores do cartel publicitario moderno. Entre os seus carteis destacan Le Bûcheron (1923) e Dubonnet (1932). Tamén decorou obras teatrais como Amohytryon 38 de Giraudoux (1934), óperas como Don Giovanni de Mozart, e ballets.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante grega. Coñecida como Nana Mouskouri, Estudou música e lírica operística no conservatorio. Gañou o II Festival da Canción Mediterránea, en Barcelona (1960), e consagrouse internacionalmente. Da súa discografía destacan Nana Sings (1965), Je chante avec toi Liberté (1985), Couleur Gospel (1990), Return to Love (1997) e Fille du soleil (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ioana Mouskouri.
-
PERSOEIRO
Historiador. Foi catedrático de Historia Moderna da Sorbonne (1955-1977) e especializouse no Antigo Réxime francés. Escribiu, entre outros, Le XVIIIe siècle: l’Epoque des Lumières (1953), Les XVIe et XVIIe siècles (1954), Fureurs paysannes (1967), La monarchie absolue en Europe du Ve siècle a nos Jours (1982) e Monarchies et Royautés (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bobo’.
-
PERSOEIRO
Pintor. Influído polo neoexpresionismo, traballou co pintor Luis Rodríguez Gordillo nos Talleres de Arte Actual de Madrid. Seguidor do neohumanismo, ao que engadiu o horror vacui e o linealismo clasicista, amosou interese polas formas abstractas. Nas súas obras creou espazos propios para a narración pictórica e pintou mundos de ensoñación con figuras inconcretas inmersas en espazos infinitos. Destacan Máquinas (1983), Tempos de pintura (1985), Nocturno cidade (1990), Bazar (1991) e Sol entre árbores (1990-1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político que xurdiu en Angola o 10 de decembro de 1956. De natureza pro-comunista, enfrontouse ao colonialismo portugués e loitou pola independencia de Angola en colaboración con outras organizacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político neofascista italiano, creado en 1947, que se baseou nos postulados da República Social Italiana. Entre 1948 e 1993 tivo representación parlamentaria, pero foi excluído das alianzas do goberno ata o afundimento do sistema de partidos políticos italianos da posguerra. Integrado en 1994 na coalición Polo delle Libertà, cambiou o nome polo de Alleanza Nazionale e conseguiu algún ministerio no goberno xurdido nas eleccións de marzo. En 1995 o partido renunciou explicitamente ao antisemitismo e aos elementos máis antidemocráticos do fascismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movimiento Comunista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto das organizacións da CNT, FAI e da Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL), que se popularizou durante a Guerra Civil Española (1936-1939) cando estas celebraron repetidamente reunións conxuntas. Un primeiro consello do MLE constituíuse entre febreiro e marzo do 1939 en Perpignan e foi desorganizado por mor da ocupación alemá de Francia (1940).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización nacionalista canaria que xurdiu en 1963 co propósito de loitar para acadar unha República Guanche Africana, independente e socialista. Entre 1975 e 1977 desenvolveu a súa máxima actividade armada, propagandística e diplomática tentando demostrar, no seo da Organización da Unidade Africana, a africanidade de Canarias e forzar a descolonización. Desde 1978, a mellora das relacións entre Madrid e Alxer e as disensións internas desmantelaron o movemento.
-
PERSOEIRO
Político. De ideas avanzadas, evolucionou cara a ideas máis moderadas. Foi ministro de Fomento cos gobernos de Francisco Lersundi Hormaechea (1853), de Narváez Campos (1856-1857) e de Lorenzo Arrazola García (1864). En 1857 decretou a Lei de Instrución Pública, coñecida como Lei Moyano, que estableceu a obrigatoriedade do ensino primario.
VER O DETALLE DO TERMO