"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Centro que creou o Ministerio de Educación e Ciencia ao abeiro do Decreto 1678/1969, do 24 de xullo, en que se establece como funcións específicas dos ICEs a formación pedagóxica dos universitarios, a investigación activa no dominio das ciencias da educación e o servizo de asesoramento técnico en educación. A Lei Xeral de Educación de 1970 asumiu por completo e reforzou as funcións dos ICEs, como centros universitarios de investigación e especialización. A Orde Ministerial, do 14 de xullo de 1971, aclarou e clasificou as actividades docentes dos ICEs ao centralas en cursos de obtención dos certificados de aptitude pedagóxica para o exercicio da docencia, cursos de perfeccionamento do profesorado en exercicio e outras actividades complementarias. Os ICEs coordináronse a través do Centro Nacional de Investigaciones para el Desarrollo de la Educación (CENIDE), que foi suprimido en 1974 e continuou co seu labor o Instituto Nacional de Ciencias de la Educación (INCIE). Os primeiros ICEs comezaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación Pedro Barrié de la Maza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución cubana na que, por iniciativa de Xosé Neira Vilas, se creou a Sección Gallega o 15 de decembro de 1969. Dirixida por X. Neira Vilas durante 22 anos, desenvolveu un intenso labor de investigación e recompilación das achegas da emigración galega na illa e converteuse nun dos máis importantes fondos bibliográficos galegos de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público, creado en 1975, dependente do Ministerio de Educación e Ciencia e que ten a súa orixe no antigo Patronato de Protección Escolar (1944). A súa principal finalidade é a promoción e asistencia do estudante a través da concesión de bolsas e axudas para que poida continuar os seus estudios nos distintos niveis do sistema educativo ou outros estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade pública creada en 1975 e adscrita ao Ministerio de Educación e Ciencia. O seu obxectivo é estender e perfeccionar o sistema de educación especial, concibido como proceso formativo integrador das diversas orientacións, actividades e atencións pedagóxicas para a integración na sociedade das persoas que requiren esta formación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e Seguridade Social ao desaparecer o antigo Instituto Nacional de Previsión. Encárgase da xestión e administración das prestacións económicas da seguridade social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade do Estado español creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e   Seguridade Social ao desaparecer o antigo Instituto Nacional de Previsión. Ocúpase da xestión das prestacións complementarias da Seguridad Social, é dicir, da asistencia social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro estatal español, con carácter científico e técnico, creado en 1942 e dedicado a tarefas de estudio, desenvolvemento, inspección e normalización en temas aerospaciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade pública do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, responsable dos problemas sociais do sector marítimo pesqueiro e da xestión do réxime especial da seguridade social dos traballadores do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten pouca ou ningunha substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de insubstancial.

    2. Cousa insubstancial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de insuficiente. OBS: Normalmente úsase en plural.

    2. Falta de suficiencia ou de intelixencia.

      1. Estado de inferioridade fisiolóxica dun órgano ou dunha glándula, incapaces de cumprir integramente as súas funcións.

      2. insuficiencia aórtica

        Perturbación cardíaca que consiste no refluxo sanguíneo da aorta ao ventrículo esquerdo cando as válvulas sigmoides aórticas durante a diástole ventricular non pechan completamente.

      3. insuficiencia auricular

        Estado de incapacidade funcional das aurículas do corazón en caso de fibrilación auricular.

      4. insuficiencia cardíaca/miocardia

        Diminución da capacidade funcional do corazón cando non chega a asegurar as necesidades de circulación de todas as partes do organismo. Pode ser esquerda, se falla este ventrículo, e global ou conxestiva, se ambos os dous ventrículos son insuficientes. OBS:Tamén se denomina miocardia.

      5. insuficiencia circulatoria

        Estado do organismo no cal é imposible manter o volume sanguíneo necesario para cubrir as necesidades circulatorias dos órganos e dos tecidos. Pode ter causa periférica (colapso, conmoción) ou central (insuficiencia cardíaca).

      6. insuficiencia coronaria

        Redución do fluxo sanguíneo das arterias coronarias que provoca isquemia no miocardio. Adoita estar provocada por arteriosclerose.

      7. insuficiencia hepática

        Incapacidade do fígado para levar a cabo as súas funcións.

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facultade ou capacidade do home para comprender o mundo e tomar consciencia para resolver situacións novas mediante unhas respostas tamén novas ou para aprender a facelo. Chámaselle intelixencia á facultade do coñecemento (sensación, memoria, razoamento) en oposición á facultade afectiva e motora; pero, nun sentido máis estricto, intelecto refírese ao coñecemento conceptual e racional, isto é, á capacidade de adaptar reflexivamente uns medios a uns fins.

      2. Capacidade dalgúns animais para comprender e adaptarse a certas situacións por enriba do instinto.

    1. Capacidade intelectual elevada.

    2. Comprensión dalgunha cousa.

    3. Habilidade e destreza para resolver problemas novos.

    4. Rama da informática centrada na representación simbólica do coñecemento e dos métodos de inferencia simbólica por ordenador. Desenvolveuse coas técnicas utilizadas no deseño de autómatas capaces de realizar funcións próximas ás da intelixencia humana. As actividades da intelixencia artificial son o procesamento da linguaxe natural, a recuperación intelixente da información nunha base e datos, os sistemas expertos, a demostración de teoremas, a robótica, a programación automática ou os problemas da percepción. As técnicas que emprega son a representación e modelización de coñecementos, as estruturas de control, a investigación, a planificación, a dedución, a aprendizaxe, e as linguaxes e os sistemas propios da intelixencia artificial. Pódese considerar que o seu pai foi o matemático A. Turing, e un dos maiores detractores o tamén matemático J. Von Newmann. A aparición da teoría da información de Shannon e da cibernética de Wiener, proporcionaron unha explicación para moitas situacións que...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de intendente.

    2. Oficina do intendente.

    3. Circunscrición administrativa dependente do intendente, tamén denominada provincia. Foi introducida na coroa española por Filipe V a imitación das intendencias francesas.

      1. Corpo e servizo dos exércitos encargado de proprocionar alimentos, roupas e materiais ás tropas, ademais de administrar os cartos e realizar os pagos (soldos e adquisicións).

      2. Abastecemento e administración dun grupo de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste na presenza dunha pulsación adicional máis frouxa entre dúas pulsacións normais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dependencia recíproca.

    2. En glosemática, dependencia mutua de dous termos, de maneira que un implica o outro e viceversa. Ambos os dous termos son, polo tanto, constantes. O fenómeno chámase de solidariedade cando se produce no texto, e de complementariedade cando se produce no sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de interferir.

    2. Nun sistema de transmisión, recepción ou rexistro de información, calquera transferencia de enerxía proveniente doutras fontes e que provoca unha perturbación naquela información. A interferencia imposibilita a miúdo a audición de emisores e emprégase, ás veces, intencionadamente para bloquear emisións.

    3. Fenómeno que ten lugar cando nunha rexión do espacio se superpoñen movementos ondulatorios. Son importantes as interferencias entre ondas acústicas e as interferencias entre ondas electromagnéticas. Pode que as ondas incidentes sexan coherentes, da mesma frecuencia, e que os vectores representantes dos seus campos eléctricos sexan paralelos. As variacións de intensidade, producidas polo desfase entre as ondas incidentes, reciben o nome de fenómenos de interferencia, e as zonas de igual intensidade denomínanse franxas de interferencia. Un tipo característico de interferencia é a difracción.

    4. Cambio lingüístico en calquera nivel dunha lingua (fonolóxico, morfosintáctico ou léxico) por innovación, perda ou substitución dalgún dos seus elementos, motivado directamente polo influxo doutra lingua, particularmente nas situacións de contacto de linguas; a interferencia prodúcese nas dúas direccións, pero en maior medida desde a lingua con máis prestixio á lingua con menos. Tamén se denomina interferencia o fenómeno que se dá cando, dentro dunha mesma lingua, se produce un cambio lingüístico nalgún dialecto ou algún rexistro de linguaxe por influxo doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO