"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Príncipe e sacerdote de Lagaš (2170? a C). Converteu Lagaš no centro político e intelectual de Mesopotamia, ademais de reconstruír o templo de Ningirsu e efectuar diversos traballos de irrigación. As súas estatuas, conservadas no Musée du Louvre, influíron na arte babilónica posterior.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno fonético que consiste en pronunciar o fonema fricativo velar xordo /x/ como oclusivo velar sonoro /g/.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen guerrea ou ten inclinación por guerrear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é amigo das liortas e discusións.
-
-
Facer a guerra.
-
Disputar ou pelexar entre si persoas ou animais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘coser’.
-
PERSOEIRO
Pintor. Integrouse no impresionismo baixo a influencia de Pisarro e participou na maioría das exposicións do movemento. Influíu sobre P. Gaugin e V. van Gogh. Pintou mariñas e temas industriais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Moeda inglesa introducida por Carlos II de Inglaterra en 1663, cun valor de 20 xilíns e cun peso de 8,53 g de ouro de 22 quilates. O seu nome proviña do lugar de orixe do ouro que se empregou para cuñalas. O seu valor oscilou entre 30 e 21 xilíns, ata que pola reforma monetaria ordenada por Xurxo III de Inglaterra en 1816 foi substituída polo soberano ou libra esterlina.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cabeza’.
-
-
REXIÓNS
Rexión litoral de África, comprendida entre o cabo Verde e cabo López, que rodea o golfo de Guinea (2.300.000 km2; cuns 146.000.000 h [1991]). De O a L distínguense diversas unidades de relevo. A Guinea media, con altiplanos arxilosos que culminan no monte Loura (1.537 m) ao NL, a Guinea forestal (Serra Leona, Liberia, Costa de Marfil), de relevos de chairas e altiplanos graduados dominados por altos relevos que culminan co Fon (1.656 m) e o Nimba (1.752 m), e un terceiro sector, unha rexión de chairas e baixos altiplanos onde os únicos relevos importantes están en Ghana e Costa de Marfil. O último sector é Nixeria central e oriental, onde sobre o zócolo antigo se alzan grandes relevos volcánicos e graníticos. O clima é subecuatorial, caracterizado pola calor e a humidade constante. A rexión ten abundantes cursos fluviais, de réxime moi regular todo o ano. Os únicos grandes ríos son o Senegal, o Volta e o Níxer. A vexetación é de sabana na parte setentrional, aproximadamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
ESTADO
Estado de África occidental, limitado por Guiné-Bissau ao NO, por Senegal e Mali ao N, por Costa de Marfil ao L, por Liberia e Serra Leona ao S, e polo Océano Atlántico ao O (245.857 km2; 7.497.000 h [estim 2001]). A capital é ↪ Conakry.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
A chaira litoral é baixa e areosa, coas costas recurtadas polos esteiros dos ríos que proceden do Fouta Djalon. O clima caracterízase pola existencia dunha estación seca e unha húmida, cunha temperatura media elevada (26° C). A costa está cuberta de mangleiros. Cara ao interior elévanse gradualmente unha serie de socalcos que culminan no Fouta Djalon, con temperaturas máis baixas (22,5° C) e unha vexetación é de bosque denso e seco e con sabanas nas vertentes. As rexións do L forman un altiplano que constitúe a conca superior do Níxer. As chuvias son abundantes, as temperaturas de 26° C e están cubertas de sabanas. Ao SL o relevo elévase e culmina no macizo de Nimba (1.760 m). Chove de 10... -
ENTRADA LARGA
[Nome oficial cast: República de Guinea Ecuatorial] Estado de África occidental, que comprende unha parte continental (Mbini), situada entre Camerún ao N e Gabón ao L e ao S, e diversas illas do golfo de Guinea: Bioko, Pagalu, Corisco, Elobey Gran e Elobey Petit (28.051 km2; 464.000 h [estim 2001]). A capital é Malabo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
A parte continental, ou Mbini, está formada por unha chaira litoral de 15 a 25 km de longo, dominada ao L polo zócolo antigo, que se eleva ata os 1.200 m no monte Mitra e que os principais ríos, como o Benito, atravesan en rápidos. O clima é cálido e húmido, con chuvias moi abundantes. O bosque denso ecuatorial cobre case todo o territorio. A vexetación natural foi destruída fortemente pola deforestación. A economía baséase na agricultura, que produce cacao, café, plátanos, aceite de palma, cacahuetes e cocoteiros e, para o consumo do país, mandioca e pataca doce sobre todo. O bosque cobre o 46% da superficie total e constitúe... -
GOLFOS
Amplo entrante do Océano Atlántico na costa occidental africana que se estende desde o Cabo Palmas ata o Cabo López.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a Guiné-Bissau, Guinea ou Guinea Ecuatorial ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Guiné-Bissau, Guinea ou Guinea Ecuatorial.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo guineano.
-
Individuo do pobo guineano.
-
Pobo africano que se estendeu polo golfo de Guinea e Camerún. Os seus principais grupos son os kissi, os assimi, os ashanti e os yoruba.
-
-
-
PERSOEIRO
Estudiou Ciencias Químicas e Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou. Foi investigador, profesor e xefe da Sección de Corrección de Suelos do CSIC, catedrático de Edafoloxía, director do Colexio Universitario de Ourense, decano da Facultade de Farmacia de Santiago e director do Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia. As súas investigacións centráronse fundamentalmente na edafoloxía, onde destaca o seu labor como xefe do equipo que levou a cabo o Mapa de Solos do norte de España. Das súas obras destacan Suelos de la zona húmeda española, Técnicas de análisis de suelos. Experimentos de campo, Técnicas de análisis de suelos e Itinerarios de los suelos de Galicia. É membro da Sociedade Internacional de Ciencias do Solo, presidente da Sección de Química, Física e Ciencias Naturais da Academia Galega de Ciencias e membro do seminario de Estudios Galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor galego. Exerceu o sacerdocio e publicou Unha Noite na casa do Tío Farruco do Penedo (1885), obra galardoada nun certame literario de Lugo en 1877.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e escritor francés. Profesor nas universidades de Montpellier (1937-1946), Dijon (1948-1954) e París (1955-1968), foi o único laico que asistiu ás primeiras sesións do Concilio Vaticano II. Foi o mediador designado pola Santa Sé no conflito co bispo disidente, monseñor M. Lefebvre (1977). Partidario dun cristianismo conciliador, escribiu La pensée moderne et le catholicisme (1930-1955), L’éternité chez Plotin et saint Augustin (1933) e Profils paralleles: Pascal-Leibniz, Renan-Newman (1970). Foi membro da Académie Française (1961) e da Académie des Sciences Morales et Politiques (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huesca, Aragón, situado en Los Llanos da la Violada e drenado polo río Gállego (1.772 h [2001]). Predomina a agricultura de regadío (cereais, remolacha) e as viñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. A principios da década de 1950 estudiou dirección no Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma. Despois do triunfo da Revolución Cubana de Fidel Castro, formou parte da directiva do Instituto Cubano del Arte y la Industria Cinematográfica, para o que dirixiu algúns documentais de propaganda. Deste xeito, converteuse no realizador oficial do réxime castrista, para o que realizou películas como Historias de la revolución (1960), Cumbite (1964) ou Memorias del subdesarrollo (1968). Tamén dirixiu La última cena (1976), Hasta cierto punto (1983), Fresa y chocolate (1993) ou Guantanamera (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución procesual que ten como finalidade pór a calquera persoa detida ilegalmente a disposición inmediata da autoridade xudicial competente. De orixe inglesa, creouna Carlos II en 1678. Nos países anglosaxóns constituíu unha inmunidade procesual ata que se probaba a culpabilidade. En España recoñeceuse na Constitución de 1978.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta arbórea duns 2,5 m de altura, de follas dispostas helicoidalmente nas ramas, as flores hermafroditas de cor branca ou rosada e froito leñoso agrupadas en acio.