"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Grupo político creado en 1912 por Melquíades Álvarez González para que o republicanismo colaborase co réxime monárquico. O reformismo de M. Álvarez converteuno só nun grupo de parlamentarios moi persoal. Cando se instaurou a Segunda República reorganizouse como Partido Liberal-Demócrata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política que se constituíu en Madrid en 1984. Aglutinou, sobre todo, militantes da Unión de Centro Democrático e estivo presidida por Antonio Garrigues Walker. Presentouse ás eleccións de 1986 pero, ao non conseguir representación parlamentaria, disolveuse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos paseriformes.

    2. Ave da orde dos paseriformes.

    3. Orde de aves de dimensións pequenas ou medianas (de 7 a 120 cm), que teñen o vómer curto e amplo, a base do bico sen cera, 14 ou 15 vértebras cervicais, 9 ou 10 rémixes primarias, o uropixio nu e as patas adaptadas para agarrarse aos troncos, con catro dedos no mesmo nivel, tres dirixidos cara a adiante e o último cara a atrás, e coa unlla grosa e máis desenvolvida ca a do dedo medio. Todos constrúen niños máis ou menos complexos, no chan ou elevados, e os polos son nidícolas. Actualmente, coñécense 5.110 especies, é dicir, as 3/5 partes dos paxaros  que habitan no mundo, agás na Antártida e en mar aberto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pioneiros da industria cinematográfica e fundadores da empresa Pathé Frères (1896), que máis tarde deu lugar á produtora Pathé. Émile Pathé (París 1860-1937), encargouse dos fonógrafos e do traballo comercial da empresa. Charles Pathé (Chevry-Cossigny 1863-Montecarlo 26.12.1957), foi o responsable de todo o traballo cinematográfico e artístico. Colaboraron tamén na empresa os outros dous irmáns, Jacques e Theophile . En 1907 crearon o primeiro xornal semanal filmado de actualidade, en 1918 iniciaron a produción de gramófonos, e en 1927 asociáronse con Kodak para a produción de material cinematográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista alemán. Foi discípulo en Leipzig de G. Curtius e de A. Leskien. Membro do grupo dos neogramáticos, sintetizou o ideario do movemento. Unha boa parte da súa obra, tanto a xermanística como a de lingüística xeral, segue vixente. Publicou Principien der Sprachgeschichte (Principios de historia da lingua, 1880), Deutsches Wörterbuch (Dicionario alemán, 1897) e Deutsche Grammatik (Gramática alemá, 1916-1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Tebas 229? - 343?) Relixioso. Está considerado, tradicionalmente, o primeiro ermitán, pois retirouse ao deserto durante a persecución de Decio. A única fonte biográfica sobre el é a Vita Pauli de Xerome, réplica da Vita Antonii de Atanasio. Segundo esta, foi compañeiro de santo Antón Abade e morreu aos 113 anos. Represéntase como un vello e porta palmeira, cranio, disciplinas e un corvo, que o alimentou durante sesenta anos. A súa festividade celébrase o 15 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. As súas primeiras obras foron composicións corais inspiradas en poetas galegos. En 1888 emigrou a Bos Aires, onde dirixiu o Orfeón Gallego. A súa obra musical pode clasificarse en: zarzuelas (La casa de los duendes, Rosiña de Belesar, Angustias del querer, España Nueva, etc); música incidental para teatro (Marola, de R. Suárez Picallo, Romance, prólogo a O Mariscal, de R. Cabanillas e A. Villar Ponte); baladas (Soedades, Terriña, Adiós ríos, adiós fontes, Sempre o mesmo, O crebanto, Saudades, etc), xénero con que acadou a popularidade; e coral (Queixas, Churrusqueira, De fiada, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Artista expresionista que formou parte da Neueu Sezession e do grupo Die Brücke (1906-1912). Estableceuse en Berlín (1919-1933) e foi profesor da Academia de Berlín ata 1933, ano en que foi expulsado polos nazis. Regresou en 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é semellante a un peite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Parma (1545-1547), fillo natural do cardeal Alessandro Farnese. Este creou para el un estado vasalo da Santa Sé, o ducado de Parma e Piacenza. Destacou como bo gobernante e reduciu o poder dos nobres feudais, que conspiraron contra el e o asasinaron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Amiens 1050? - Huy 1115) Monxe e cruzado francés. A lenda atribúelle un papel destacado na predicación e organización da Primeira Cruzada. As súas predicacións, non obstante, foron posteriores ao Concilio de Clermont (1095). Tomou parte na expedición popular que culminou en desastre (1096) e incorporou os restos das súas tropas ao exército de Godofredo IV de Boulogne (1097). Durante o sitio de Antioquía fuxiu (1098), pero despois uniuse ás tropas para entrar en Xerusalén. De volta a Francia, fundou e foi prior do mosteiro de Neufmoustier, preto de Huy. Venerado como beato, a súa festividade celébrase o 8 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guillermo Fernández Pedrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pelecaniformes.

    2. Ave da orde dos pelecaniformes.

    3. Orde de aves palmípedes, caracterizadas por presentar patas curtas, cos dedos das patas unidos mediante unha membrana interdixital, e ventas pouco desenvolvidas ou ausentes. Son aves piscívoras e boas voadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pelecaniforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción ósea semilunar que se produce na parte superior do ligamento lateral interno do xeonllo, debida a un traumatismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo L da parroquia de Paradela (Toques). O seu cumio acada os 760 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de pluma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fermín Fernández Penzol-Labandera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sarcoma conxénito das glándulas hepáticas e suprarrenais. Foi descrita polo médico norteamericano William Pepper (1874-1947).

    VER O DETALLE DO TERMO