"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudou na Escola de Belles Arts de Barcelona e na de Pintura Mural Contemporànea de Sant Cugat del Vallés. Entre o 1966 e o 1968 agrupouse con E. Arranz i Bravo, G. Sala i Rosselló e R. Llimós i Oriol, pero soamente mantivo o traballo conxunto con Arranz i Bravo, con quen expuxo ata o 1982. Froito do seu traballo conxunto son algunhas esculturas, as decoracións murais da fábrica Tipel (1971), en Parets do Vallés, a dun centro comercial en Magaluf (1973) e a casa de Camilo José Cela en Mallorca. Cultivou a abstracción xeométrico-lírica con ilusións eróticas. Nos últimos tempos diversificou a súa produción cara á cerámica, á ilustración e á escultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tradutor dos clásicos. Foi cóengo da Seu d’Urgell. Traduciu ao castelán as obras de Apiano de Alexandría, pero soamente publicou a Historia das guerras civís dos Romanos (Barcelona 1592) e traduciu As vidas dos doce Césares de Cayo Suetonio Tranquilo (1596).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Transformador de diferencias de presión en pequenos desprazamentos angulares, formado por dúas cámaras elásticas cheas de aceite de silicona, separadas entre elas por un sistema hidráulico.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano. Comezou como asistente de dirección de Wellman, para logo traballar con actores como Abbott e Costello en parodias do cine de terror e tamén filmes cheos de ironía e bo humor. Participou tamén na realización de televisión. Entre as súas películas destacan: Wagon wheels (As rodas do vagón, 1934), Rose bowl (A bola rosa, 1936), Island of doomed men (A illa dos homes con sorte, 1940), Shut my big mouth (Pecha a miña gran boca, 1942), The beautiful cheat (A marabillosa trampa, 1945), Abbott and Costello meet Frankenstein (Abbott e Costello coñecen a Frankenstein, 1948) e Swinging along (Movéndose ao longo, 1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico inglés. Foi o pioneiro no estudo da rotación molecular e da estrutura de moléculas orgánicas complexas. Os seus traballos revelaron que a análise conformacional é un eido esencial da química orgánica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político australiano. Impulsor da Commonwealth dese país (1900), foi o principal redactor da constitución e o primeiro dirixente do goberno australiano (1901 -1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista inglés, considerado da escola clásica. É autor do ensaio Observations on the Circumstances which Influence the Condition on the Labouring Classes of Society (1817), onde estudia a transformación do capital circulando en fixo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Rickettsia da familia dos bartonelácidos.
-
Familia de rickettsias parasitos endocelulares vertebrados, que son transmitidos por artrópodos. Teñen aspecto bacteriano e son sensibles aos antibióticos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de rickettsias parasitas do home e, ocasionalmente, doutros mamíferos. Desenvólvense nos glóbulos e nos epitelios dos vasos sanguíneos. A especie B. bacilliformis causa a bartonelose ao home.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade endémica do Perú, Colombia e Ecuador, provocada pola rikettsias Bartonella bacilliformis e transmitida por un mosquito do xénero Phlebotomus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estadio do Eoceno, situado sobre o Biarritziano (ás veces considerado equivalente) e debaixo do Priaboniano, na zona que separa o Eoceno medio do superior. O seu estratotipo é Barton-on-sea (costa do Hampshire, Reino Unido).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Bartoniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que fai barullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento formado por unha rede ou malla, suxeitas a un aro, por onde pasa a fariña e outras substancias en forma de po, separando ao mesmo tempo as partes finas das grosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Sarria. As súas armas levan, en campo de goles, unha peneira. Outro apelido relacionado con esta caste é Barutar.
-
PERSOEIRO
Botánico alemán, mestre en Friburgo (1859) e Estrasburgo (1872). Realizou importantes estudios sobre a organización, o desenvolvemento e a patoloxía das criptógamas, especialmente dos fungos. Introduciu o termo simbiose.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Gran coñecedor das formas animais, traballou para un ourive e realizou modelos de animais para o Jardin des Plantes de París (1823-1831). A súa primeira época testemuña unha busca apaixonada do movemento. En 1837 impedíuselle expoñer nos salóns pero reapareceu en 1847 co León en repouso, sinal dunha nova dirección na súa obra: a busca romántica do movemento foi substituída pola clásica do equilibrio (Combate do centauro e do lapita, 1850). Realizou o tímpano do Pavillón do Reloxo do Louvre con Napoléon dominando a Historia e as Artes. Tamén cultivou a pintura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Está situado no concello de Agolada no límite coa provincia de Lugo. Pertenceu á orde do Temple, ao conde de Lemos e ao convento do Santo Espírito de Melide, ata que en 1586 foi mercado por Jorge Varela de Boado. Posteriormente, foi vendido coa súa xurisdición en 1590 a Diego de Lemos e Cadórniga, señor de Amarante. En 1640 foi novamente vendido a Antonio de Rivera y Salgado e en 1658 a Juan López de Basadre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha ígnea efusiva básica de gran fino, dunha elevada densidade e cor escura. Está constituída por plaxioclasa cálcica e por piroxeno, con ou sen olivina. O principal mineral accesorio é a magnetita. O basalto alcalino é típico das illas volcánicas (arco de illas). O basalto pouco alcalino (toleítico) é o máis estendido e constitúe as grandes coadas continentais e submarinas; estas últimas son de grande importancia xa que forman o fondo dos océanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante ao basalto pola súa forma.