"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga igrexa parroquial situada en Muros. Coñecida como a colexiata de Santa María do Campo,e construída en estilo románico durante a segunda metade do s XII, o edificio que se conserva foi iniciado polo arcebispo Lope de Mendoza e rematado polo concello de Muros. Da súa construción orixinal só se conservan algúns canzorros e algunhas pezas de cantaría. A antiga ábsida románica foi substituída por unha capela de estilo oxival, cuberta con bóveda de cruzaría e con varios sepulcros medievais no seu interior. A nave principal presenta cuberta de madeira a dúas augas e a ela ábrense seis capelas laterais, con cubertas que varían desde a bóveda estrelada á bóveda de cruzaría. Do interior, destacan as imaxes de Xesús Cristo agonizante, os relicarios e algúns ornamentos litúrxicos. A fachada presenta un pórtico sostido por catro columnas que precede á portada románica, con arquivoltas semicirculares e tímpano sobre mochetas. Na parte superior leva un rosetón e remata cunha estrutura pétrea que...
-
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa, situado ao L de La Rioja e regado polo Queiles, afluente do Ebro (3.199 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura. Destacan a viticultura e as industrias derivadas dela, como a elaboración de viños e as bodegas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Colaborador dos periódicos El Deber, La Paz ou El Lérez, fundou en Pontevedra o semanario El Independiente (1881-1882) e foi un dos impulsores da prensa diaria en Galicia. Caracterizado polo seu costumismo e imaxinación, da súa composición poética destacan Cantos inarmónicos (1874) e diversos poemas en galego, como “Unha de paus”, “O bautizo”, “O enterro” e “Cousas de mozos”. Cultivou tamén o teatro co drama La hija del timonel (1878) e a zarzuela con Percances de un viejo verde. O himno A Galicia foi premiado en Pontevedra (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir de 1882. De carácter moral e instrutiva, estaba dirixida aos máis pequenos.
-
-
Mamífero que pertence á familia dos sorícidos, da orde dos insectívoros, de tamaño pequeno que presenta o fociño alongado e en punta, os ollos moi pequenos e as orellas ocultas polo pelo, que é moi brillante. A maioría das especies presentan glándulas de almiscre que lles serven de defensa. Son moi activos e cazan invertebrados e pequenos vertebrados constantemente, non hibernan. A musaraña común (Sorex araneus) e a musaraña miúda (Sorex minutus) habitan por case toda Europa; a musaraña etrusca (Suncus etruscus) é o mamífero máis pequeno de Europa; a musaraña de auga (Neomys fodiens) habita nas beiras das correntes lentas de auga; a musaraña doméstica ou muraño (Crocidura russula) e a musaraña campesiña ou dos xardíns (Crocidura suaveolens) están presentes en Galicia, viven nos bosques, matogueiras e zonas algo urbanizadas, aliméntanse principalmente de insectos e os seus principais depredadores son as rapaces nocturnas e algúns carnívoros.
-
Mamífero insectívoro de 3,6 a 5,2 cm de lonxitude, cunha cola de aproximadamente 2,5 cm e 3 gramos de peso. É un dos micromamíferos máis pequenos do mundo. Ten o pelame grisáceo e o fociño afiado con grandes bigotes. É moi voraz, polo que come a maior parte do día, aliméntase de insectos, de lombrices e doutros invertebrados, incluso de maior tamaño que ela. Non pode pasar máis de 12 horas de xaxún porque morrería de inanición. Habita en terreos abertos, xardíns, muros de pedra e zonas de cultivo.
-
Mamífero insectívoro que vive nos xardíns, lindeiros dos bosques ou campos abertos ata os 1.600 m de altitude. É de hábitos nocturnos, aliméntase de insectos, e ten como principais inimigos a curuxa, a avelaiona e a donicela. OBS: Tamén se denomina muraño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a algúns nervios sensitivos e motores que innervan un segmento da pel. No brazo é unha rama do plexo braquial (V e VI parellas craniais), as ramas colaterais do que inervan os músculos toracobraquial, bíceps e braquial anterior do brazo, e as ramas terminais (anterior e posterior) innervan a metade externa da pel do antebrazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución museística creada polo Comité Olímpico Internacional e inaugurada en 1993. Situado en Lausanne, o edificio é obra do arquitecto Pedro Ramírez Vázquez. Símbolo da unión do deporte, a arte e a cultura, dispón de información sobre os xogos olímpicos desde a antiga Grecia ata os celebrados en época moderna. Está estruturado segundo as disciplinas olímpicas, os campións e a organización dos xogos modernos. Realiza exposicións temporais, seminarios, conferencias e outras actividades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de museos e galerías do Vaticano iniciados no s XVIII. Benedito XIV creou o Museo Sacro (1756) e Clemente XIII o Museo Profano (1767), ambos foron instalados suntuosamente na galería da Biblioteca Apostólica Vaticana. Clemente XIV (1770-1774) transformou en museo o palacio do Belvedere de Inocencio VII, e instalou as coleccións de escultura antiga iniciadas por Xulio II (1503-1513), formando así o Museo Pio-Clementino. Pío VI ampliouno e Pío VII (1800-1823) engadiulle a galería setentrional, sé do denominado Museo Chiramonti e Braccio Nuovo. Gregorio XVI fundou o Museo Gregoriano Etrusco (1837) e o Museo Gregoriano Egizio (1839). Pío XI fixo unha nova entrada aos museos e o edificio da Pinacoteca Vaticana (1932). Paulo VI (1970-1973) engadiulle a Collezione d’Arte Religiosa Moderna e abriu ao público o Museo Gregoriano Profano (creado en 1843 por Gregorio XVI), o Museo Pio Cristiano (creado en 1854 por Pío IX) e o Museo Missionario Etnologico (fundado por Pío XI en 1926). Dentro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo estadounidense, considerado o museo de historia natural máis grande do mundo, que se atopa na cidade de Nova York. Conta con corenta salas de exposicións, laboratorios de investigación e unha gran biblioteca. As súas exposicións están dedicadas á antropoloxía, á arqueoloxía, á xeoloxía, á mineraloxía, á paleontoloxía e á bioloxía. Destacan as salas dedicadas aos pobos indíxenas norteamericanos e a Sala de evolución e Bioloxía Humana. Desde 1871 patrocinou máis de mil expedicións científicas en todo o mundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casa museo situada en Ferreirela, no concello de Santa Eulalia de Oscos (Asturias), inaugurada en 2001 e dedicada a Antonio Raimundo Ibáñez, creador da fábrica de cerámica de Sargadelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo arqueolóxico fundado en 1914 pola Sociedade Pro-Monte da Guarda, para acoller os vestixios prehistóricos atopados no monte Santa Tegra, onde se trasladou en 1950. Atópase nun edificio baseado nun proxecto de Antonio Palacios. Custodia restos arqueolóxicos, ourivaría, numismática, cerámica e escultura, das idades de Pedra e dos Metais e sobre todo os achados castrexos, dos que sobresae a colección de esvásticas. Conta tamén cunha colección numismática de moedas romanas. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo da catedral de Santiago de Compostela, fundado en 1943. Creado para mostrar os achados atopados na basílica, está situado no claustro, na Sala Capitular, na Biblioteca, na sala do Tesouro e na cripta baixo o pórtico da Gloria. Entre os seus fondos conta con mostras arqueolóxicas, pintura, escultura, ourivaría, tapices, alfombras, roupa litúrxica, cerámica e mobiliario. Entre outras pezas destacan o coro pétreo do mestre Mateo, o Santiago peregrino de Xosé Gambino e os botafumeiros do s XIX. Na Biblioteca consérvanse o Codex Calixtinus ou Liber Sancti Iacobi, os tombos, a Historia Compostelana e documentos de grande importancia para a historia de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo da catedral de Mondoñedo inaugurado en 1969. Está situado entre a catedral e o palacio episcopal. Os seus fondos constan, tanto de obxectos relacionados coa liturxia, como de restos arqueolóxicos, ourivaría, tapices, mosaicos, retablos, pinturas ou esculturas, cunha cronoloxía que abrangue ata o s XX. Na planta alta conta coa reconstrución das estancias episcopais, cunha capela do s XI e un despacho dun bispo do s XVI; e na superior co dormitorio do bispo Luján do s XVI. Pertence ao Consello Galego de Museos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en 1990 e situado na colexiata de Santa María do Campo, na Coruña. Dirixido polo abade da colexiata, atópase nun edificio proxectado por Manuel Gallego Jorreto. Pertence ao Consello Galego de Museos. Acolle unha colección de ourivaría, especialmente pezas de prata procedentes de toda España, así como imaxes e ornamentos sagrados dos últimos cinco séculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no mosteiro de Santa Clara, en Allariz. A súa colección está composta principalmente por ourivaría e obxectos da liturxia de época barroca. Destacan especialmente dúas pezas: a Virxe abrideira (s XIII) e a Cruz de cristal de rocha, doadas ao convento (s XIII) por Violante de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en 1960 e situado na igrexa do mosteiro beneditino de Vilanova, en Lourenzá. Pertence ao Consello Galego de Museos. A súa colección inclúe importantes pezas de ourivaría, escultura, pintura, mobiliario e indumentaria, das que destacan un sartego do s V, unha ara e unha lauda do s IX e un relicario do s XVII. Conta coa biblioteca monacal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte abstracta fundado polos pintores Fernando Zóbel, Gerardo Rueda e Gustavo Torner en 1966, con sede nas casas colgadas de Cuenca. Os fondos iniciais, propiedade de Fernando Zóbel, constituían o mellor exemplo de arte abstracta española das décadas de 1950 e 1960. Desde 1980, converteuse en propiedade e responsabilidade da Fundación Juan March de Madrid, que contribuíu coa incorporación de novas obras. En 1987 recibiron as obras da colección Amos Cahan. Conta cunha biblioteca e coa edición de obra gráfica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte contemporánea fundado en 1970 polo Laboratorio de Formas do grupo Sargadelos e situado en Osedo (Sada). Naceu para acoller a colección de plástica galega da década de 1930 doada polos membros fundadores do Laboratorio de Formas e dedicouse ao pintor Carlos Maside. En 1974 creouse o padroado do museo e en 1985 ampliou a súa colección para acoller a obra de artistas galegos contemporáneos e adoptou o nome actual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte contemporánea situado no antigo edificio dos xulgados e do cárcere de Vigo, inaugurado en 2002. Mostra obras nacionais e internacionais, e acompaña o seu labor de exposición con traballos de investigación, así como coa organización de congresos e seminarios, celebrados nas súas instalacións. As súas liñas expositivas diríxense á presentación de mostras pluridisciplinais de arte actual, revisións históricas e mostras de novos artistas. Está integrado na Alianza Estratégica de Museos e a súa sede foi declarada Ben de Interese Cultural en 1991.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte contemporánea fundado por Unión Fenosa en 1995, na Coruña. Na súa sede atópase tamén o Museo Eléctrico. A orixe da súa colección está formada polas obras adquiridas nas mostras de pintura e escultura organizadas por Unión Fenosa desde 1989. Conta cunha importante representación da plástica galega. Entre outras actividades organiza os talleres para artistas, cursos e conferencias.