Museo Americano de Historia Natural
Museo Americano de Historia Natural
Museo estadounidense, considerado o museo de historia natural máis grande do mundo, que se atopa na cidade de Nova York. Conta con corenta salas de exposicións, laboratorios de investigación e unha gran biblioteca. As súas exposicións están dedicadas á antropoloxía, á arqueoloxía, á xeoloxía, á mineraloxía, á paleontoloxía e á bioloxía. Destacan as salas dedicadas aos pobos indíxenas norteamericanos e a Sala de evolución e Bioloxía Humana. Desde 1871 patrocinou máis de mil expedicións científicas en todo o mundo.