museo
(< lat musēu < gr μουσεῐον ‘templo das musas’)
-
s
m
-
Lugar en que se custodian coleccións de obras que pertencen ao mundo da arte, da ciencia ou da técnica.
-
Lugar en que hai obxectos artísticos ou curiosos.
Ex: A súa casa parece un museo. Visitaron a aldea museo.
-
-
s
m
Institución permanente non lucrativa, ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento, aberta ao público e que adquire, conserva, investiga, comunica e expón os testemuños materiais das persoas e do seu contorno, con finalidades de estudo, educación e pracer. Designaba na Grecia clásica un lugar conectado coas Musas ou as artes inspiradas por elas. Foi na época do Renacemento cando comezou a facer referencia a coleccións de arte e de antigüidades. As doazóns de particulares, eclesiásticos e monarcas fixeron posible a maioría dos grandes museos, que se enriqueceron a partir do colonialismo e das escavacións practicadas principalmente nos países mediterráneos e de Asia Menor. Os estudos museolóxicos e museográficos naceron no s XVIII en Alemaña e desenvolvéronse co espírito da Ilustración. No s XX recibiron un gran pulo, sobre todo a partir da creación no seo da Sociedade de Nacións da Oficina Internacional de Museos (1926-1946) e da creación do ICOM (International Council of Museums) en 1947, co patrocinio da UNESCO. A partir da década de 1960, desenvolvéronse novas experiencias de renovación museolóxica: os museos comunitarios, para a defensa da identidade das sociedades marxinadas; os ecomuseos, de carácter interdisciplinario e baseados na contextualización do patrimonio cultural e natural, e que procuran a participación activa da poboación e do seu propio desenvolvemento; e a interpretación, orientada a ofrecer lecturas e opcións para un uso activo do patrimonio, incorporando toda clase de recursos de presentación (escenográficos, audiovisuais) e de animación. A crise das teorías museolóxicas tradicionais deu pé a unha nova museoloxía, pero tamén xerou opcións que rexeitan calquera modelo museístico, especialmente no mundo da arte contemporánea. A participación de recoñecidos arquitectos na creación de novos museos ten comportado a miúdo unha situación de supeditación das coleccións á beleza dun edificio emblemático. En Galicia creouse en 1983 o Consello Galego de Museos, con sede en San Domingos de Bonaval, coa finalidade de coordinar e buscar a colaboración entre as institucións museísticas galegas.