Museo Arqueológico Nacional

Museo Arqueológico Nacional

Museo arqueolóxico de titularidade estatal fundado en 1867, situado en Madrid. A súa finalidade é a conservación, investigación e difusión dos seus fondos, así como o apoio documental e divulgativo dos novos proxectos arqueolóxicos e científicos. As súas coleccións abarcan desde a prehistoria ata o s XIX, pero destacan os vestixios pertencentes á prehistoria, protohistoria, Antigo Exipto, Próximo Oriente, Grecia, Roma, Idade Media e Moderna, así como o gabinete numismático. Realiza tamén exposicións temporais e conta cunha biblioteca especializada en publicacións científicas de arte, historia, arqueoloxía e museoloxía, cun arquivo e cun servizo fotográfico. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.