"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Poeta e cronista maior do Reino portugués. Entre as súas obras históricas sobresae a Crònica do muito alto D. João III (1613); como poeta, é autor do poema épico Primeiro cerco de Diu (1589).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e dourador. Entre as súas obras máis salientables cómpre destacar a súa intervención no retablo de San Sebastián na Capela de San Roque de Santiago (1678), a pintura e dourado do retablo das Reliquias do convento de Vilanova de Lourenzá (1679), o retablo da desaparecida capela de San Roque en Pontedeume (1684) e o antigo altar da capela dos Remedios de Mondoñedo (1700), que pintou xunto con Alonso Canedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica, situada en Pontedeume, de finais do século XII na que se conserva principalmente a ábsida semicircular. O máis destacado deste templo é a colección de canzorros que se sitúan baixo o beiril: os máis sinxelos decóranse con grandes volutas, estrías verticais e varios rolos, algúns unidos por un bocel. Outros presentan figuras humanas espidas e de crequenas. O interior da ábsida quedou oculto pola colocación dun retablo que foi traído da igrexa do mosteiro de Santa María de Monfero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico brasileiro. Formouse como documentalista e iniciouse con dous filmes de carácter político Macunaíma (1969) e Os inconfidentes (1971). Máis tarde dedicouse á comedia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor brasileiro. Participou no movemento modernista do seu país e cultivou a poesía (Pau Brasil, 1925) e a novela (Marco Zero, 1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. En 1920 foi un dos promotores da escisión que deu lugar ao Partido Comunista de España (PCE). Separouse del no ano 1930 para converterse en membro da executiva do Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM) e residiu en Barcelona dende o 1936. Entre 1939 e 1978 permaneceu exiliado en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e político angolano. Como expresión da súa faceta poética publicou en 1958 unha antoloxía da poesía africana de expresión portuguesa. A súa actividade política comezou en 1956, cando xunto con outros compañeiros fundou o Movemento Popular de Libertação de Angola (MPLA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e folclorista brasileiro. Foi un dos iniciadores do Modernismo no Brasil e, posteriormente, evolucionou cara a formas vangardistas. Ademais de novelas como Macunaíma (1928), deixou estudios e recompilacións de cancións e danzas brasileiras como Ensaio sobre a música brasilera (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción pacega levantada por D. Fernán Pérez de Andrade o Boo no ano 1371 e da que só se conserva a torre de homenaxe. Esta torre de planta cuadrangular e vans oxivais, sufriu a destrución das guerras irmandiñas para ser reconstruída por Diego de Andrade no século XV. Declarada Monumento Nacional Histórico Artístico no ano 1924, foi restaurada no 1974 e agora é sede da oficina municipal de Turismo de Pontedeume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torre de homenaxe do que fora castelo de Fernán Pérez de Andrade, quen o mandara construír no 1396. Está situada na parroquia da Nogueirosa, a 309 m de altitude, e desde alí pode outearse todo o esteiro do Eume e a vila de Pontedeume ao seu carón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de calcio e ferro, (SiO4)3Fe2Ca3, do grupo dos granates. Cristaliza no sistema cúbico, formando cristais informes e granulares; de cor parda, se ben tamén pode ser verde, incolora ou negra. Ten dureza 6-7,5 e peso específico 3,9. É un mineral típico de metamorfismo de contacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia e concello de Mondoñedo de 515 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilanova de Arousa baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político húngaro, conde de Andrássy. Membro da dieta maxiar (1861) e vicepresidente da cámara de deputados (1865), interveu no compromiso constitucional austro-húngaro (1867) e foi Primeiro Ministro (1871-1879) do imperio austro-húngaro. Durante a guerra franco-prusiana (1870-71) representou o Imperio nas reunións da Liga dos Tres Emperadores (1872) e estendeu a alianza a Italia (1875). Foi un dos promotores do Congreso de Berlín (1878), onde obtivo para Austria o dereito para ocupar Bosnia e Hercegovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político maxiar, conde de Andrássy, fillo de Gyula Andrássy. Ao rematar a Primeira Guerra Mundial negociou a paz por separado con Italia (1918). Foi deputado da Asemblea Nacional (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello de Mallorca que ocupa os últimos contrafortes da serra da Tramuntana (82 km2; 8.098 h [1996]). O turismo é un sector moi importante neste municipio: existen diversas zonas turísticas, amais das ruínas do antigo mosteiro da Trapa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do primeiro Bispo da Diócese de Iria Flavia, unha das localidades máis importantes do Reino Suevo de Galicia, trala reorganización eclesiástica promovida por san Martiño de Dumio e polos Concilios Bracarenses do s VI, que delimitaran con precisión os lindes das dióceses. O Bispo André foi un dos protagonistas desta reorganización e figura como confirmante das actas do segundo dos Concilios Bracarenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso teatino. Profesou nesa orde no ano 1558, logo de trocar o seu nome de Lancellotto Avellino e abandonar a avogacía. Foi amigo de San Carlos, Arcebispo de Milán, quen lle encargou a fundación dun convento de teatinos. Foi canonizado pola Igrexa Católica en 1712. A súa festividade celébrase o 10 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Viviu en Palestina baixo a dominación árabe e foi Arcebispo de Creta. É autor de varias poesías litúrxicas, entre as que o “Gran canon” permanece en uso aínda na actualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO