"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Bebida espirituosa elaborada con 2 g de esencia de menta piperina disolta en 500 g de alcol e 500 g de xarope de azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos perciformes.

    2. Peixe da orde dos perciformes.

    3. Orde de peixes da subclase dos osteíctios, que teñen as aletas dorsais dotadas dun certo número de raios espiñosos situados en posición anterior, as aletas peitorais están situadas bastante arriba, e as ventrais, se existen, están en posición torácica. É a orde de peixes máis extensa e máis evolucionada filoxeneticamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesora e bibliotecaria. Doutora en Filosofía e Letras e con estudos en biblioteconomía e documentación, foi directora da Biblioteca Universitaria de Vigo. Experta en fontes de información e temas relacionados coa prensa, especialmente, coa galega, escribiu numerosos artigos para distintas publicacións, como Arbor, Encrucillada, Galicia en Madrid, Gran Enciclopedia Gallega, Métodos de información e A Nosa Terra, e é autora de Repertorio bibliográfico sobre a prensa galega (1993), en colaboración con Rosa Cal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Pamen Pereira, licenciouse en Belas Artes (1986) e ampliou estudos en Xapón. Participou no colectivo De Galicia (Madrid, 1988). O seu estilo evolucionou desde a figuración expresionista ata unha mecánica naturalista. Nas súas instalacións empregou materiais como o alcatrán, a masa de pan, a feluxe, a cera ou a auga sobre o papel, e realizou composicións en que mesturou a corda, a estopa ou as fotografías en cor. Da súa produción destaca a serie Chagas abertas da natureza e a alma (1988) e as obras Antoloxía hidráulica (1987), Puente para río circular (1991), Follabosque (1992), O lume do filántropo (1993), Música do baleiro (1994) e Rueda de fuego (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Abandonou os estudos de arquitectura para dedicarse á pintura. A finais da década de 1960 entrou en contacto cos artistas do neofigurativismo madrileño, polo que progresivamente foi abandonando o xeometrismo das súas obras. Viaxou por Italia (1975), feito que tamén influíu na súa pintura, na que introduciu elementos mitolóxicos e recursos manieristas, en moitas ocasións integrados en composicións arquitectónicas. Realizou os frescos da Cámara de Comercio de Sevilla e os do teito do Pabellón de Andalucía, na Expo’92. As súas obras, de forte colorido e luminosidade, representan a personaxes que se moven en complexas escenografías teatrais, que unifican interiores con exteriores. Destacan Grupo de personas en un atrio o alegoría del arte y la vida o del presente y el futuro (1975-1976), Escena de los personajes a la salida de un concierto de rock (1979) ou Figura reclinada veneciana moderna (2004). Realizou tamén gravados, deseños de mobles, decoracións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de expresión artística que combina elementos teatrais, musicais e visuais co fin de conseguir un resultado de interactuación e acción pública, unha arte en vivo. A súa orixe coincide coa do happening en Nova York, aínda que o seu desenvolvemento foi total na década de 1970. Afín ao body art, reivindicaba unha transgresión da forma tradicional da arte, afondando no corpo, a palabra, o xesto e os comportamentos sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de tecidos secundarios que substitúen a epiderme no talo e na raíz. Consta, de fóra a dentro, de súber, felóxeno e felodermo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de reserva que posúen certas sementes, orixinado pola nucela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación dos tecidos que envolven o cordón espermático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao perisperma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solo xeado permanentemente, propio de áreas de clima periglacial. Durante a época estival desxéase a parte superficial -mollisol-, que queda empapada de auga xa que o solo xeado en profundidade actúa coma unha capa impermeable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de ferro e níquel, de elevada permeabilidade magnética e feble histérese magnética, que se emprega na fabricación de cables submarinos, de núcleos de bobina e de elementos de máquinas eléctricas sometidos á acción de campos magnéticos alternos, entre outros usos. A composición da aliaxe orixinal é de 78% de níquel e 22% de ferro, pero actualmente obtense algunha destas aliaxes con pequenas cantidades doutros compoñentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Continuar algo ou alguén nun estado, situación ou circunstancia en que se encontraba.

    2. Estar nun lugar durante un tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou estado de permanente.

    2. Estancia nun lugar durante certo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que permanece.

    2. Ondulación artificial dos cabelos que dura moito tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido permangánico. Os permanganatos presentan carácter oxidante, e os dos metais alcalinos son moi empregados na análise química.

    2. Anión de fórmula MnO 4 - , que presenta coloración violeta tanto en fase sólida como en solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oxoácido mineral que existe unicamente en solución. É un ácido forte, e os seus sales non se hidrolizan, presentando un carácter oxidante enérxico tanto en medio ácido como neutro ou básico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de análise volumétrica de substancias redutoras que fai uso dunha solución colorante de permanganato potásico. A forza oxidante do permanganato en medio fortemente ácido, segundo a semiecuación MnO4- + 8H+ + 5e- ä Mn2+ + 4H2O, E0 = 1,51 V, é suficiente para permitir a determinación de substancias redutoras tales como ferro (II), oxalatos, ferrocianuros, nitritos, sulfitos ou auga osixenada, empregando xeralmente o mesmo reactivo valorante (coloración violeta) como indicador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo electrónico de atmosfera gasosa provisto dun cátodo termoelectrónico, análogo a un tiratrón pero construído de xeito que a descarga pode ser controlada mediante un campo magnético.

    VER O DETALLE DO TERMO