"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Médico especialista en neurocirurxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do cranio que recobre o encéfalo e vai unida á columna vertebral pola rexión occipital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de indiferenza psíquica e repouso motor sen perda profunda da consciencia que foi descrita por Mundeleer e De Castro en 1959. Co emprego dun tranquilizante maior (neuroléptico) en doses altas e un analxésico potente, conséguese un estado de profunda sedación, analxesia e esmorecemento neurovexetativo que permite realizar intervencións cirúrxicas importantes sen necesidade doutro tipo de anestesia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de anestesia combinada que, ademais do neuroléptico e o analxésico como na neuroleptoanalxesia, emprega un anestésico xeral que pode ser o protóxido de nitróxeno ou calquera outro hipnótico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente químico que é producido polas células presinápticas, por efecto dunha excitación neuronal que atravesa a sinapse e estimula ou inhibe a célula postsináptica. Prodúcese dentro do corpo celular, almacénase en vesículas na rexión sináptica e transmite o impulso nervioso a través das sinapses. O seu estudo permitiu atopar moitos fármacos axeitados para o tratamento de trastornos psíquicos.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania-Palatinado, Alemaña, situada ao L de macizo de Haardt (51.600 h [1990]). É o centro dunha rica zona vinícola. Creada no s XIII polos condes do Palatinado, tivo importancia na época da Reforma e foi seo dunha facultade de teoloxía protestante.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
neutralizador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aleksandr Sergejevič Skobelev.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada nas Neves. De estilo barroco, data de 1668 e foi obra do arquitecto Melchor de Velasco Agüero e do canteiro Amaro do Campo. Ten planta de cruz latina e cuberta abovedada. Destaca a súa torre en forma piramidal graduada e o retablo barroco da capela maior.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político brasileiro. Foi ministro da Xustiza e Negocios Interiores (1953-1954) e director do Banco de Crédito Real de Minas Gerais (1955). Foi elixido presidente da Republica de Brasil en 1985 aínda que non chegou a tomar posesión do cargo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nova Irlanda.
-
CIDADES
Cidade do Estado de Louisiana, EE UU (484.674 h [2000]). Situada no delta do Mississippi, esténdese pola ribeira esquerda do río ata o lago Ponchartrain, no interior. É unha cidade moderna e ten no centro o orixinario establecemento francés Vieux Carré. Convertida nun gran centro comercial e núcleo industrial, posúe un dos portos máis importantes de EE UU, en que destaca o gran mercado de algodón. Fundada en 1717-1718 pola Compañía de Occidente de John Law, recibiu o nome na honra do duque de Orléans, rexedor de Francia. Converteuse en capital de Louisiana, pero en 1763 foi cedida aos españois e en 1803 vendeuse a EE UU. Desenvolveuse pouco, ata que, ao comezo do s XIX, a afluencia de emigrantes alemáns e de comerciantes norteamericanos lle deu un grande impulso e centralizou o comercio de Mississippi e dunha gran parte dos estados do Sur. No s XX desenvolveu unha potente economía industrial. Está considerada o berce do jazz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bolsa de Nova York. É a primeira do mundo e coñécese tamén como Wall Street por estar instalada nesta rúa desde 1792. Está organizada desde 1817 en forma de asociación privada, pero regulamentada e controlada polo Federal Reserve Board. O seu índice bolsista más coñecido é o Down Jones.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terranova.
-
PERSOEIRO
Químico. Ideou un sistema de agrupación de elementos químicos baseándose na súa obra Lei dos octavos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periodicidade descuberta no comportamento dos elementos químicos en 1864 por J. A. R. Newlands ao dipoñer os elementos químicos ordenados segundo o seu peso atómico crecente e constatar que o primeiro elemento da serie era análogo a oito, o segundo a nove e o terceiro a dez.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo estadounidense. Influído por Stiegliztz e Beaumont Newhall, traballou para Fortune, Life, Look, Newsweek e Enquire, e especializouse nos “environmental portraiture”, retratos en que captaba a atmosfera profesional e a vida dos fotografados, como a de John F. Kennedy ou Pablo Picasso. A súa obra recolleuse en publicacións como One’s Mind Eye (1974), Arnold Newman in Florida (1987) e Arnold Newman (2000). Recibiu a medalla de ouro da Bienal de Venecia (1963), o premio a unha vida de traballo da Sociedade Americana de Fotógrafos de revistas (1975), o Infinity Award for Master of Photography da ICP (1999) e foi nomeado doutor honoris causa (1981) pola Universidade de Miami.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi cofundador do grupo The Club (1948). A súa arte, froito dunha mentalidade de intelectual con preocupacións existenciais, foi estática e caracterizouse polas grandes masas uniformes, normalmente verticais (The name, 1949). Vinculado ao expresionismo abstracto, considerouse un precursor do minimal art. Destacan as súas pinturas Onement I (1948), Dionysius (1949) e Achilles (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. En 1825 foi ordenado pastor da Alta Igrexa e en 1833, con John Keble, iniciou o denominado movemento de Oxford, que buscaba unha restauración dos ideais da Alta Igrexa do s XVII. En Tract 90, Newman presentou unha interpretación católica dos 39 artigos da Igrexa de Inglaterra, que lle outorgaron a condena da Hebdomadal Board da Oxford University e de 24 bispos da comuñón anglicana. Posteriormente retirouse e entrou na comuñón romana (1845). En 1847 foi ordenado sacerdote e fundou os oratorios de Maryvale e de Edgbenton, en Birmingham. En 1879 foi nomeado cardeal polo Papa León XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico estadounidense. Alumno do Actor’s Studio de Nova York, está considerado unha figura esencial na historia do cine, tanto polo seu dinamismo como polo seu carisma persoal. Da súa filmografía destacan Somebody Up There Likes Me (1956), Cat on a Hot Tin Roof (1958), The Long, Hot Summer (1958, premio ao mellor actor en Cannes), The Hustler (1961), Sweet Bird of Youth (1962), The Sting (1973), The Color of Money (1986, Oscar ao mellor actor 1987), Mr. and Mrs. Bridge (1990), Nobody’s Fool (1994, Silbenen Bär de Berlín 1995) e Road to Perdition (2002). En 1985 recibiu un Oscar honorífico.
VER O DETALLE DO TERMO