"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

    1. Calidade de permeable.

      1. permeabilidade magnética/absoluta

        [ì] Propiedade dos medios materiais que modifica a acción dos polos ou masas magnéticas, así como a indución magnética B, que resulta cando o medio está sometido a unha intensidade de campo magnético H. Intervén nas reaccións do magnetismo e de electromagnetismo. A súa unidade de medida é H/m.

      2. permeabilidade magnética relativa [ì r ]

        Relación entre a permeabilidade absoluta e a do baleiro ì 0 , que vale 1,256×10 -6 H/m.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que deixa pasar un gas ou un líquido a través dos seus poros.

      2. Que deixa pasar algún tipo de radiación.

    1. Que se deixa influír con facilidade por opinións alleas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para medir características magnéticas de materiais ferromagnéticos, especialmente a permeabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnitude inversa da relutancia. O símbolo empregado é Ë ou P, e a unidade de medida, o wéber por ampere volta (Wb/Av). OBS: Tamén se denomina condutancia [condutancia] magnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema transportador específico a través de membranas biolóxicas de natureza total ou parcialmente proteica. Nunha soa bacteria hai moitos milleiros destes sistemas. A membrana interna das mitocondrias ten algunhas que permiten pasar diversos metabolitos a través da dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor belga. Nun principio estivo influído polo impresionismo pero despois decantouse polo expresionismo e pintou personaxes populares. Desde 1930 a súa obra revestiuse dunha refinada brutalidade. Destacan L’étable, Le pain noir (1925) ou Maternité.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania (929 km2; 36.979 h [estim 1993]). A súa capital é Përmet (7.600 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico que actúa como insecticida de aplicación foliar activo por inxestión e contacto sobre pragas resistentes a outros insecticidas, pero sen actividade acaricida. Está autorizado en cultivos de algodón, cítricos, sorgo, plantas de horta e ornamentais. O seu termo de seguridade varía entre 7 e 21 días, segundo o cultivo de que se trate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Último período ou sistema do Paleozoico ou era Primaria, situado por riba do Carbonífero. Comprende desde os 286 ata os 248 millóns de anos. Marca un dos cambios máis importantes da historia xeolóxica, o paso da era Primaria á Secundaria. Neste período extinguíronse case a metade das familias de animais e plantas, e ao inicio da era Secundaria subseguinte produciuse unha intensa renovación biolóxica. Posiblemente, o final do Permiano coincidiu co cambio da velocidade da rotación terrestre, que orixinou, ao mesmo tempo un cambio climático e fortes tensións tectónicas. As áreas continentais, xa importantes no Carbonífero, estendéronse máis e aumentou a aridez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Permiano.

    2. komi.

    3. Rama de linguas do grupo finoúgrio, do phylum urálioco, constituída polo votiaco e o siriano, que se falan no O dos Urais centrais e setentrionais. É unha rama moi homoxénea: o votiaco e o siriano coinciden en máis do 70% do seu léxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode permitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de permitir.

    2. Figura coa que se finxe permitir ou deixar algo ao arbitrio alleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen goza dunha licenza ou permiso.

    2. Persoa que goza dunha autorización da Administración Pública para levar a cabo unha actividade, unha explotación ou unha investigación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de permisivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que permite ou consinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Consentimento formal, oral ou escrito, que autoriza a dicir ou facer algo.

    2. Autorización ou licenza que se dá a alguén para cesar temporalmente no seu traballo, estudos e, especialmente, no servizo militar.

      1. Documento que acredita unha autorización.

      2. permiso de armas

        Licenza outorgada por unha autoridade gobernativa, que lexitima a posesión e uso de armas de fogo, curtas ou longas, de alma estriada.

      3. permiso de circulación

        Autorización que permite circular a un vehículo de motor.

      4. permiso de condución

        Autorización para poder conducir un vehículo con motor.

      5. permiso de residencia

        Concesión oficial feita a un estranxeiro pola autoridade do país en que se atopa, para poder residir nel durante un tempo determinado.

      6. permiso de traballo

        Documentos que lles entregan as autoridades dun país aos estranxeiros que queren traballar nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar autorización ou liberdade para facer algo.

    2. Facer que algo sexa posible.

    3. Tomarse alguén a liberdade de facer algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constante que expresa a influencia dun medio isótropo sobre as forzas de atracción ou de repulsión entre corpos electrizados. Cómpre distinguir entre permitividade absoluta e relativa. A permitividade absoluta é o cociente entre a indución eléctrica ou desprazamento D e a intensidade do campo eléctrico E, e represéntase por å, é dicir, å = D/E. A permitividade do baleiro vale å0 = 8,859×10-12. A permitividade relativa é a relación entre a absoluta e a do baleiro, é dicir k = å/å0. OBS: Tamén se denomina constante dieléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO