"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Matemático. Catedrático de Análise Matemática da Universidade de Santiago de Compostela. Foi asesor científico da National Science Foundation da OTAN. Ten publicado numerosos artigos dos que destacan “Ecuaciones diferenciales difusas” (1997) e “Basic theory for nonresonance impulsive periodic problems of first order” (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista. Considerado o mellor piloto español da historia, debutou no GP de España en 1964, en 50 cc. Correu o campionato do mundo con motos Derbi, Kreidler, Bultaco, Minarelli e Garelli, e foi campión de 125 cc (1971, 1972, 1979, 1981, 1982, 1983 e 1984) e de 50 cc (1969, 1970, 1972, 1975, 1976 e 1977). En 1986 deixou a competición e pasou a ser xefe de equipo en diversas escudarías. Recibiu a Gran Cruz del Mérito Civil e a Medalla de Oro al Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Residiu en Bos Aires (1921-1923) e frecuentou as tertulias da Xeración do 98 en Madrid. Retratista e figurista, foi un correcto académico, do que destacan as obras Gitana (1914) e Retrato de D. Julián Besteiro Fernández (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nietzsche ou á súa filosofía.

    2. Seguidor de Nietzsche ou da súa filosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en 1791 ao tenente xeneral Louis de Nieulant Dumas de Manse, capitán xeneral de Castela a Vella, señor de Nieulant en Flandres, que despois pasou aos Guzmán, marqueses de Bolaños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte. Foi un dos fundadores do grupo COBRA, xunto con K. Appel e Corneille. Retirouse desta vertente artística para crear, durante dez anos, a cidade utópica New Babylon. Participou na Internacional Situacionista. Da súa obra pitórica, que retomou despois de 1970, destaca A liberdade insultando ao pobo e Encontro de Ubu e Justine no labirinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Morales Nieva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Fiz que dá nome ao concello de Nigrán, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Vigo, situado no SO da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Pontevedra ( 42° 08’ 12” de latitude N e 8° 47’ 30” de lonxitude O). Limita ao N con Vigo (comarca de Vigo); ao S con Gondomar e Baiona (ambos os dous da comarca de Vigo), ao L de novo con Gondomar e, ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 34,8 km 2 c unha poboación de 17.668 h (2007), distribuídos nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Panxón, Parada, Priegue e A Ramallosa. A súa capital é Nigrán, situada na parroquia homónima, localizada a 49 km de Pontevedra e 107 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial de Vigo.
    Xeografía física
    O relevo caracterízase pola presenza, na área oriental e setentrional, dos contrafortes da serra do Galiñeiro, que actúan como divisoria local de augas e como fronteira cos concellos veciños, mentres que na área occidental, se sitúa na beira do Océano Atlántico....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Nigrán. Datada no s XVII, trátase dun edificio con planta en forma de L e escaleira no ángulo. Conta con patio interior e solaina na fachada sur. Experimentou reformas a finais do s XX, en que se engadiu unha galería nova na fachada lateral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo de Cea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nigrán ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Nigrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de invocar os defuntos para obter   por medio deles, o coñecemento das cousas futuras. Existen testemuños da práctica desta arte en Babilonia, en Grecia e en Roma e tamén foi practicada polos hebreos. Entre os primeiros cristiáns foi condenada, e atópanse trazos na Idade Media e no Renacemento. Aínda subsiste, esporádica e clandestinamente en África ecuatorial, nas Antillas e en Tíbet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica a nigromancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á nigromancia.

    2. nigromante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe e escritor. Coñecido como o Asceta ou o Sinaíta, porque a lenda o fixo, erroneamente, monxe do Sinaí. Escribiu diversos tratados ascéticos e un gran número de cartas. A súa festividade celébrase o 12 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe italiano. Despois de organizar a vida cenobítica de tradición bizantina en Calabria e noutros lugares, fundou, en Lacio, a abadía grega de Grottaferrata. A súa festividade celébrase o 26 se setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe e místico ruso. Levou vida monástica no monte Athos, onde se integrou na corrente espiritual do hesicasmo. Fundou o mosteiro de Sora, no N de Rusia, dunha gran pobreza individual e colectiva. Os seus seguidores foron denominados ‘non posuidores’, en fronte da corrente oposta que defendía Josep de Volokolamsk, que acabou triunfando. Foi canonizado pola Igrexa Ortodoxa Rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás linguas nilo-saharianas.

    2. Phylum lingüístico de linguas africanas que se falan nunha área que abarca de Mali a Etiopia e de Exipto ao N de Tanzania. Comprenden as familias lingüísticas  koma, maba, sahariano (co Kanuri), sudanés oriental (no que están algunhas das linguas máis faladas como o masai, luo ou  nuer que pertecen ao nilótico e o nubio), sudanés central, kunama, berta, songhai e fur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudou en Barcelona e París. Das súas obras para piano destacan Danse ibérienne (1926), Chaîne de valses (1927), Message à Debussy (1929) e Berceuse pour les orphelins d’Espagne (1939). Tamén compuxo música de cámara, obras para canto, o ballet L’écharpe bleue (1937) e escribiu os libros Pour l’art (1909) e Idées et commentaires (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO