"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Rei de Camboxa (1941-1955; e desde 1993), neto de Norodom I. Subiu ao trono en 1941, pero despois de conseguir a independencia de Francia en 1954, abdicou (1955) no seu pai, Norodom Suramarit, para ser o primeiro ministro. Morto seu pai (1960), renunciou á coroa e pasou a xefe de estado. En 1970 foi deposto por un golpe de estado dirixido polo xeneral Lon Nol e refuxiouse en Pequín, onde formou un goberno no exilio. Ao rematar a Guerra Civil (1975) foi nomeado de novo xefe de estado, pero dimitiu (1976). A raíz da ocupación do seu país por parte de Vietnam (1978) exiliouse a China e a Corea do Norte. En 1982 chegou a presidente do goberno de coalición de Kâmpuchéa Democrática, recoñecido pola ONU. En setembro de 1990 foi elixido presidente polo Consello Nacional que había de realizar a transición de Kâmpuchéa á democracia. En novembro de 1991 retornou a Camboxa e foi proclamado novamente rei en 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Europa Setentrional, en Suecia, que abrangue os läner de Norrbotten, Västerbotten e Jämtland, ademais doutras rexións históricas menores. Acolle a un 15% da poboación sueca (243.229 km2).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (21.658 km2; 1.345.697 h [estim 2000]). A súa capital é Cúcuta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito que separa Escocia do NL de Irlanda e comunica o mar de Irlanda co Atlántico. Ten unha lonxitude duns 150 km e esténdese desde o Rhinns Point, ao N, ata Mull of Galloway, ao S. O porto principal é Belfast.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Ourense. Baixo a advocación orixinal de san Domingo, pertenceu ao antigo convento dominicano e construíuse entre 1642 e 1666. En 1851 converteuse na igrexa de Santa Eufemia do Norte. A planta é de cruz latina con dúas naves, rematada nunha bóveda de medio canón. No seu interior destacan os retablos barrocos, obra de Francisco de Castro Canseco (1708).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao N de África ou ao seus habitantes.
-
Natural ou habitante do N de África.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a América do Norte ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de América do Norte.
-
-
estadounidense.
-
-
-
Relativo ou pertencente á subraza norteatlántida ou aos seus representantes.
-
Individuo da subraza norteatlántida.
-
Subraza que pertence á raza amerindia, de estatura elevada e tendencia á mesocefalia. Ocupaba a zona comprendida entre as Montañas Rochosas ata a costa atlántica. Comprende grupos étnicos como os síux, os mohicanos ou os cheyennes, actualmente case extintos.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Irlanda do Norte ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Irlanda do Norte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo Norteamericano de Libre Comercio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División administrativa de Gambia (2.256 km2; 156.462 h [1993]). A súa capital é Kerewan (2.500 h [1983]).
-
RIOS
Río de EE UU, afluente do Canadian River pola esquerda (1.356 km). Nace no altiplano de Novo México. Atravesa o estado de Oklahoma e a cidade de Oklahoma City.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Escocia, Reino Unido (474 km2; 327.620 h [estim 2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Área estatística de Nova Zelanda, na illa do Norte (12.604 km2; 140.130 h [2001]). A súa capital é Whangarei (45.785 h [2001]).
-
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (5.026 km2; 310.400 h [estim 2001]). A súa capital é Newcastle upon Tyne.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta polaco. De espírito místico e formas complicadas de asimilar, destacan os seus poemas patrióticos “Traurnaja rapsodija pam ’ati Bema” (Rapsodia fúnebre á memoria de Bem, 1851) e “Fortepiano Copena” (O piano de Chopin, 1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Monforte de Lemos, fundada en 1591 polo cardeal Rodrigo Fernández de Castro. O proxecto inicial foi obra do xesuíta Andrés Ruiz xunto con Veremundo Resta, pero desde 1593 dirixiu a súa construción Juan de Tolosa que modificou os planos iniciais. Este formouse con Juan de Herrera no Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial, o que explica a similitude entre ambas as dúas obras. Desde 1602 ata 1622, data de remate do complexo arquitectónico, dirixiu as obras Simón de Monasterio, autor das torres e do claustro. Trátase dunha construción monumental que se artella arredor da igrexa que ocupa o eixe central, e aos seus lados sitúanse as dúas ás edificadas, cada unha co seu patio. Ten planta de cruz latina cunha soa nave, á que se abren catro capelas intercomunicadas por cada lado, que simulan naves laterais. As pilastras teñen o fuste estriado e sosteñen unha cornixa voada da que sae a bóveda de canón con casetóns que cobre a nave. No cruceiro a cúpula...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Bilbao a partir de 1977. Subtitulada “Órgano informativo da Casa de Galicia en Bilbao ao coidado do departamento de Cultura”, estivo editada por esta sociedade de emigrantes. Incluíu información sobre o labor da Casa de Galicia e a súa vida interna, noticias de actualidade e sobre publicacións galegas, contos e poesías. Esta revista tivo relación coas publicacións Cultura, O Curruncho, O Currunchiño, Follas Novas e Revista de la Casa de Galicia, editadas na mesma cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Barcelona desde 1994. Promovida pola Escola de Gaitas e Danzas Toxos e Xestas, responsable tamén da edición dun boletín, e dirixida por Mercedes Castro, non tivo periodicidade fixa.
-
PERSOEIRO
Escritor alemán. Perseguido polos nazis, caracterizouse por un estilo lacónico e preciso, que leva ao lector dos feitos ao irreal. Publicou Interview mit dem Tode (Entrevista coa morte, 1948), Spirale (Espirais, 1956) e Pseudoautobiographische Glossen (Glosario pseudoautobiográfico, 1971).
VER O DETALLE DO TERMO