"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Aplícase ao organismo que vive nun ambiente medianamente osixenado en que existe unha considerable cantidade de materia orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento das enfermidades mediante a aplicación externa de pezas de metal sobre a pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á metaloterapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que certos elementos que pertencen a un tecido producen outros elementos que se afastan dos primeiros e que constitúen células e tecidos que teñen características físicas e químicas diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á metaplasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de inclusións constituído principalmente por proteínas filiformes que se forman na célula durante a súa diferenciación, como son as miofibrilas das células musculares ou as neurofibrilas das células nerviosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao metaplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alteración dunha palabra por adición (prótese, epéntese, paragoxe), subtracción (aférese, síncope, apócope, elisión), por transposición de letras (metátese) ou por contracción de letras ou sílabas (contracción, sinérese).

    2. Cambio de xénero dunha palabra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Lucania, que corresponde á actual Metaponto (Basilicata), que foi fundada no s VIII a C, posiblemente polos aqueos de Peloponeso. Habitárona os gregos e posteriormente aliouse cos romanos, en 210 a C ocupouna o militar cartaxinés Aníbal, pero foi de novo reconquistada polos romanos, e coñeceu un grande esplendor durante a época imperial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da psicanálise proposta por S. Freud que se dedica ao estudo da psique e da súa relación coa realidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da psicoloxía que estuda, entre outros, os fenómenos de percepción extrasensorial, que consisten en procesos psíquicos que non se poden comprender a partir de procesos sensoriais ordinarios. Forman parte do seu obxecto de estudo fenómenos subxectivos, como a telepatía e a clarividencia, e obxectivos, como a telecinesia e o ectoplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á metapsíquica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo alemán. Contribuíu á difusión do tema do antropocentrismo, entendido a través do manifesto Cristliche Anthropozentrik (Antropocentrismo cristián, 1962). En Glaube in Geschichte und Gesellschaft (Fe na historia e sociedade, 1977), sinalou a dobre estrutura mística e política da teoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1071-1078), fillo e sucesor de Constantino X. O seu reinado foi unha sucesión de desastres: insurrección dos búlgaros, incursións dos pechenegos en Macedonia e Tracia ou revoltas dos selxúcidas en Armenia. Impotente para afrontar unha situación tan difícil, abdicou e abrazou o estado eclesiástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Minnesota, EE UU, que está situada á beira do Mississippi (382.618 h [2000]). Forma unha conurbación coa cidade de Saint Paul, que está situada na outra beira do río. É un centro comercial e unha área de cultivo extensivo de trigo, con industrias de maquinaria agrícola, alimentaria, de material eléctrico e de material de transporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Outeiro de Rei. Realizada en cachotaría coa cuberta de lousa, trátase dun edificio de planta angular, cun pequeno engadido irregular nun extremo da á menor. Destacan as terrazas, as escalinatas e as ramplas situadas arredor do pazo, aproveitando a pendente do terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos miriápodos.

    2. Artrópodo da superclase dos miriápodos.

    3. Superclase de artrópodos terrestres, do subfilo dos mandibulados. A cabeza presenta un par de antenas, outro de mandíbulas e un ou dous pares de maxilas. A parte dos ollos simples, situados na cara dorsal do segmento cefálico, poden ter outros órganos sensoriais como o órgano de Tömösvary. Teñen un ou dous pares de patas por segmento, segundo os grupos e o último segmento sen patas pode ter apéndices ou cercos caudais. O corpo presenta un revestimento quitinoso, moi brando nalgúns grupos. Todos son terrestres, lucífugos e aliméntanse de vexetais, ou ben son carnívoros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India (169.368 h [1991]), situada na beira dereita do río Ganxes. É un centro de industria téxtil e relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista. Coñecido como cabaleiro de Lamarck, foi discípulo de Bernard de Jussieu, e en 1778 publicou a súa obra Flore française, onde utilizou por primeira vez unha clave dicotómica para clasificar as plantas. O conde de Buffon, interesado polo seu traballo, confioulle unha misión científica por Europa central para enriquecer as coleccións de plantas do Jardin du Roi. En 1794 foille concedida a cátedra de zooloxía do museo de ciencias naturais, co cargo de clasificar as coleccións de animais inferiores. Da súa obra destacan Philosophie zoologique (1809), onde expuxo as súas ideas sobre os seres vivos e formulou a primeira teoría positiva sobre a evolución, e Histoire naturelle des animaux sans vertèbres (1815-1822), onde recolleu os seus coñecementos sobre invertebrados e puxo os fundamentos da súa clasificación sistemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e director de orquestra. Foi un dos máis importantes representantes do que se coñece como “Nacionalismo musical galego”. Comezou a carreira sacerdotal no seminario da súa cidade natal, no que formou un coro e compuxo obras de carácter sacro. Posteriormente deixou a vida relixiosa, aínda que permaneceu unido aos medios eclesiásticos; así, chegou a mestre de capela e organista da catedral de Lugo. Nesta cidade, foi o divulgador da música culta, dando a coñecer aos lucenses obras sinfónicas, de cámara e corais, que el mesmo interpretaba ao piano e ao órgano, cunha pequena orquestra, grupos de cámara ou coa banda municipal. Fundou en 1879 o Orfeón Lucense, logo rebautizado como Orfeón Galego, co que acadou triunfos en moitos certames. Tamén cómpre sinalar o seu labor de folclorista, ao colaborar na recollida de cantos populares con Casto Sampedro e Felipe Pedrell, para os seus respectivos cancioneiros (Cancionero Musical de Galicia e Cancionero Popular Español)....

    VER O DETALLE DO TERMO